CRÓNICAS : EMPATE ANTRE MONTE LOURO E MUROS E VITORIA DO LAXE SOBRE O XALLAS NOS ENCONTROS SABATINOS DO FÚTBOL DA COSTA.

 

Gran ambente no Agra de Filgueira.

 

UD Monte Louro 1-1 CD Muros

Gran ambente no Agra de Filgueria no derbi muradán, nun choque no que tomou a iniciativa o equipo local, e os 6 minutos de xogo, nunha incursión no área Xián era derribado. O penalti era tirado e materializado por él mesmo. Tralo gol o dominio pasou a ser dos visitantes, buscando os de Louro as contras. Nun dos ataques dos veciños de Muros Juan Lois desviaba o balón e batía o seu propio compañeiro Álvaro Rodríguez, poñendo o 1-1 no marcador, (32´). Pouco despois Álvaro Farinós, que estaba a ser o mellor dos loureses, tiña que abandoar o terreo de xogo, lesionado, (o cal lle desexamos unha pronta recuperación). Co 1-1 chegouse o descanso, resultado que non se movería nunha segunda metade na que puido haber algún gol máis, en especial un tiro a madeira dos locais. Tralo encontro a UD Monte Louro tiña programada a sua cea de Nadal.

UD Monte Louro : Santi Romero, Miguel Verán, Antón, Manuel Chouza, Juan Lois, Jesús, Iker, David, Antonio, Álvaro Farinós, e Xián. Tamén xogaron : Óscar, Mnauel Tajes e Pablo.

CD Muros : Álvaro, Juan Rey, Ismael, Iván, Javier, Xoaquín, Xabier, Álvaro González, Alonso, Ramón e Alejandro. Tamén xogaron : Jesús, Flavio, Joaquín e Francisco.

Goles : 1-0, Xián, (6´, de penalti); 1-1, Juan Lois, (32´, propia porta).

Árbitro : Sergio Miguens. Amosoulle 3 cartóns amarelos o Monte Louro, e 5 o Muros.

 

SD Laxe 2-1 Xallas FC “B”

Encontro xogado de poder a poder, no que ambos buscaban romper malas rachas. Os laxenses viñan de duas derrotas consecutivas e os xalleiros dun empate e unha derrota. Iago Torres, que ía a ser o home do encontro, facía o 1-0, antes do descanso, (40´), resultado co que se irían a vestiarios. A segunda metade foi  de control dos laxenses, e dominio dos visitantes, ata que apareceu de novo Iago Torres, para faver un 2-0, que parecía matar o encontro, (80´), pero que non foi tanto, pois tres minutos despois Alex Rodríguez, acurtaba distanzas para os xalleiros, e dáballe emoción ao choque ata o pitido final.

SD Laxe : Rubén, Mikel, Pombo, Pablo, Iago Torres, Gora, Alejandro López, Santi Casas, José Ángel, Sergio e Bieito. Tamén xogaron : Cebey e Camafreita.

Xallas FC “B” : Barbeira, Julián, Iván, Alex Rodríguez, Marcos, José Suárez, Alonso, Jota, Adrián Forján, Martín, e Adrián Couto. Tamén xogaron : Kevin, Brais, Iván García e Ángel Cuns.

Goles : 1-0, Iago Torres, (40´); 2-0, Iago Torres, (80´); 2-1, Alex Rodríguez, (83´).

Árbitro : Alberto Pombo. Amosou un cartón amarelo a cada equipo.

-Axenda de todo o Fútbol da Costa : PREME AQUÍ

 

-Foto : Edu Olveira/UD Monte Louro

-Montaxes e Texto : piratasdemuxia