CRÓNICAS : “HISTÓRICO…O DUMBRÍA LÉVASE AS COPAS DA COSTA INFANTILS E CADETE E XA SUMA 4 NESTE MES DE XUÑO E MAÑAN DOMINGO TEN OS XUVENÍS NA FINAL”.

 


CF Dumbría 3-1 SD Coristanco

CF Dumbría impón o seu ritmo e leva o título ante a SD Coristanco

O CF Dumbría proclamouse campión da Copa da Costa Cadete cunha actuación sólida e madura, especialmente na primeira metade, fronte a unha SD Coristanco que loitou ata o final pero non puido reverter o marcador.

Golpe rápido e efectivo

O partido comezou cun Dumbría moi ben plantado no campo e cunha proposta ofensiva clara. O primeiro tanto chegou aos 28 minutos por medio de Jorge Méndez, que abriu a lata con sangue fría.

O segundo gol caeu aos 40 minutos, obra de Brais, e antes do descanso, aos 44′, Xabier culminaba unha primeira parte perfecta co 0-3, deixando practicamente sentenciado o encontro.

Control dumbries e intento de reacción

Na reanudación, o Dumbría optou por xestionar o marcador, mantendo a posesión e baixando as revolucións do encontro. O Coristanco, alentado pola súa afección, tentou meterse de novo no partido e conseguiu acurtar distancias no minuto 65 grazas a un gol de Adrián Villar.

A pesar do esforzo, o tempo e o orde defensivo do Dumbría impediron que os coristanqueses puidesen achegarse máis no marcador.

Un título merecido para un equipo que dominou a final e demostrou ter un bloque moi ben traballado. Felicitacións tamén para a SD Coristanco polo seu torneo e por unha final loitada ata o final.

Outes FC 0-2 CF Dumbría

O CF Dumbría proclamouse campión da Copa da Costa Cadete nun partido moi disputado ante un Outes FC combativo, pero no que a eficacia e a lectura do xogo marcaron a diferenza.

Golpe tempraneiro para encarrilar o encontro o que deu o equipo de Dumbría. O encontro comezou con igualdade, pero aos 12 minutos, Pablo Costa atopou o camiño ao gol para adiantar ao Dumbría. Ese tanto deu confianza ao equipo dumbries, que soubo manter o control do ritmo e defender con órde ata o descanso, ao que se chegou co 1-0 no marcador.

Xestión e sentenza

Na reanudación, o Outes FC tratou de dar un paso adiante e buscar o empate, sabendo que o tempo xogaba en contra. Con todo, o CF Dumbría, lonxe de encollerse, demostrou madurez e aproveitou os espazos que deixaban os da Serra.

No minuto 73, Saúl apareceu para sentenciar o partido cun segundo gol que puxo a Copa en camiño cara Dumbría.

Dobrete histórico no mesmo día

Con este triunfo, o CF Dumbría sumou o segundo título do día, tras a vitoria tamén dos seus infantís unhas horas antes no mesmo escenario. Unha xornada inesquecible para o club, que celebra unha gran tempada do seu fútbol base, que pode sumar unha copa máis este sábado coa final dos xuvenís neste mesmo campo e conseguir algo inaudito pois xa levan 4 copas da costa neste mes de Xuño con estas duas e as dos senior masculino e feminino.

Unha final competida, con dous equipos que mostraron calidade e compromiso, pero que premiou a quen soubo ser máis efectivo e xogar cos tempos do encontro.

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies