CRÓNICAS FÚTBOL FEMININO : “XALLAS SIGUE FORTE NO LIDERATO, CEE E DUMBRÍA EMPATAN NO DERBI PARA SEGUIR EN PROMOCIÓN, DA QUE ESTÁ AS PORTAS AS MIÚDAS TRAS GAÑAR, E A ÚNICA DERROTA DESTE GRUPO 4 DA 2ª DIVISIÓN GALEGA SUFRIUNA O MAZARICOS”.

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4

-17ª Xornada-

 

Todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.

 

Convocatoria do Dumbría no derbi costeiro.

 

CF Dumbría 1-1 UC Cee

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : ” A tensión e os nervios impediron que se vise o fútbol ó que nos acostumbran ambos conxuntos. Entro mellor no encontro o Cee ben apoiado nunha María Lijó que dirixía ataques que sempre atopaban resposta na defensa local, Andrea tamén o intentaba pola sua banda ainda que Mai sempre aparecía para evitar que ese arranque dese froito. As dumbriesas apenas eran capaces de combinar erraban pases claros que provocaban contras perigosas para as de Cee que morrían na zaga local ou nas mans de Lía. Unha boa xogada de Kelly pola esquerda fixo que atopase en segunda liña a Fandi ben colocada para que cun bo disparo sorprendera a Noemi por alto poñendo o 1-0 e dando paso a momentos de máis control para as locales. De feito viñeron 2 ocasións máis que non chegarin a fin por non atopar rematadora en 2 saques de esquina consecutivos. Antes do descanso a máis clara sería de Nerea que ante a saída de Lía eleva pero o balón peta no longueiro.

Na reanudación notouse más cansancio en ambos conxuntos froito da tensión e pronto aparecerían molestias musculares que foron unha constante desta segunda metade, o Cee con prisas asociaba menos e buscaba máis as costas da defensa dumbriesa, as locales presionaban moito mellor a salida das ceenses e provocaron varias ocasións que non tuveron premio, Juliette e Claudia complicaban moito a creación das rivales, pero da misma maneira que chegou o gol local tras dominio do Cee, desta volta viraron as tornas e chegaría o empate nun balón en longo no que Lucía Martinez aproveita o espacio para bater por alto ante a saída de Lissette. Co empate o xogo deixou de ter dominadora clara, ainda que Claudia gañaba os duelos pola sua banda e Juliette seguía roubando en campo rival, pero sin voncretar nada cerca da area de Noemi.

Moitos cortes por molestias e vagas ocasións das locales que creeron poder colleitar máis premio nos últimos 10minutos nos que asediaron sin éxito e con moita precipitación a meta rival. En resumen, xusto empate nun duelo competido no que pudo máis o nervio que o xogo, ante un ambientazo de grandes citas no Conco. Dende Dumbría desexamos que Sharay se recupere axiña e volva cas suas pronto tras sufrir unha torcedura durante o encontro”

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

CF Dumbría : Lía, Carril, Mai, Noa, Martina, Paula “Fandi”, Kelly, Sabela, Eva, Claudia e María das Carisas.
Tamén xogaron : Juliette, Lissette, Yoli e Icía.

UC Cee : Noemi, Laura, Lucía Facal, Alba, Nerea, Lucía Caamaño, Saray, María Lijó, Sharay, Andrea e Lucía Martínez.
Tamén xogou : Ruth.

Goles : 1-0, Paula Fandiño, (32´); 1-1, Lucía Martínez, (63´).

Árbitro : Bruno Pardo. Amonestou a Kelly das dumbriesas e a Ruth das ceenses.

Incidencias : A xogadora do Cee, Sharay tivo que abandoa o terreo de xogo no minuto 44 ao sufrir unha escordadura. O noso desexo dunha pronta recuperación.

 

 

AD Nicrariense 1-6 Xallas FC

Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “O Xallas feminino gañou o seu partido da xornada con comodidade impóndose por 1-6 o Nicrariense De Negreira. Que a pesar do resultado trataron de facer un bo fútbol, a pesar da xuventude das súas nenas deron unha boa impresión. Abriu o marcador Olalla, para chegar o descanso cun 0-5 no marcador con 1 gol de Saskia e 3 de Yasmina. Na segunda baixamos unha marcha pero de novo Yasmina a de Barbeira facía o seu póker de goles. Nos últimos minutos o AD Nicrariense faría o seu tanto da honra de penalti”.

Xallas FC : Rosio; Alicia, Lucía, María, Andrea, Yasmina, Olalla, Laura, Paula, Andrea Otero e Saskia.
Tamén xogaron: Yaiza, Nuria, Paula, e Gabriella.

Goles : 0-1, Olalla, (10´); 0-2, Saskia, (17´); 0-3, Yasmina, (26´); 0-4, Yasmina, (36´); 0-5, Olalla, (44´); 0-6, Yasmina, (48´); 1-6, Noa, (88´de penalti).

Árbitro : Paula González. Sen amonestacións.

 

SD Dubra 0-4 ED As Miúdas

Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Dous goles na primeira parte Marta e Elba
Dous goles na segunda Marcela e Sofia. A estas alturas todas as rivales notaselles moita melloria e xa toca loitar os partidos dende o inicio ata o final. Nos bastante contentas en ir encontrando sensacions e aprendizajes novas.
A seguir sumando e disfrutando”.

ED As Miúdas : Adriana, Elba, Claudia, Marta Verán, Paula, Sofía, Marina, Marta Piñeiro, Marcela, Ximena, e Naiara. Tamén xogaron : Leticia, Ana, Clara, Pati e Uxía.

Goles : 0-1, Alysson, (30´); 1-1, Leticia, (61´); 1-2, Alysson, (81´).

Árbitro : Eusebio Rodríguez. Non amosou cartóns.

 

 

CF Mazaricos 2-4 CD Rois

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : “Tamén xogaron: Antelo, Leire, Buján e Saray
Partido no que comezamos con bo ritmo e facendo un cambio de formato, con Tamara e Jirra liderando o ataque. Tivemos as mellores ocasións nos pes de Jirra pero sen definir ben. Chegáronnos tres goles seguidos, dous deles en córners en contra e o outro nun man a man. Na segunda parte comezamos diferente, con máis intensidade e querendo gañar o partido. Consegue marcar Tamara no minuto 2 nunha vaselina á porteira e pouco despois Jirra e Hermisa fallan o segundo a porteria baleira. Ánxela marca o segundo nun tiro pola escadra no minuto 60. Seguíamos dominando pero na única ocasión que tiveron na segunda parte, nun centro lateral, conseguen o definitivo 2-4. Unha pena polo esforzo feito na segunda parte, toxa seguir adestrando
“.

CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Valeria Peta, Fátima, Antía, Silvia, Ánxela, Lúa, Hermida, Tamara e Jirra
Tamén xogaron: Antelo, Leire, Buján e Saray.

Goles : 0-1, Laura, (30´); 0-2, Alicia, (34´); 0-3, Lougzili, (38´); 1-3, Tamara, (47´); 2-3, Ánxela, (60´); 2-4, Sara, (76´).

Árbitro : Carlos Martínez. Amonestou polas mazariquenses a Claudia e polas de Rois a Inés.

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

 

-Foto Dumbría :  Fran Figueroa

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”