2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2
-22ª Xornada-
Corme CF 4-0 Xuventude DE Crendes CF
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Non fixemos un bo partido, Unha mala primeira parte pola Nosa parte na que ainda así metemos un gol e temos un penalti q non materializamos para irnos cun 2-0 o descanso a pesar de non Ter o control do partido. Salimos na segunda parte intentando dominar mais e a partir dos 15 min si que penso que o conseguimos, sin chegar nunca a facer o xogo que queremos propoñer pero polo menos si que dominamos e levamos o peso do partido. Era moi necesario sumar os 3 puntos e conseguiuse, e algo a destacar e q o fixemos deixando a Nosa portería a cero que tanto nos está costando éste ano. O árbitro apuntou o último gol en propia pero meter metiuno Naroa, a defensa sólo o toca cando o balon está dentro da portería”.
Corme CF : Belén, Lucía, (Candela), Aroa, (Laura), Vero, María, Cris, Anita (Ana), Irene, Nati, Carla, e Naroa.
Goles :1-0, Naroa, (5´); 2-0, Naroa, (51´); 3-0, Naroa, (84´); 4-0; Naroa, (87´).
Árbitro : Jonathan Pardiñas. Amonestou polo Corme a Ana María e Carla.
Próximo encontro
Sporting Meicende-Corme
23/04/2023 ás 19:00 horas
O Ponteceso que xogou en Almeiras.
Sporting Burgo 4-5 Ponteceso SD
Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Comezaba o encontro cos dous equipos dispostos a non gardase enerxías para conseguir sumar os tres puntos. Avisaríamos nos primeiros minutos con claras ocasións de Andrea, Vir e Muíño pero nas que sendos disparos foron rexeitados a córner pola meta e defensa local. Arredor do cuarto de hora chegaría o primeiro gol da tarde tras unha contra na que, tras varios rexeites na frontal, a xogadora local metería un bo gol dende fora da área no que nada puido facer a meta Colores. Gol inmerecido polo que se estaba a ver no terreo de xogo e que nos fixo dano. Comezamos entón a perder o control do partido e as locais volverían aproveitar unha boa xogada por banda esquerda de novo dende fora da área poñendo así o 2 a 0.
Cambiaríamos a mentalidade e sen nada que perder fomos o ataque a por todas. Nunha moi boa xogada ensaiada entre a todoterreo Muíño e a que sería a mvp da tarde, a capitá Eva Carril, poñería o pase da morte para que unha inspirada Myre en tarefas ofensivas fixera o 2 a 1 que nos daría folgos novos. Cando todo parecía que xa chegaría o tempo de lecer con este marcador, unha desafortunada falta cercana da nosa área serviríalle ao Burgo para poñer o 3 a 1, o que sería un duro golpe no que nos teríamos que repoñer na segunda metade.
Comezaría unha segunda metade totalmente como se dun novo partido se tratase e que sería moi desfrutado por toda a afección desprazada a terras coruñesas. Faríamos varios trocos incluíndo no once a Lauriña, Mel, Laura R e Lucivili, pero de novo volvíamos a estar brandos en defensa e nun rexeite as xogadoras locais farían o 4 a 1. A partir de aí fixémonos donos absolutos do partido trenzando moi boas xogadas de perigo por medio da ‘centola’ Silvia e Berdeal que servirían para que unha inspirada Lauriña puxera o 4 a 2 o redor do minuto 50. Seguiríamos dando todo e, sen nada que perder, unha xogada entre a Killer Andrea e a propia Lauriña serviría para que dous minutos despois do seu gol volvera a anotar con outro golazo dende a lateral da área poñendo o 4 a 3 no marcador. As locais estirarían liñas, pero unha moi boa actuación defensiva de Noe e Ainhoa farían desartellar calquera ocasión local.
Sobre o minuto 60 chegaría unha xogada clave para o encontro, xa que nunha xogada onde Muíño se plantaba sola ante a meta local, foi claramente derrubada na frontal da área, o que supuxo a expulsión da xogadora local. A “MVP”, Eva conseguiría nese balón parado meter un auténtico golazo a escadra que lle sacaría as tearañas á portería coruñesa. Seguiríamos sendo un auténtico martillo pilón e o Burgo sufría moito defensivamente. Ao redor do minuto 82 chegaría a delicia para toda a familia pontecesá xa que a todoterreo Muíño de novo noutra xogada ensaiada marcaría o 4 a 5 na que de novo o balón entraría pola escadra dereita facendo que a porteira local so poidera acompañar o gol coa mirada. Acababa así o encontro cunha tarde vibrante e cun auténtico partidazo de poder a poder, conseguindo así sacar os tres puntos ante un rival e un campo moi complicados“.
Ponteceso SD : Noelia Blanco, Andrea Varela, Eva, Andrea Rodríguez, Myrella, Ainhoa, Lara, Noelia Martínez, Virginia, Laura Berdea e Silvia. Tamén xogaron : Laura Ramos, Míriam, Laura Rodríguez e Lucía.
Goles : 1-0, Andrea, (12´); 2-0, Laura, (21´); 2-1, Myrella, (40´); 3-1, Tamara, (44´); 4-1, Adriana, (49´); 4-2, Laura Ramos, (50´); 4-3, Laura Ramos, (52´); 4-4, Eva, (56´); 4-5, Andrea Rodríguez, (81´)
Árbitro : Sergio Bermúdez. Expulsou con vermello direto a local, Laura Boedo no 55, e amonestou a Myrella e o delegado Miguel Pérez polo Ponteceso.
Próximo encontro
Ponteceso SD-UDJ Almeiras
23/04/2023 ás 12:00 horas
UDJ Almeiras 3-0 UD Cerqueda
Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido que condicionou o intenso calor que fixo neste mediodía dominical. Costounos entrar no partido, os 10 minutos de inicio añadese unha lesión. Recompuxemonos, e cando mellor estabamos perto do descanso, nun balón rechazado a 6 metros da area, marcannos un golazo por toda a escadra. Deixounos algo tocadas ese gol, e na última xogada antes de ir o vestiario encaixamos o segundo nun erro a balón parado. Na segunda parte intentámolo, o equipo traballou arreo, pena de non ser capaces de recortar distancias.
Sairon lesionadas mediada a segunda parte 2 xogadoras, volvemonos recompoñer e intentamos meternos no partido, pero non foi posible. Na última falta do partido volven marcarnos outro golazo pola escadra. Contento co traballo das rapazas, que traballan arreo sea quen sea o rival, e cada partido vainos aportando experiencias”.
UD Cerqueda : Valeria, Jimena, Lucía, Mónica, Paula, Tatiana, Irene, Raquel, Inés, María Isabel e Mariña. Tamén xogaron : Vanesa, Sonia, Paula, Andrea e Carla.
Goles :1-0, Carla, (40´); 2-0, Itziar, (45´); 3-0, Claudia, (90´)
Árbitro : Lucas Carreira. Amonestou polo Cerqueda a Paula e o adestrador Dani García
Próximo encontro
UD Cerqueda-SCD Pastoriza
23/04/2023 ás 12:15 horas
CLASIFICACIÓN
Crónicas da xornada do outro grupo
-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : PREME AQUÍ
+++++
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.
Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.
-Foto Ponteceso : Marcos Curro
-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

