CRÓNICAS FÚTBOL FEMININO : “EMPATE DE CORME E DERROTAS DE PONTECESO E CERQUEDA NA 2ª GALEGA GRUPO 2 E EMPATE DO CORCUBIÓN NO FÚTBOL 7 DA CORUÑA, REMATANDO A LIGA REGULAR DE SEGUNDAS”.

 

LIGA FÚTBOL 7 A CORUÑA GRUPO A

18ª Xornada

(Derradeira)

O Corcubión acaba a liga regular de segundas.

 

CF Deportivo Orzán 3-3 UD Corcubión

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

UD Corcubión :  Elena, Alexandra, Victoria, Cristina, Sara, Claudia e Marta, (7 inicial); Elisa, Carla, Maruxa, Adriana, e Ana.

Goles : 0-1, Alexandra, (2´); 1-1, Isabel, (14´); 1-2, Ana, (25´); 2-2, Mónica, (35´); 2-3, Ana, (36´); 3-3, Mónica, (48´).

Árbitro : Aurora Malvárez. Non amonestou a ningunha xogadora.

 

CLASIFICACIÓN

O Corcubión remata a liga regular na 2ª praza con 44 puntos, a 4 do lider, CD Marte. Conclúen esta fase da liga as corcubionesas con 14 encontros gañados, 2 empatados e 2 perdidos, con 56 goles a favor e tan só 22 en contra.

 

++++

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2

-21ª Xornada-

 

Sporting Cambre B 0-0 Corme CF

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido en principio da Nosa liga que non fumos capaces de gañar, sabíamos que as dimensións do campo nos iban a facer sufrir porque a diferencia co noso Cairo e moi grande, pero ainda así era un partido para sumar os 3 puntos e non fomos capaces de facelo. A primeira parte foi para nos claramente, controlando perfectamente as rivais sin deixar que nos crearan peligro ningún e cando combinabamos éramos capaces nos de generar, e así chegaron 4 ou 5 ocasions claras en área rival, duas delas dous mans a mans coa porteira rival que onte non quixeron entrar.

Na segunda parte si que perdemos un pouco mais o control do partido, permitido ser mais protagonista o Cambre e xenerar mais peligro na Nosa portería e nos sin apenas inquietalos a eles mais aló que con algunha xogada individual de Naroa. Unha parte para cada equipo pero creo que as ocasions mais claras foron para nos. Unha lástima non darlle continuidade o xogo do finde pasado, que nos sale mais natural contra equipos que loitan polos postos altos da tabla que contra os equipos da “Nosa liga”. Ahora toca parón que nos vai vir ben a ver si recuperamos a varias xogadoras que temos “tocadas“.

Corme CF : Belén, Ana, Aroa, Vero, María, Cris (Lucía), Ana, Irene, Nati, Carla (Aurora), e Naroa.

Goles : 0-0

Árbitro : Aitor Maneiro. Sen amonestacións.

 

Próximo encontro

Corme-Xuventude De Crendes CF

16/04/2023

 

Borja Medina cas capitanas dos equipos.

 

UD Carral 3-0 Ponteceso SD

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : Comezaba o encontro cos dous equipos intentando levar o control do partido e sen claras ocasións de gol baixo unha intensa tarde calor abafante . Terían varias chegadas ás de Curro en boas xogadas convinativas nas que a Killer Andrea probaría a meta local e na que tivo que emplearse a fondo para poder atallalas . O Carral tiña a posesión , pero non conseguían crear xogadas claras nos últimos metros nin inquedar a meta de María . Cando todo parecía indicar que se chegaría o tempo de descanso co empate a ceros a mala fortuna fixo chegar o 1 a 0 local en autogol de Noe xa que un balón rexeitado bateu no seu xeonllo e non podendo facer nada para evitalo . Duro golpe o bo traballo colectivo pontecesá xa que estaba a ser un partido moi igualado .

Na volta dos vestiarios sen nada que perder as Pontecesás subirían liñas e iríanse a polo partido , dando entrada a Colores, Manti , Vir , Laura R e Miri , pero sería o Carral de novo quen poñería o 2 a 0 logo de un disparo dende fóra da área rexeitado en un auténtico paradón en dous tempos pola meta Colores , pero que no tercer rexeite nun posible fóra de xogo local aproveitarían para sumalo o marcador . A partir de aí tivemos varios contragolpes levados por Vir e Berdeal , pero ben rexeitados pola porteira e defensa do Carral . Marcaría o Carral o 3 a 0 a falta de 15′ para o final dun disparo dende fóra da área no que nada poido facer a meta Colores . Bo partido das pontecesás contra un rival que opta a cousas diferentes nesta liga e vendendo como sempre moi cara a súa derrota“.

 

 

Ponteceso SD : María Lema, Andrea Varela, Eva, Andrea Rodríguez, Myrella,  Ainhoa, Lara, Noelia Martínez, Míriam, Laura Berdeal e Silvia. Tamén xogaron : Noelia, Virginia, Lucía Martiñán, Laura Rodríguez e Míriam.

Goles : 1-0, Noelia, (35´en propia porta); 2-0, Ariana, (55´); 3-0, Sara, (70´).

Árbitro : Borja Medina. Amonestou a Myrella polo Ponteceso.

 

Próximo encontro

Sporting Burgo-Ponteceso SD

16/04/2023

 

 

UD Cerqueda 1-3 Sporting Burgo

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que estivemos de verdade 25 minutos, nos que marcamos o gol, e tivemos 3 ocasións moi claras para aumentar a distancia. A partir de aí, descolocámonos demasiado e non fomos quen de reengancharnos o que requería o partido. En 2 fallos impropios nas nosas, un penalti por man, e un erro nun balón parado, danlle a volta o marcador antes do descanso. A segunda parte tivo a misma tónica, non fomos capaces de facer o noso partido. Tivemos varias chegadas con perigo pero non fomos quen de materializar. No tramo final, cometemos un penalti nonha xogada fortiuta e foronse as opcións de puntuar. Unha tarde mala, das que temos que aprender”.

UD Cerqueda :  Valeria, Jimena, Lucía, Mónica, Paula, Tatiana, Irene, Raquel, Vanesa, Inés, e Mariña. Tamén xogaron : Lorena, Sonia, Uxía, Andrea e Carla.

Goles : 1-0, Lucía, (9´); 1-1, Laura, (37´de penalti); 1-2, Adriana, (42´); 1-3, Laura, (85´de penalti).

Árbitro : Roberto Baña. Amonestou a cerquedense, Uxía.

 

Próximo encontro

UDJ Almeiras-UD Cerqueda

16/04/2023

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : PREME AQUÍ

 

+++++

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Foto Corcubión : Rubén Castillo

-Foto Ponteceso : Marcos Curro

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”/adestradores