FASE PERMANENZA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-1ª Eliminatoria-
Tódolos adestradores dos nosos equipos femininos costeiros tachan de “despropósito”, “desfeita”, “incomprensible”, “macabra”, e cousas polo estilo, e nós arrimámoslle o de “rocambolesca”, tanto a Fase de Ascenso coma a de permenza, pero na RFG é o pan noso de cada día, o que menos interesa son as persoas e os clubes. Nestas fases ata pode baixar o que quedou campión de liga, pode darse o caso de que che entreguen o trofeo, perder e que teñas que loitar por non descender, ou facelo diretamente.
Dos nosos equipos nesta Fase de Permenenza, (que na RFGF chaman Fase de Ascenso a 2ª División, que é na que xa estaban), o Corme eo Miúdas seguen adiante e xa están descendidos Ponteceso e Mazaricos tras caer nesta eliminatoria, e que se unen o descendido Cerqueda. Agora os equipos costeiros que continuan auméntalle o choio pois tamén comeza a Copa da Costa, e terán que adiantar a pola semana os seus encontros…O dito, todo pensado para que as xogadoras disfruten do fútbol, ou o que sería mellor dito se na nosa sorna, que se agobien en vez de disfrutalo.
María primeira tempada xogando, sendo a máis veterana do fútbol feminino da costa,
e que está a facer unha gran tempada.
Corme CF 2-0 SD O Pino
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Primer partido dunha fase de permanencia sin sentido e inxusta baixo o meu punto de vista. Unha semana complicada e con moitas baixas para o Equipo, fomos sin 4 habituales no noso once pero o grupo demostrou ese carácter que as leva caracterizando todo ano de “bravas” e sacou o partido adiante, quizá non fomos capaces de darlle continuidad o xogo que queremos propoñer e solo se viu por momentos do partido pero ainda así o Equipo sempre acaba xenerando peligro cunhas Carla, Cris, Nati e Naroa que están acabando o ano cun nivel moi alto en canto a poder ofensivo. Ponnos moi contentos a titularidade de Candela e Aurora que demostraron o se crecimiento e que xa están para axudar o equipo sin problema, que en este ano de iniciación e o que mais debería importar”.
Corme CF : Belén, Aurora (Ana), Irene, Laura, María, Candela (Carla Vázquez), Lucia, Carla, Nati, Cris e Naroa.
Goles : 1-0, María, (4´); 2-0, Naroa, (64´).
Árbitro : Manuel Rodríguez. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
As cormelás visitan ao SCD Milagrosa o 28 de Maio no Luis Gorgoso na ida dos Trintadousavos de final, que será a dobre enfrontamento.
No que se refire a previa da Copa da Costa, Corme-Xallas, que se xogaría o vindeiro 28 de Maio, xogarano pola semana, pero ainda está por decidir o día.
Club Peñasco 7-0 Ponteceso SD
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :“Partido correspondente á fase de ascenso a 2ª división feminina na que nos desprazábamonos a Vigo para enfrontarnos ao Club Peñasco nun partido que decidiría quen se mantería nesta segunda división. Comezaba o encontro cunha calor abafante na que só poidemos facerlle frente o rival no primeiro cuarto de hora. A partir de ahí tivemos varias inoportunas lesións e non fomos quen de poder entrar no partido en ningún momento. Clara vitoria local que lles permite loitar por manterse na categoría. Felicitar o esforzo da plantilla desplazada a Vigo e agora a centrarse na Copa da Costa“.
Ponteceso SD : Noelia, Sabela, Andrea, Myrella, Ainhoa, Lara, Miriam, Laura Rodríguez, Virginia e Lara. Tamén xogaron : Laura Amado, Lucía, María e Alba.
Goles : Primeira metade 4-0.
Árbitro : Ramsés Arohom Núñez. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
Nicrariense-Ponteceso
As pontecesás terían que xogar o vindeiro 28 de Maio a previa da Copa da Costa Feminina en Negreira, pero agora mesmo ainda non saben cando se xogará a espera de novas dende as do interior.
ED As Miúdas 2-1 Sardoma CF Juvenil Femenino C
Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “A espera do seu comentario para poñelo aquí”.
ED As Miúdas : Adriana, carla, Alba, Marta, Bárbara, Pati, Leti, Sofía, Marta, Marcela e Ana. Tamén xogaron : Clara e Marina.
Goles : 0-1, (24´); 1-1, 66´); 2-1, (70´).
Árbitro : Pedro Mirazo. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
ED As Miúdas-Galicia de Caranza
As muradás reciben ao SCD Galicia de Caranza o 28 de Maio no Eleuterio Balayo na ida dos Trintadousavos de final, que será a dobre enfrontamento.
Caldas CF 6-1 CF Mazaricos
Borja Sueiro, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Comezamos mellor que elas, tendo o balón e xogando no seu campo pero sen crear ocasións, e cando mellor estabamos un penalti pouco claro desanimounos por completo. o Caldas comezou a ter o balón e a crear ocasións. Marcáronnos o segundo xusto antes do descanso. Ao sair dos vestiarios seguían co dominio, pero Tamara nun erro rival está atenta e rouba un pase entre defensas para conseguir o 2-1. Gol que nos facía ilusionar, pero non soupemos aguantar ese marcador e con tiros lonxanos chegaronnos os seguintes goles. Toca valorar esta tempada, a progresión de todo o equipo e o venres a xogar co Cee na Copa”.
CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Peta, Fátima, Mariña, Lúa, Silvia, Ánxela, Dani, Tamara e Jirra.
Tamén xogaron: Saray, Romay e Buján
Goles : A primeira metade acabou 2-o, o primeiro deles de penalti. O gol das mazariquenses que supoñía o 2-1 no 57 era marcado por Tamara.
Árbitro : Pablo García. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
UC Cee-CF Mazaricos
As mazariquenses visitan ao UC Cee o venres 26 de Maio en eliminatoria da Copa da Costa
-Crónicas Fase de Ascenso : PREME AQUÍ
+++++
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.
Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.
-Fotos Ponteceso : Marcos Curros
-Foto Corme : Fin Lema
-Foto Miúdas : Luis Ferreiro
-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”/adestradores