CRÓNICAS : FISTERRA E SOFÁN CAERON POR 4-1 NA 2ª XORNADA DA PREFERENTE NORTE.

PREFERENTE NORTE

Fisterra e Sofán caeron de igual maneira.

 

2ª Xornada

CD As Pontes 4-1 SD Fisterra

Unha mala primeira metade dos fisterráns, doulle en bandexa o trunfo aos das Pontes de García Rodríguez, que se adiantaban aos 5 minutos de xogo, cun tanto de Luis Carlos. Empataba Aaarón Lobelos nove minutos despois, pero todo era un espellismo, e de novo Luis Carlos, (26´), Jaime, (36´), e Slberto, (37´), deixaban finiquitado o choque. O adestrador fisterrán, Ángel López, dáballe na segunda metade os primeiros minutos da tempada ao meta muxián, Ángel Luis, que sae duns problemas físicos.

Próximo encontro

O SD Fisterra recibe no “Arasolis” ao SD Dubra o vindeiro Domingo 25 de Setembro, a partires das 17:00 horas.

 

SD Sarriana 4-1 SD Sofán

Parece que se puxeron dacordo os dous equipos costeiros, e o Sofán emulou en grande medida ao Fisterra. No resultado e no feito de que unha mala xestión da primeira metade decantou o encontro de cara para o rival. Adiantouse a Sarriana aos 14 minutos de xogo, e conseguía empatar para os sofanistas Adrián Díaz, 11 minutos despois. Antes do descanso Diego Santín facía dous goles, (32´e 42´), o primeiro deles de penalti, para deixar encarrilado o encontro. Non consigueu un gol que os metese de cheo no encontro, o equipo da parroquia carballesa, e no 82 chegaría o definitivo 4-1, obra de Brais Prieto.

Próximo encontro

O SD Sofán recibe no “Carral” ao SD O Pino o vindeiro Domingo 25 de Setembro, a partires das 17:30 horas.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia