CRÓNICAS ENCONTROS DO SÁBADO NA LIGA DA COSTA : “EMPATE NO DERBI MURADÁN E VITORIA DO CAMARIÑAS SOBRE O CORCUBIÓN”.

O Corcubión caeu con dous penaltis en contra.

 

Este sábado xogáronse dous dos encontros que compoñen a antepenúltima xornada da Liga da Costa, que no día de hoxe podería ter campión, tal e como vos contábamos na previa de todo o fútbol costeiro, segundo se den os resultados e sen máis loita por arriba que as posicións do Corme e Muxía para a promoción. Por abaixo si que está que arde, o empate do derbi muradán pode trocar moitas posicións, segundo os resultados da xornada dominical, e de seguro que tal como están as cousas para os equipos costeiros nas ligas superiores, haberá moitos descensos por arrastre. Nesa loita taén está o Corcubión que precisaba vencer en Camariñas, e a derrota deixao bastante desafiuzado.

 

CD Muros 2-2 UD Monte Louro

Punto que non deixa contento a ningún dos dous equipos na loita por afastarse dos postos de arrastre a falla de duas xornadas para o remate desta liga. Adiantouse na primeira metade, pasado o cuarto de hora, o equipo de Louro por medio de Iker e empataría para os de Muros, Jesús antes da media hora de xogo. Na segunda metade que foi máis brionca e con numerosos paróns no xogo, Javi porñía de penalti por diante aos locais. Xa no treito final, Yeray, facía o definitivo 2-2.

Goles : 0-1, Iker, (19´); 1-1, Jesus, (28´); 2-1, Javi, (81´de penalti); 2-2, Yeray, (81´).

 

Camariñas FC 3-1 UD Corcubión

Chegaba o Corcubión a Camariñas con moitas baixas e ca necesidade de gañar para seguir soñando e adiantábase de penalti transformado por Mario, ao fío do descanso. Reaccionou o conxunto camariñán na segunda metade e igualaba por medio de Yuyo con 9 minutos gastados deste segundo periodo. O equipo de Cabrejo, que ultimamente anda escaso de goles, remontaba con dous penalti, un transformado por Yuy, a hora de xogo, e o outro por Mario, pouco despois. Non reaccionou o Corcubión a estes dous mazazos e todo apunta a que cos arrastres a vindeira tempada voltará a 3ª da Costa, da que ascendeu a pasada tempada para celebrar o seu 50º aniversario na raiña da costa.

Goles : 0-1, Mario, (43´); 1-1, Yuyo, (54´); 2-1, Yuyo, (60´de penalti); 3-1, Mario, (73´de penalti).

 

 

 

 

Foto de arquivo e Texto : Xosé Búa “Pirata”