CRÓNICAS FÚTBOL FEMININO : “VITORIAS DE PONTECESO E CORME E DERROTA DO CERQUEDA NA 2ª DIVISIÓN GALEGA E VITORIA DO CORCUBIÓN NA LIGA F7 CORUÑA GRUPO A”.

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2

-17ª Xornada-

 

Corme CF 12-0 CCD Curtis

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido para volver a coller ritmo de competición despois de duas xornadas de parón, contra o Curtis, un equipo de rapazas noviñas e todas de iniciación, pero que a sua evolución desde a primeira volta e algo a destacar, e sobre todo o bo ambente co que están afrontando éste ano tan complicado a nivel de resultados. Partido con pouco que analizar futbolísticamente falando, no que o Corme o utilizou para intentar automatizar distintas facetas do xogo e con Naroa de protagonista debido a que o Curtis subiu a sua defensa a medio campo e aí a con Cris, Carla, Ana e incluso Irene filtrando balóns o espacio, Naroa e letal. A destacar o estreno da nosa xogadora Tania“.

Corme CF : Belén, María (Aurora), Aroa (Laura), Vero, Nati (Tania), Candela (Carla Vázquez), Irene, Ana, Cris, Carla (Cecilia) e Naroa.

Goles :Naroa (10), María e Cris.

Árbitro : Aurora Malvarez. Amonestou a Ana María do Corme.

 

As capitanas co colexiado do encontro Roi Rey.

 

Xuventude de Crendes CF 3-4 Ponteceso SD

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : Comezaban os primeiros 15′  do encontro cos dous conxuntos tanteándose e sen apenas crear xogadas de perigo . Sería o Crendes quen avisaría primeiro tras un roubo no medio campo Pontecesá e cun forte disparo dende fóra da área faría lucirse nunha moi boa estirada a María para sacar o disparo que ía a escadra . Esta ocasión fixo despertar ás rapazas de Curro na que conseguiríamonos poñer por diante no marcador por medio de un gol de estratexia a balón parado entre a todoterreo Muíño e ben definido por Lauriña. Pouco nos duraría a alegría xa que catro minutos despois empataría o Crendes por medio dun gol de falta directa no que pouco poido facer a meta María e co que chegaríamos o descanso .

Na segunda metade , sairía o Puenteceso claramente a pola vitoria facéndose dono do balón , e tendo claras ocasións da killer Andrea , Lauriña , e Berdeal na que a porteira local se luceu facendo auténticos paradóns . Pero como se dí que o que perdoa despois o paga .. sería o Crendes de novo o que se adiantaría doutro gol de falta directa e poñería o 2 a 1 no marcador e sen apenas chegar a porta da meta Colores. Axitaría Curro o banco dando entrada a Mantiñán, Virginia, Lucivili e Lauriña e grazas a unha moi boa xogada colectiva entre Berdeal que sería a mpv do encontro e Andrea , sería Lauriña a quen a pase desta , quen volvería a definir e poñer o xusto empate de novo no marcador .

Sen nada que perder seguirían as de Curro con unha moi boa presión arriba e grazas a ela a todoterreo Muíño marcaría un auténtico golazo de falta a máis de 30m de distancia. Seguirían querendo máis as Pontecesás e poder sentenciar o encontro e froito delo noutra boa xogada colectiva chegaría o gol que fai referencia a un traballo de tesón e constancia e garra pola nosa Virginia e que poñería o 2 a 4 . Xa en tempo engadido o Crendes faría o 3 a 4 definitivo nun gol de córner con todo equipo xa volcado . Bo partido das Pontecesás e xusta vitoria que as fai seguir na zona media da tabla no seu primer ano de vida“.

 

 

Ponteceso SD : María Lema, Laura Ramos, Andrea Varela, Andrea Rodríguez, Myrella, Ainhoa, Lara, Noelia Martínez, Míriam, Laura Berdeal e Silvia. Tamén xogaron : Noelia Blanco, Lucía Mantiñán, Lucía Vila, e Laura Rodríguez.

Goles : 0-1, Laura Ramos, (39´); 1-1, Marta, (41´); 2-1., Paula, (75´); 2-2, Laura Ramos, (76´); 2-3, Andrea, (81´); 2-4, Virginia, (87´); 3-4, Paula, (90´).

 

 

Sporting Meicenda 6-0 UD Cerqueda

 Santi Ortiz, (2º Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido que nos costou moito entrar desde o principio, as dimensions do campo e o bo xogo combinativo do Meicende generounos moitas dudas e ao contrario de outros partidos encaixamos dous goles moi rapidos, despois deso conseguimos tranquilizarnos e só en duas xogadas aisladas encaixamos os outros dous que nos fixeron ir ao descanso cun 4-0. Tras facer varios axustes xogamos unha segunda parte moita máis seria e mellor colocadas no campo, o 6-0 chegaría tras un gol olímpico e outro de tiro lonxano. Tivemos ocasions para poder marcar algún gol”.

UD Cerqueda :  Valeria, Jimena, Lucía, Uxía, Mónica, Paula, Tatiana, Raquel, Vanesa, Inés, e Mariña. Tamén xogaron : Irene, Lorena, Carla Fondo, Sonia e Carla Varela.

Goles :Alba, (4), Noemi e Paula.

Árbitro : Martín Valiño. Sen amonestacións.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : PREME AQUÍ

 

+++++

 

LIGA FÚTBOL 7 A CORUÑA GRUPO A

14ª Xornada

UD Corcubión

 

UD Corcubión 4-1 Club Atlético Os Castros

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido que puidemos solventar na primeira parte con goles da capi Carla de Alexandra e 2 de Cris e xa na segunda entre un bo partido da porteira rival e que baixamos o ritmo non marcamos máis goles quedando 4-1. Para a semana tocanos un partido importante cas segundas, que nos levan só un gol de diferencia”.

UD Corcubión :  Elena, Elisa, Victoria, Carla, Cristina, María e Marta, (7 inicial), Alexandra, Marta, Paula, Adriana, Noa e Andrea.

Goles : 1-0, Carla, (8´); 2-0, Cristina, (12´); 3-0, Cristina, (18´); 4-0, Lara, (43´).

Árbitro : Aurora Malvarez. Sen amonestacións.

 

CLASIFICACIÓN

Corcubión ocupa a 3ª praza con 34 puntos os mesmos co segundo, Relámpago SD e a 5 do lider, CD Marte. Sobre o cuarto ten un colchón de 5 puntos.

 

+++++

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Foto Corcubión : Rubén Castillo

-Foto Ponteceso : Marcos Curro

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies