CRÓNICAS E TODO O QUE PASOU NA 6ª XORNADA DA 3ª DA COSTA, CO PORTEÑO E CORCUBIÓN EMPATADOS NO MÁOIS ALTO DA TÁBOA.

 

Luis “Capote”, (CF Castrelo).

 

AVISO

A cronoloxía dos goles e os autores dos mesmos son sacados das actas que publica a RFGF, polo que desentendémonos dos erros que poida haber, xa que son provocados.

 

3ª DA COSTA

6ª Xornada

Sábado 27 de Novembro 

CF Castrelo 0-3 SD Camelle

Hora : 18:00

Campo : “Municipal de Vimianzo”

Colexiado : Bruno Méndez Castro.

Non amosou ningçun cartón. Adiantáronse os camelláns o cuarto de hora de encontro cun gol do incombustible Dido, resultado co que se chegaría o descanso. Xa na segunda metade Barreiro, que fixera os dous goles da vitoria dos camelláns no derradeiro encontro no Municipal de Vimianzo antre estes equipos, facía o segundo, (51´). O terceiro e definitivo gol, chegaba das botas de Riveiro, ao tranformar un penalti no 76. Os vimianceses seguen sen saber o que é galar na casa.

 

Domingo 28 de Novembro

Atlético Pereiriña 1-1 Xallas FC “B”

Hora : 12:00

Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Iván Vilanova Antelo. Amosulle 2 cartóns amarelos aos locais e 2 amarelos e un vermello direto aos visitantes.

Merecido punto para os xalleiros que xogaron co desconto máis dunha hora cun menos, por expulsión con vermello direto de Alejandro, (32´) e perdendo dende o 51 cun tanto de Brais. Foron quen de acadar o empate no derradeiro treito do encontro cun tanto de Sergio Barbeira, (80´). 

 

SD Ameixenda CF 0-1 Sporting Seaia CF

Hora : 16:30

Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Esteban Domínguez Lado.

Amosoulle un cartón amarelo aos locais, por ningún os visitantes. Non foi quen de prolongar as boas sensacións da pasada semana na que os de Ameixenda derrotaban ao lider Corcubión a domicilio, (0-2). Un tanto dos malpicáns, obra de Isaac Piña no 87 rompía un choque que ía abocado o reparto de puntos.

 

SD Oza 2-3 UD Corcubión

Hora : 16:30

Campo : “O Carral”, (Sofán)

Colexiado : Óscar Santos Rodríguez. Amosoulle un cartón amarelo aos locais, por dous os visitantes.

Traballado trunfo dos corcubionenses que conseguían adiantarse no marcador aos 24 minutos de xogo por medio de José Ramón e vían como os de Oaza lles empataban antes de ir o descanso, (43´), cun tanto de Crístian e conseguía remontar a hora de encontro cun gol de David López, pero apareceu o “Killer” corcubionés, Iago Lema para firmar duas dianas, a do empate no 70 e a da vitoria no desconto final.

 

CF Porteño 1-1 SD Laxe

Hora : 16:30

Campo : “A Grixa”, (Ponte do Porto)

Colexiado : Jonathan Pardiñas Blanco. Amosoulle 3 cartóns amarelos aos locais, por 4 os visitantes.

Perdeu a condición de liuder en solitario o equipo porteño ao non pasar do empate ante un Laxe que non lle perdeu a cara o encontro, a pesares de xogar como visitante ante un Porteño que viña con moi boas sensacións trala vitoria da pasada semana no derbi ante o SD Camelle, (3-5). Adiantábanse os da Ponte do Porto por medio de Martín Suárez aos 55 minutos de xogo e a igualada chegaba 20 minutos despois polo homónimo, Martín Paredes, no equipo laxense.

 

CLASIFICACIÓN

 

GOLEADORES

Sergio Cancela, (Sporting Seaia CF) : 6 en 5 encontros

Álan Suárez, (Porteño CF) : 6 en 5 encontros

César Lojo, (UD Corcubión) : 5 en 6

Martín Paredes, (SD Laxe) : 5 en 6

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies