Pablo Pose, (27) paroulle 3 penaltis o Xallas.
Xallas FC 0-1 CF Mazaricos
Adrián Vázquez, (adestrador do Xallas FC) : “Partido no que quizais na primeira metade faltounos a tpoma de decisións nos derradeiros metros nas situacións das finalizacións, faltou ese último pase, ese tiro. Tivemos un penalti antes do descanso e fallamos. Na segunda, un pouco do mismo, nós levando o peso do partido, e eles bastante ben a nivel defensivo e tivemos duas ou tres ocasións claras, pero hoxe non estaba para nós, porque non entraban e eles na parte final nunha falta, tirou Kevin e no rexeite colleuna a bote pronto e puxéronse 0-1. Nos derradeiros minutos tivemos un penalti sobre Rubén, volve a tirar Capelo, volve a errar, mándalla repetir e volve a erralo. O resumo, un día que non era para nós, hai que seguir traballando e a ver se nos podemos enganchar aí que ainda queda moita liga”.
Óscar “Mingui!, (adestrador do CF Mazaricos) : “Partido moi bonito, entretido, moi disputado. Unha primeira metade na que os dous equipos tratamos de presionar alto, de ter a iniciativa, pero ningún dos dous fomos quen de impoñernos, moi igualado todo. Nos apenas fomos quen de crear ocasións, e eles tampouco é que tiveran moitas, só tiveron unha, moi clara, a do penalti que parou moi ben Pablo, preto do descanso. Na segunda metade o partido abreuse máis, e nos estivemos moi ben no inicio dela, dominando o partido e tendo ocasións e foi cando marcamos o gol. Un golazo de Kevin, ao que lle anularon outro, moi bonito, por fora de xogo. Despois do gol, Kevin tivo outra moi boa que lla blocou moi ben Kevin. Eles contra o final fixeronn trocos e puxeron dinamita arriba, e tiveron unha ocasión moi boa de Juan de Selia que parou moi ben Pablo, que no desconto volveu a ser o protagonista do encontro, pois parou outro penalti, que o árbitro mandouno repetir, porque se movera, e voltou a paralo. Tres puntios moi importantes para nós, para seguir traballando “.
Goles : 0-1, Kevin, (87´).
Xallas FC : Iván Couto, Diego, Aitor, Rubén Sande, Doro, Iván Fidalgo, Carlos Riero, Colón, Samuel, Esteban Capelo e Brais. Tamén xogaron : Juan de Selia, Stefan, Caneda, e Ángel Cuns.
CF Mazaricos : Pablo POse, Raúl, Carreira, Marcos, Kevin, Mario, Luis Guillermo, David, Brais e Fran Pose. Tamén Xogaron : David Lado, Adrián, e Iago.
Árbitro : Sergio Bermúdez, con Andrea Baneira e Tomás Vázquez nas bandas.
SD Tordoia 3-3 SCDR Esteirana
Estamos a espera de alguén da Esteirana que queira dar a sua visión dos encontros.
Machada do equipo esteirán que aos 23 minutos de xogo poñíaselle o ceo moi negro, pois xa perdías por 3-0, pero sacaron o xenio da costa e foron quen de ir ao descanso 3-2, con dous goles de Rober “Pladur”, o segundo de penalti, cando calquera xa baixaría os brazos, e na segunda metade sairon a polo rival e conseguiron empatar cun tanto de Elías Ruso.
Goles : 1-0, Óscar, (3´); 2-0, Abel, (10´); 3-0, Denís, (23´); 3-1, Rober “Pladur”, (33´); 3-2, Rober “Pladur”, (44´ de penalti); 3-3, Elias Ruso, (62´).
SD Tordoia : Santi García, Iago, Alejandro, Joisé Liñares, Abel, Denís, Seoane, Nicolas, César, Óscar, e Dubra. Tamén xogaron : Diego, e Raúl.
SCDR Esteirana : MJ, Simón, Damián, Carlos Rama, Adrián, Rober “Pladur”, Pablo Rama, Codesido, Tobío, Elías Ruso e Oliver. Tamén xogaron : Adrián García, Brais, Raúl Lestón e Godo.
Arbitro : Adrián Ponte, asistido nas bandas por Alexandre García e Alberto Álvarez.
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto : piratasdemuxia.es