CRÓNICAS FÚTBOL FEMININO DA COSTA : “NO FÚTBOL 7 VITORIA DO CORCUBIÓN QUE O APROXIMA O LIDER E NA 2ª DIVISIÓN GALEGA, TRUNFO DO PONTECESO E DERROTAS DO CORME E CERQUEDA”.

 

LIGA FÚTBOL 7 A CORUÑA GRUPO A

16ª Xornada

O UD Corcubión acurta distanzas co lider.

 

UD Corcubión 5-3 Silva SD B

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido que empezamos moi ben con moitas ocasións a favor nosa que non materializamos ata que Alexandra marca un golazo. Pouco despois nos marcan tamén nun bo tiro despois dun rechace. Na segunda parte metemonos por diante de novo gracias a boas combinacións entre Sara e Ana que acaba marcando un hatt-trick. No final houbo algo de descontrol o que permitiu que o Silva marcase dous goles e rematando o partido 5-3 con gol final de Noa. Destacar que tivemos algunha baixa incluida a nosa porteira”.

UD Corcubión :  Cristina, Alexandra, Marta Lavandeira, Claudia, Marta Santiago, e Noa, (7 inicial); Elisa, Victoria, Sara e Ana

Goles : 1-0, Alexandra, (19´); 1-1, Nerea, (22´); 2-1, Ana, (26´); 3-1, Ana, (32´); 4-1, Ana, (38´); 4-2, Natalia, (46´); 4-3, Natalia, (49´); 5-3, Noa, (50´).

Árbitro : Roi Rey. Sen amonestacións.

 

CLASIFICACIÓN

O Corcubión aguanta na 2ª praza con 40 puntos, a 2 do lider, CD Marte, que caía sorpresivamente ante o Pastoriza B, (5-2).

 

++++

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2

-19ª Xornada-

 

SE Abella SDEC 4-1 Corme CF

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido difícil contra un dos equipos q mais me gusta da liga, no que eu quixen facer Unha proposta diferente para axudar o equipo a compensar as baixas tan importantes que tiñamos, e obviamente equivoqueime, nunha primeira parte donde sufrimos moitisimo coa movilidad das suas xogadoras de medio campo e puxeronse un 3-0 merecido, na segunda parte volvemos a Nosa proposta habitual e o partido igualouse mais, ainda q elas pondrían o 4-0, o noso equipo seguiu metido igualmente e igualando moito mais o partido, e así chegaria o noso tanto, gol de falta directa de Carla. Error de plantexamento 100% por parte miña que penalizou o meu equipo, que traballou sin descanso a pesar de todas as circunstancias adversas deste fin de semana“.

Corme CF : Belén, Lucía, María, Laura, Vero, Aurora (Ana), Irene, Carla (Candela), Nati, Cris e Naroa.

Goles : 1-0, Laura, (8´); 2-0, María, (14´); 3-0, Candal, (17´); 4-0, Laura, (53´); 4-1, Carla Pose, (56´).

Árbitro : Francisco José Gómez. Sen amonestacións.

 

 

Importante trunfo do Ponteceso para seguir crecendo.

 

SD Órdes 0-1 Ponteceso SD

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : Comezaba o encontro con unha boa presión e claro dominio das rapazas de Curro , no que xa se fixo notar cun balón o longueiro por medio dunha preciosa vaselina por medio de Lauriña o redor do minuto dez . Non conseguía sair o Ordes do seu campo e froito dun bo roubo na banda dereita , chegaría unha nova ocasión na que a Killer Andrea vía como o seu disparo era desviado pola porteira local . Teríamos outras tres ocasións moi claras de poder estrear o marcador por medio de novo de Lauriña , Muíño e Andrea nas que o balón non quixo entrar . Cando todo indicaba que se chegaría co empate inicial o tempo de lecer un bo roubo en banda esquerda por parte de Mel esta lograría meter un pase a espalda da defensa local no que a Killer Andrea non perdoou o man a man e fixo que porfín se abrira a lata para ás de Curro e Miguel.

Na reanudación o Ordes daría un paso o frente xa que non lle serviría este marcador , pero no que a defensa Pontecesá se mostraría moi segura durante todo o partido rexeitando calquer acción de ataque local . Movería Curro o banco para refrescar o equipo dando entrada a Lara , Manti , Alba,Saray e Virginia tendo esta última unha clara ocasión nunha boa xogada persoal para subir o segundo , pero no que se luceu a porteira local cun paradón e mandando o balón a saque de curruncho. Poderíamos sentenciar en varias ocasións por medio da Todoterreo Muíño e a capitá Eva , pero nas que de novo o balón non quixo entrar. Remataría o encontro co resultado xusto de 0 a 1 para o Puenteceso colocándonos nos postos medios da táboa e facendo clara a melloría de cada xornada nun equipo recén formado e no que o deixa todo no terreo de xogo todas as semanas“.

Ponteceso SD : María Lema, Laura Ramos, Andrea Varela, Eva, Andrea Rodríguez, Myrella,  Ainhoa, Noelia Martínez, Míriam, Laura Berdeal e Silvia. Tamén xogaron : Lara, Lucía Mantiñán, Virginia, Saray e Alba.

Goles : 0-1, Andrea Varela, (44´).

Árbitro : Alejandro Gesto. Amonestou a Laura Berdeal.

 

 

UD Carral 7-0 UD Cerqueda

Santi Ortíz, (2º Adestrador do UD Cerqueda) : “Resultado demasiado abultado en relación ao visto no terreo de xogo. Primeira parte que xa comeza moi condicionada por un gol en claro f0ra de xogo, a pesar disto estivemos moi ben plantadas e generando peligro nalgunha contra, segundo e terceiro gol que tamén nacen en dúas xogadas bastante rigurosas e finalmente o cuarto nun desaxuste defensivo. Segunda parte na mesma tónica., Moi bo traballo colectivo no aspecto defensivo e varias ocasións claras na contra, só ao final co partido acabando encaixamos os derrareiros tres goles en xogadas aisladas. A pesar da contudente derrota o equipo sigue medrando e collendo boas sensacións”.

UD Cerqueda :  Valeria, Jimena, Lucía, Uxía, Mónica, Paula, Irene, Lorena, Raquel, Inés,, e Mariña. Tamén xogaron : Tatiana, Sonia, Paula Casal, e Carla.

Goles : Laura, Araiana, Sabela, (3), Ruth e Sara.

Árbitro : Aurora Malvárez. Sen amonestacións.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : PREME AQUÍ

 

+++++

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Foto Corcubión : Rubén Castillo

-Fotos Ponteceso : Marcos Curro

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”/adestradores