CRÓNICAS : “IMPORTANTES VITORIAS DO UC CEE E DO ED AS MIÚDAS NA 17ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3

-17ª Xornada-

Importantes vitorias dos dous conxuntos costeiros, UC Cee e ED As Miúdas que deixan as ceenses na 3ª praza da clasificación e as muradanas na 5º, ambas escadras en posto de promoción e mirando sempre hacia arriba. A liga descansa por mor do “Entroido” ata o vindeiro 1 de Marzal.

 

UC Cee 6-1 Atlético Arousana “B”

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee Feminino) :Moi mala mañá a deste Domingo, na que saíron as nosas bravas xogadoras a conseguir 3 novos puntos como locatarias, ante o Atlético Arousana B. Comezou o partido con moitas imprecisións, dado que tanto o campo como as condicións meteorolóxicas non eran as máis axeitadas. Froito diso, despois de errar dúas ocasións claras, o Atlético Arousana avisou das súas intencións, tendo Noemí que salvar o primeiro tanto, pero non podendo facer nada a un disparo lonxano posterior, que lles permitiu ás visitantes adiantarse no marcador. Pero non son as nosas de baixalos brazos precisamente, e despois de varios intentos, a capitana Lijó empataría o partido. E para darlle a volta xa antes do descanso, apareceu Lucía Martínez que anotou o 2-1.

Tralo descanso saíron mellor as nosas, que foron dominando e madurando o encontro mentras se sucedían os goles. E cita con estes ten cada domingo Lucía Canosa, que puxo terra de por medio no marcador co 3-1. Gol que daría a tranquilidade necesaria para pechar o partido co tanto de Lucía Brión, tras un rexeite da gardameta. Xa achegándonos ao pitido final, coas nosas cheas de confianza e co resultado a favor, Laura Blanco serviulle un balón en bandexa a Nerea dentro da área, que non perdoaría e fusilaría á cancerveira arousá. E á que foi a mañá das “Lucías”, tamén se quixo sumar Lurs, que non dubidou en saír coa pelota en conducción e quitándose de enriba a cada rival que lle saíu ao paso, chegou á área rival para anotar o definitivo 6-1.

Nova victoria para as nosas que non deixan de sorprendernos e abraiarnos, facéndonos desfrutar dunha tempada histórica“.

 

U C Cee : Noemi, Lucía Rodríguez, Lucía Barreiro, Laura López, Nerea, Lucía Canosa, Saray, María Lijó, Sharay, Andrea e Lucía Martínez. Tamén xogaron : Lucía Brión, Laura Blanco e Paula.

Goles : 0-1, Adriana, (25´); 1-1, María Lijó, (36´); 2-1, Lucía Martínez, (41´); 3-1, Lucía Canosa, (57´); 4-1, Lucía Brión, (80´); 5-1, Nerea, (85´); 6-1, Lucía Rodrínez, (desconto).

Árbitro : Sebastián Rellán, (non amosou ningún cartón).

 

CLASIFICACIÓN

UC Cee : 3º con 39 puntos

 

PROXIMA XORNADA

O UC Cee visita o Victoria CF “C” o 1 de Marzal na disputa da 18ª xornada, sen campo nen horario determinado. As compostelás ocupan a 9ª praza da clasficación con 21 puntos e veñen nesta xornada de derrotar por 1-3 ao Bandeira SD, penúltimo clasificado.

 

+++++

 

 3 puntos para descansar en posto de promoción para As Miúdas.

 

UD Santiso FC 2-4 ED As Miúdas

Fran Figueroa, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Presentábase un partido disputado entre dou rivales que aspiran a acabar en puestos de promoción, onde as costeiras foron quen de impoñer o seu xogo nun partido madurado de menos a máis. A primeira metade foi un duelo de ida e volta sen apenas xogo polo centro do campo pero con chegadas perigosas por ambos bandos. Pati, a capitana das de Muros presionaba ás centrales nas salidas provocando incertidumbre nas locales que preferían iniciar en longo. Nun dos envites das costeiras o balón acaba rexeitado a córner por unha zagueira local, e a execución, por cuarta vez nesta temporada nos pes de Gala acabaría en “gol olímpico” subindo o 0-1 no minuto 14, a canteirana pesca, repetiría dende o mesmo curruncho no minuto 21, pero desta volta o balón peta no travesaño e vai fora, xa non sorprende a facilidade da 10 muradana para crear perigo cando coloca o balón no vértice esquerdo dos campos nos que actúa. No minuto 28 balón as costas de Sofía que toda a zaga visitante se queda protestando por posición adiantada da extremo de Santiso, que aproveitando a invitación cede para Marta Vázquez que non perdona ante Siaba facendo o empate. Ainoa podería poñer en ventaxa ás Miúdas no minuto 40 pero non concretou o control ante a gardamallas e foise escorando ata quedar sin opción de remate, co que ca empate se irían os equipos ó descanso.

Empezou o segundo acto cos cambios nas visitantes que á postre foron determinantes, ca entrada de Leti e María dominaron a parcela central e, a pesares de xogar co vento en contra, meteron ás locales en campo propio creando as mellores ocasións, así no minuto 52 Ainoa resolveu un barullo na area facendo o 1-2. As locales buscaban con xogo directo a súa dianteira pero Siaba, ben arroupada polas centrales, non concedían nin un metro para gardar a colleita.
O 1-3 chegaría tras unha bonita xogada colectiva levada dende o centro do campo, Ainoa rouba e cede para María, esta regatea a sua marca e filtra para Leti que se interna dende fora da area por banda dereita e cruza axustado o pau ante a salida da porteira. Con 1-3 tras un córner para as locales o árbitro non quixo ver unhas mans claras de María que acabou despexando o perigo ante as protestas do bando local. E no minuto 82 Ainoa márcase un auténtico xogadón por banda esquerda deixando atrás a dúas defensoras e bate á porteira tras internarse na area, 1-4. E chegando o final unha xogada na area das da Costa da Morte acaba roubando Marcela e despexando o perigo, pero o colexiado sinala pena máxima ante a incredulidade dos 2 conxuntos que non acabaron sabendo o motivo da infracción, Patricia non perdonaría ante Siaba facendo o definitivo 2-4 nun encontro vivo no que as Miúdas conseguiron superar no campo e na taboa ás suas rivales antes do parón
“.

 

O ED As Miúdas levouse 3 puntos ante un rival direto pola promoción.

 

ED As Miúdas : Siaba, Paula, Sofía, Marcela, Antía, Martina, Laura, Gala, Marta, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: Leti, María, Iria, Saray e Mariña.

Goles : 0-1, Gala, (14´); 1-1, Marta, (28´); 1-2, Ainoa, (52´); 1-3, Leti, (65´); 1-4, Ainoa, (82´); 2-4, Patricia, (88´);.

Incidencias : O árbitro Jorge García expulsou segundo nos apuntandende o ED As Miúdas : “Tivo un erro na confección do acta, na que fai figurar a Leti como autora do segundo gol das Miúdas, cando debeu poñer a Ainoa que foi a que o marcou. Na letura da acta non quixo modificalo por non darlle importancia a autora sinón o feito”.

 

CLASIFICACIÓN

ED As Miúdas : 5º con 30

 

PROXIMA XORNADA

O ED As Miúdas recibe na vindeira xornada, (18ª) ao CD Unión, 4º clasificado, xusto por enriba das muradanas e a 4 puntos. O encontro será no “Eleuterio Balayo”, (Muros), tralo parón do Entroido o 01/03, con horario por determinar.

 

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Fotos : Banquillo ED As Miúdas

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies