CRÓNICAS : EMPATE DO SOFÁN NA PREFERENTE E NA 1ª GALICIA O BAIO E DUMBRÍA EMPATABAN NO DERBI, O SAN LORENZO EMPATABA E CAÍAN DERROTADOS FISTERRA E ESTEIRANA.

 

Aquí tes nun só artigo as crónicas dos nosos equipos na Preferente Norte, e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, Nunha xornada do San Martiño que non foi nada boa para os nosos equipos. O Sofán na Preferente non pasaba do emapte co colista, o Baio e Dumbría sumaban un punto no derbi, e o San Lorenzo nun encontro polémico non pasaba do empate co Calo. Pola sua banda a Esteirana facíalle fronte o lider, Flavia, pero caía derrotado e o Fisterra era goleado por outro dos “gallitos” da liga, o Negreira.

 

PREFERENTE NORTE

-11ª Xornada-

Eume Deportivo 0-0 SD Sofán

VBisitaba o Sofán ao colista da clasificación coa idea de sumar 3 puntos que o alonzasen dos postos de perigo, pero faltou definición a pesares de contar con varias ocasións para levarse un merecido trunfo. Un punto que sabe a pouco e que manter aos sofanistas 2 puntios por enriba dos postos de descenso.

Goles : 0-0 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO

-11ª Xornada-

O Baio plantoulle cara no derbi o Dumbría.

 

CD Baio 0-0 CD Dumbría

Derbi do que se esperaba máis, en especial do Dumbría que loita por engancharse aos de arriba, namentras que para os baieses, en postos de descenso, as prisas son outras, e quizais máis importantes, e este punto sábelle a groria. Tras unha primeira metade na que o máis destacado foi a expulsión do xogador dumbriés Miller, que veu dous cartóns en 6 minutos, (13´e 19´), pasouse a unha segunda na que os dumbrieses, a pesares de xogar cun menos, apretaron máis, e gozaron de duas boas ocasións para levarse o encontro, que tamén puido caer do lado baiés. Destacar a volta do goleador Martín MC tras varias semanas de baixa por lesión. Xogou preto de 40 minutos da segunda metade.

Goles : 0-0

 

SR Calo 1-1 SD San Lorenzo

Empate dos de Verdillo tras voltar a xogar, xa que a semana pasada o encontro que tiña ante o Torodia fora suspendido polo temporal “Domingos”, tal e como xa vos contamos. Os de Dani Casal, que acabou expulsado no minuto 68 acabaron recibindo ata 9 cartóns amarelos, dous deles repetidos a Garrido e o meta suplente Sergio, nun choque demasiado trabado e no que os locais non viron nin unha amonestación. Os goles chegaron ambos en propia porta, o primeiro a favor dos de Teo e en propia porta de David. O segundo chegou mediada a segunda metade e en propia porta de Xoan. Moitas protestas dos verdilleses ata o pitido final.

Goles : 1-0, David, (62´); 1-1, Xoan, (71´).

 

SD Negreira 5-1 SD Fisterra

O Fisterra foi un xoguete nas mans dun dos equipos máis fortes da categoría e que loita polo ascenso. Finalizou a primeira metade cun craro 3-0, e nada máis reanudarse o xogo caeu o cuarto. Pasada a hora de xogo o quinto r xa no treito final Diego Estévez, facía o da honra e o seu quinto da tempada.

Goles : 1-0, Joel, (11´); 2-0, Freire, (19´); 3-0, Gonzalo, (43´); 4-0, Joel, (46´); 5-0, Brais, (67´); 5-1, Diego Estévez, (79´).

 

 SCDR Esteirana 3-1 Flavia SD

Boa primeira metade dos de Esteiro ante o lider en solitario da liga e dándolles moito que facer. Elías adiantaba aos das Salinas aos 10 minutos de xogo, e mediada a primeira metade Pedro Giménez conseguía empatar ao transformar un penalti. Foi co empate a uns como se chegou o descanso. Pouco se levaba xogado trala reanudación cando damián facía ó 2-1. Byscou a igualada o equipo costeiro pero non chegou ese tanto, e sí no treito final o de Martín para facer o definitivo 3-1 para os padroneses que suman máis dun mes sen perdercandio caeron ante o Cordeiro pola mínima, e con 5 vitorias e un empate dende aquela.

Goles : 0-1, Elías, (10´); 1-1, Pedro, (20´); 2-1, Damián, (49´); 3-1, Martín, (81´).

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

 

-Foto : Luis González Botas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”