CRÓNICAS FÚTBOL FEMININO DA COSTA : “O CORCUBIÓN ACABA A LIGA REGULAR CUNHA VITORIA E SEGUNDO NA LIGA DE F7…EMPATE DE PONTECESO E CERQUEDA NUN TREPIDANTE DERBI E DERROTA INXUSTA DUN GRAN CORME NA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2”.

 

LIGA FÚTBOL 7 A CORUÑA GRUPO A

17ª Xornada

O UD Corcubión suma e segue.

 

UD Corcubión 2-1 Eirís SD B

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido complicado contra un Eirís moi ben plantado que nos dificultou bastante ter ocasións claras, chegando empate a ceros ao descanso. Na segunda parte Alexandra marca un golazo de falta lonxana desatascando o partido, aínda que o Eirís empata cun bo gol de corner. Cara o final Claudia aproveita un despiste nun saque de curruncho a favor nosa e mete o gol da vitoria. Foi o último partido na nosa casa na liga regular, e quero agradecer a toda a xente que vai ver ao equipo aínda que o tempo non acompañe”.

UD Corcubión :  Elena, Elisa, Victoria, Cristina, Maruxa, Sara e Ana, (7 inicial); Alexandra, Marta, María, Claudia e Marta.

Goles : 1-0, Alexandra, (28´); 1-1, Nerea, (42´); 2-1, Claudia, (48´).

Árbitro : Roberto Baña. Amonestou a visitante Daniela. 

 

CLASIFICACIÓN

O Corcubión remata a liga regular na 2ª praza con 43 puntos, a 2 do lider, CD Marte. Conclúen esta fase da liga as corcubionesas con 14 encontros gañados, 1 empatado e 2 perdidos, con 53 goles a favor e tan só 19 en contra.

 

++++

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2

-20ª Xornada-

 

Corme CF 2-3 Brexo Lema SD

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido en casa contra un dos equipos punteros da liga que te exixe moito por esa presión tan alta que fai e ese xogo tan vertical que ten, sin embargo o ambiente no noso Cairo era de tarde importante cunha afición que non falla nunca e o equipo respondeu co mellor partido do ano. Reinventando o once e posicións de xogadoras cada xornada por culpa das baixas que estamos tendo, pero coa misma proposta e idea en este ano de formación, que ven sendo a de ser protagonistas en cada partido con balón e ir buscar o rival arriba.
Os primeiros 30 minutos de dominio claro por parte do Corme que roubaba e chegaba fácil en combinación a zona de peligro e ali Naroa sempre e un peligro, e así chegaria o gol, roubo, combinación entre Nati, que fixo un auténtico partidazo, e Naroa, e gol, gol que define o q queremos ser, e gol da Nosa Killer que está a un nivel altísimo.
O Brexo seguía creando peligro con xogo directo a espalda das nosas centrales pero non conseguían meter gol, ata que nunha falta lonxana farian o 1-1.

Na segunda parte empezariamos mandando nos de novo e noutra xogada moi parecida a do primer gol estaríamos a punto de meter o 2-1 pero ésta vez o balón saliu alto, e foi o Brexo que en 2 balons directos Faria o 1-3, pero éste equipo ten un carácter increíble e non se rendiu, seguiu pelando ata o final, e nunha falta colgada por Carla, outra que sacou o libro para dar un recital brutal, Naroa, Unha vez mais, toca para meter o 2-3. Xa no ultimo tramo de partido e co Brexo pedindo a hora, Carla cun tiro lonxano obliga a porteira a sacar o balón de dentro da portería, para o Arbitro non foi así e quedouse no 2-3 final. O noso equipo non celebra nada que non sea a vitoria, Vai no noso caracter, pero onte todos salimos contentos, porque a pesar de ter un calendario moi duro e as baixas, seguimos peleando por sacar os partidos coa Nosa proposta de ser protagonistas, e onte case conseguimos doblegar a un dos cocos da Liga.
Moi orgullo do meu equipo, e ahora a polo seguinte!!!
“.

Corme CF : Belén, Ana,Laura, Vero, María, Lucía (Cecilia), Carla, Irene, Nati, Cris e Naroa.

Goles : 1-0, Naroa, (9´); 1-1, María, (24´); 1-2, Amanda, (58´); 1-3, María, (60´); 2-3, Naroa, (76´).

Árbitro : Rai Reborido. Sen amonestacións.

 

Ponteceso e Cerqueda xogaron nun “Pinguel” cun gran ambente.

 

Ponteceso SD 0-0 UD Cerqueda

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : Partido cas veciñas do Cerqueda e que lle adicamos o punto logrado a nosa xogadora Lucía Vila polo recente falecemento do seu avó, (D.E.P.), Comezou o encontro cun Puenteceso que se facía dono do balón e facendo moito dano polas bandas , tendo xa ó redor do minuto 10 da primeira parte unha moi boa ocasión de Andrea na que a meta visitante atallaba en dous tempos o seu tiro que se dirixía a escadra . Seguían percutindo unha e outra vez con claras ocasións ás Pontecesás por medio de Muíño , Berdeal , Eva pero nas que o balón non foi quen de entrar e ben rexeitados por as defensoras visitantes ou rondando a liña de gol.  Teríamos tamén nesta primeira metade un pouco de polémica xa que nos anularían un gol por fóra de xogo moi dubidoso e un claro penalti por mans que o colexiado non chegou a pitar . Así remataría esta primeira metade chegando o descanso co resultado de 0 a 0 .

Sairían as de Curro con folgos renovados nesta segunda metade , exercendo unha presión alta na que lle impedía o Cerqueda sair do seu propio terreo de xogo e volcándose pola vitoria , tendo tamén claras ocasións de gol por parte de Muíño ,Andrea , Myre e Mel e nas que a meta visitante se luciría e faría auténticos paradóns para despexalas .  Movería tamén o banco Curro dando entrada a Vir , Laura R  e Saray  e onde Vir tería un man a man na que definiu perfectamente, pero no que de novo a meta local volvíu a desbaratar o que parecía o 1 a 0 con un auténtico paradón . Tamén teríamos polémica nesta segunda metade xa que nos anularían dous goles máis moi dubidosos . Xa no tempo de desconto Muíño a través de unha xogada persoal tería a vitoria nos seus pés pero o seu tiro vatería no lateral do pau e índose a saque de porta .

Tarde onde se vivíu un bo partido de derbi cun campo ateigado de afección  e na que os balóns non quixeron entrar e que serve para seguir sumando puntos e seguir unha semana máis na zona media da clasificación“.

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Un punto o traballo, a constancia, a ilusión e as ganas que poñen este grupo de rapazas en cada sesión de entrenamento e en cada partido. Un partido moi cerrado, no que calquer xogada a balón parado podía decantar o partido. Nos tivemos máis presencia en ataque no primeiro tempo, no segundo intentamos coller algunha contra pero non fomos capaces de logralo. Resaltar o gran traballo defensivo que fixo todo o equipo. Temos que seguir traballando e mellorando día a día”.

Ponteceso SD : María Lema, Lucía Mantiñán, Andrea Varela, Eva, Andrea Rodríguez, Myrella,  Ainhoa, Noelia Martínez, Míriam, Laura Berdeal e Silvia. Tamén xogaron : Laura Rodríguez, Virginia, e Saray.

UD Cerqueda :  Valeria, Jimena, Lucía, Mónica, Paula, Tatiana, Irene, Lorena, Raquel, María Isabel, e Mariña. Tamén xogaron : Inés, Sonia, Vanesa, Uxía e Andrea.

Goles : 0-0

Árbitro : David Cancela. Sen amonestacións.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : PREME AQUÍ

 

+++++

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Foto Corcubión : Rubén Castillo

-Foto Ponteceso-Cerqueda : Brais Pose

-Foto Cerqueda : Dani García

-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”/adestradores