2ª División Galega Feminina Fase Permanenza
Trintadousavos
(Volta)
O Ponteceso compiteu ben en Puentearnelas.
Corme, Dumbría e Miúdas tiñan opcións a pasar o corte polos resultados que tiñan da ida, o Ponteceso xa non tiña moito que facer, nada máis ca disfrutar do fútbol un día máis tralo 1-6 da ida. Corme e Dumbría non foron quen de levantar as eliminatorias e si o foi o Miúdas cun axustado 0-0 tralao 1-0 da ida e un ano máis na 2ª División Galega.
Vaia por diante que ningún destes equipos tería que haber descendido pero a maliciosa orgañización das ligas para a vindeira tempada fai que equipos que quedaron na parte da loita polo título a vindeira tempada teñan que xogar na 3ª División Galega. Vaia por diante que de seguro que para “axudar” nos desprazamentos, os equipos da costa van a metelos en diferentes grupos…Xa falaremos.
SD Pontecaldelas 4-0 Ponteceso SD
Resultado da Ida :1-6 a prol do Pontecaldelas.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Desprazámonos a Vilanova de Arousa xa con un resultado moi abultado no encontro de ida. Isto permitiunos facer trocos no once inicial e probar variedade de tácticas. Comezaba o encontro cun intenso calor que facía mella nos dous conxuntos, onde se viu un Puenteceso moi ben asentado no terreo de xogo impedindo en todo momento que as locais poideran tranzar xogadas perigosas. Teríamos un par de ocasións en varias contras levadas por medio de Berdeal, Vir e Lucivili na que tanto a defensa local como a porteira estarían moi atinadas. O Puentearnelas nesta primeira metade só conseguiría facer dano a balón parado xa que unha soberbia defensa pontecesá e unha segura meta Colores impediron que se puxeran por diante no marcador. Chegaría así o tempo de lecer co empate a ceros no marcador.
Na segunda metade comezaba de maneira moi similar a primeira posto que a liña medular do Puenteceso formada por Laura R., Eva e Berdeal estaban encaixando un auténtico partidazo facendo calquer ataque local inoperante. Chegaba a mala sorte a raíz de varias lesións pontecesás, pois a partir delas sufrimos un baixón físico e o Puentearnelas non o perdoou marcando varios goles a balón parado. Seguiríamolo intentando ata o remate do encontro pero non atoparíamos o meritorio gol. Rematou así o encontro cun catro a cero local deixando unha excelsa imaxe en terras pontevedresas. Damos por finalizado un ano cheo de logros para este conxunto e moi seguros de que en vindeiras campañas seguiremos dando moito que falar”.
Ponteceso SD : Noelia, Lucía Vila, Lucía Mantiñán, Eva, Myrella, Ainhoa, Noelia, Sabela, Laura Rodríguez, Virginia e Laura Berdeal. Tamén xogaron : Laura Amado e Míriam.
Goles : Nos minutos, 65, 72, 75, e 82.
Arbitro : Tomás Balboa Torres. Non amosou cartóns.
CF Dumbría 2-6 SD Xuventú Aguiño
Resultado da Ida : 5-4 a prol do Xuventú.
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Empezaban ben as locales dominando en campo rival e adiantándose pronto no marcador co gol de María das Carisas, e puideron ser máis de concretar as ocasións que a propia María e Eva dispuxeron, pero foi a visitante Carla, cun disparo que máis parecía un despexe, a que puxo o empate que sentou como unha pedrada no peito para as locales.
Xa non se movería o marcador ata o descanso, pero á volta dos vestuarios as prisas, o calor e o nervio foron o peor rival, xunto co bo facer das ribeirenses que superon dominar e concretar cada ataque para afundir a un Dumbría que tras a expulsión de Kelly deixou de crer, pero ainda tirou de orgullo para saber caer anotando o 2-5 de novo nos pes de María das Carisas mostrando en conxunto que tamén na derrota compiten ata o final.
Para recordar queda ese ambiente cas gradas e os laterales cheos de xente animando nun duelo por un posto que xa tiñan ganado nas suas respectivas ligas pero nadie explica ainda a desfeita dun final así”.
CF Dumbría : Lía, Noa, Carril, Martina, Mai, Eva, Fandi, Kelly, Sabela, Claudia e María das Carisas.
Banquillo: Naira, Yoli, Sara e Icía.
Goles : o gol do empate a uns das dumbriesas no 31. O segundo gol das nosas que facía María das Carisas chegaba do 85 e supoñía o 2-5.
Arbitro : Alberto Pombo Parga. Expulsou a Kelly do Dumbría no 62 con vermello direto e amonestou a Rut das de Aguiño.
Copa da Costa
As dumbriesas visitan hoxe ao Nicrariense nos cuartos de final PREME AQUÍ para ver a previa.
Galicia de Caranza 0-0 ED As Miúdas
Resultado da Ida : 1-0 a prol do Miúdas.
Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Unha tempada moi larga na que traballamos e aprendemos moito, e o importante nestas categorias e o camiño non o destino. Partido que tocou sufrir o esperado, ambos equipos tivemos as nosas ocasions pero o final un empate que a nos nos valeu a segunda división. Agredecer a aficionados, seguidores e tamén a medios de comunicación, por darnos visibilidade e un apoio que se agradece moito”.
ED As Miúdas : Adriana, Elba, Alba, Bárbara, PatiGol, Clara, Leti, Marta, Paula, Carla e Ana. Tamén estiveron : Uxía, Marina e Naiara.
Arbitro : Alejandro Miño Pico. Amonestou polas de Ferrolterra a Rita e expulsou o adestrador Alberto Rodríguez con vermello direto no desconto final.
Copa da Costa
As muradás visitan o xoves ao Xallas nos cuartos de final PREME AQUÍ para ver a previa.
Corme CF 1-3 SCD Milagrosa
Resultado da Ida : 2-1 a prol do Milagrosa.
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido igual o que foron os 180 minutos da eliminatoria, un rival moi ordenado defensivamente coas ideas moi claras en ambos partidos, liña de 4 máis unha marca individual a Naroa e con vixiancias ofensivas sobre Ana e Carla para que nunca puidésemos facer transicións defensa-ataque, en ningún momento dos 180 minutos nos sentimos cómodos, pero éste grupo de xogadoras sempre o deixan todo e acaban xenerando ocasións, a veces por fútbol que e o que buscamos desde o inicio, e a veces por ese carácter que ten o grupo tan combativo.
E quizais a eliminatoria e o seu consecuente descenso pódese resumir en eso, en que os rivais propoñendo moi pouco xeraron e meteron prácticamente todo o que tiveron, e nós sin acabar de sentirnos cómodos na eliminatoria, xeramos pero non fomos quen de mételas.
Duro golpe éste descenso, porque creo que este grupazo de vestuario merecía moito máis sin duda, oxalá a xente non se quede solo con ésto porque o ano que fixeron e para estar moi orgullosos delas, eu desde logo estouno!!”.
Corme CF : Belén, Lucía, Laura (Aurora), Aroa, María, Cris, Carla, Irene, Natalia, Ana e Naroa.
Tamén no Banquillo: Carmen, Candela, Salomé e Ana.
Arbitro : David Castreje Ferrío, con Iván Guerra e Tiago Alonso nas bandas. Amonestou polo Corme a Ana e polo Milagrosa a María Paredes.
-Foto : Marcos Curro
-Texto : Xosé Búa “Pirata”