Dido facía o gol do empate para o Camelle.
Este sábado xogáronse dous encontros nas ligas costeiras, tal e como xa vos adiantábamos na Axenda do Fútbol da Costa. Na Liga da Costa o UC Cee recibía ao Volantes de Baño, e o Camelle ao Castrelo, no encontro da 3ª da Costa. Aquí tes o que deron de si os encontros, nos que os ceenses goleaban aos de Baño, e firmaban táboas, camelláns e castreleses.
UC Cee 5-0 Volantes de Baño FC
O equipo ceense goleou ao Volantes no encontro sabatino da 8ª xornada da Liga da Costa, tras desenrolar unha primeira metade extraordinaria, na que xa deixou o encontro solventado. Os rapaces de Rafa Suárez, adiantábanse por medio de Isaac Fábrecas, un dos grandes “killer” da competición, aos 2 minutos de xogo, e pouco despois, outro fisterrán, Bruno Romero, gacía o segundo, (10´), non reaccionaba o equipo de Baño, e atopábase aos poucos co terceiro en contra, obra de Rubén Caamaño, (16´), e xusto antes de irse o descanso, Bruno vía porta de novo, para finiquitar o choque, (45´). O gol que completaba a manciña, chegaba pasada a hora de xogo, por medio de Gabriel, (68´).
Resto da xornada : PREME AQUÍ
SD Camelle 1-1 CF Castrelo
Sacoulle 2 puntos o equipo camellán ao vimiancés, “in extremis”, gracias a un gol de Carlos de Dido no desconto final. No duelo da 7ª xornada antre dous equipos veteranos da 3ª da Costa, moita disputa, moitos nervos e tensión ata o pitido final. Adiantaba Rubén Blaco pasada a hora de xogo ao Castrelo, (66´), e cando todo apuntaba a vitoria dos castreleses, aparecía Dido, para facer a igualada, sen tempo para máis.
Resto da xornada : PREME AQUÍ
-Texto e Foto : piratasdemuxía