CRÓNICAS : “EMPATE DO SOFÁN E DERROTA DO FISTERRA CON GOLEADA, PARA PECHAR O 2022 NA PREFERENTE NORTE”.

PREFERENTE NORTE

-16ª Xornada-

SD Sofán 2-2 Club Lemos

Saeulle responjdón o Lemos a un Sofán que buscaba a sétima vitoria seguida, e que a tivo nas suas mans por duas veces, xa que se poñía pr diante aos 28 minutos de xogo, cun tento de Bandera, pero vía como lle empataban 5 minutos despois, por medio de Mauro Busi. Xa na segunda metade, de novo Bandera, voltaba a poñer por diante aos do Carral, (56´), pero de novo a resposta dos visitantes non se deixaba esperar, e Bruno acadaba un novo empate, (64´), que xa sería definitivo. Con este punto, os sofanistas acaban o ano na 8ª posición, (de haber gañado subirían a 6ª), con 25 puntos, as portas da loita pola promoción. Mágoa o mal inicio de tempada, que senón estaríamos falando dunha loita por todo, que ata o de agora monopoliza o CF Noia, lider destacado con 40 puntos, 6 por enriba do segundo, SD Sarriana.

 

Ribadeo FC 7-1 SD Fisterra

Nova dura derrota do equipo fisterrán, que plantou cara e aguantou ata a hora de xogo, intre no que Jaime, colocaba o 3-1 ao transformar unha pena máxima, e a partires de aí, o equipo fisterrán, víñase abaixo e comezaron a caer os goles un tras outro ata o pitido final. Na primeira metade adiantábanse os de Fisterra por medio de Eugenio Copa, (23´), e chegaban o descanso con empate a uns, pero os dous goles seguidos en torno a hora de xogo, foron unha lousa. O equipo verdiño acaba o ano na cola da liga con tan só 4 puntos, con 14 goles a favor e a frioleira de 63 rn contra, cáseque dobrando neste derradeiro eido, ao Pontomarín, que o precede na clasificación.

 

A 17ª xornada no 2023

A competición retorna o 8 de Xaneiro do 2023. O SD Sofán visita no “O Poboado” ao CD As Pontes, e o SD Fisterra visita ao CD Boiro no “Barraña”.

-Tódolos resultados da ligas da costa senior masculinas, femininas e veteranos : PREME AQUÍ.

Felices Festas a todos!!!

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies