CRÓNICAS FÚTBOL VETERANO DA COSTA : “SAN RAMÓN EN DIVISIÓN DE HONRA E ATLÉTICO ARTEIXO EN 1ª GALICIA, SIGUEN SUMANDO VITORIAS HACIA O TÍTULO”.

 

Na División de Honra xogouse a xornada 18ª e o lider ACD San Ramón tiña unha difícili saida o campo do Soneira Veteranos, pero xa na primeira metade deixou practicamente sentezado o choque xa que se ían a vestiarios co parcial de 1-3. Na segunda metade o definitivo 1-4 chegaría cun tanto de Marcos Suárez, de penalti. Con esta vitoria , a 16ª do lider, suma 48 puntos polos 37 do Sporting Zas que derrotaba o CD Razo, (3-1), que se desegnancha da loita polo segundo chanzo. Na loita por esa segunda praza tampouco fallaban, o San Román, (35 puntos), Veteranos CF Dumbría, (32), nen o San Lorenzo, (31). Na loita pola permanenza dos 6 últimos, Soneira, (20 puntos), Cabana, (19), Corme, (19), Castriz, (16), Corcoesto, (12) e Razo, )10), tan só acadaba a vitoria o Castriz, que derrotaba o colista con moito traballo, (1-2). Os xalleiros remontaban no desconto final cun tanto de Pablo González Destacar tamén o traballo que lle deu o Corme o Dumbría, que se levaba a vitoria no 82 cun tanto de Martín Suárez.

 

 

O Buño derrotou o Malpica nun derbi baixo o temporal.

 

Na 1ª Galicia de Veteranos da Costa  o Atlético Carballo supera os 50 puntos tras golear o veciño Sporting Bértoa e ponse a 2 goles da centena a falla de 5 xornadas para rematar a liga, os carballeses con 51 puntos de 17 vitorias en 17 xornadas, superan en 9 a outro veciño, o Cances, (42), que tamén está facendo un temporadón e que goleaba o Nantón, (6-2). No terceiro chanzo está o Buño, que sufría para derrotar o veciño Malpica, nun choque no que se ía o descanso 0-2 con goles de Dani Calvete e Rubén García. Carlos Mallo dáballe emoción ao encontro no 87, nun Pedra Queimada totalmente encharcado, unha tónica de case tódolos campos debido a forte chuvia e vento. O Buño no que vai de segunda volta só perderon co lider.

A cuarta praza é para o Mazaricos, (39 puntos), que protagonizaba ante o Leiloio o encontro máis emocionante da xornada, (4-). Un choque no que os malpicáns comezaron marcando pero víronse remontados e conseguiron de novo igualar antes do descanso. A volta de vestiarios poñíanse por diante e pouco despois empataba de novo o Mazaricos, para no treito final poñerse por diante de novo os de Leiloio cun tanto de Marcos, (o seu terceiro do choque), e no desconto igualar a contenda Aldo, autor dos 4 tantos mazariquenses. Este empate fai que o Fisterra iguale a puntos cos de Mazaricos, (29), e que ambos superen o Malpica, (28), trala sua derrota co Buño.

 

Neste vídeo que nos envía Juan Abelenda, (porteiro do Buño), do encontro no Pedra Queimada antre eles e o Malpica, pode apreciarse a complicada xornada que se xogou o pasado Domingo co temporal de SW con ventos de máis de 100 Kms/h e con moita chuvia.

 

 

-Foto : Juan Abelenda

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies