CRÓNICAS : EMPATE POLÉMICO DO SOFÁN E DERROTA DO FISTERRA NA 7ª XORNADA DA PREFERENTE NORTE.

PREFERENTE NORTE

 -7ª Xornada-

Terceiro encontro sen perder do Sofán.

 

SD Sofán 0-0 SDC Galicia de Mugardos

Descontento total no Sofán que se queixou amargamente da laboir arbitrak, e non foi para menos. Gol legal anulado, expulsión do técnico Pablo Torreira e do seu segundo, Gonzalo, e un penalti claro a Taibo, que o colexiado solventou con fora de xogo do xogador sofanista. Terceiro empate consecutivo dos da parroquia carballesa.

 

SD Fisterra 1-5 SD O Pino

Deixou o equipo visitante o encontro solventado nada máis ciomezar a segunda metade, cando Jonathan completaba un “Hat-trick”, (19´, 23´e 46´). Xa no treito final ampliarían a ventaxe a cinco, con goles de Julio Díaz, (74´) e Jesús, (80´). O gol da honra fisterrana chegou por medio de Ibra no desconto.

 

-Foto : SD Sofán/LGBA

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies