CRÓNICAS E TODO O QUE DEU DE SI A 8ª XORNADA DA 1ª GALICIA GRUPO A COSTA/SANTIAGO 2B : “O NEGREIRA SEGUE SEN DAR SÍNTOMAS DE DEBILIDADE, E O TORDOIA E MAZARICOS SEGUEN APRETANDO”.

1ª GALICIA GRUPO A COSTA/SANTIAGO 2B

Derbi emocionante no “Cairo”  antre Corme e Mazaricos.

 

8ª Xornada

Domingo 12 de Nadal

Corme CF 2-3 CF Mazaricos

Hora : 16:35

Campo : “O Cairo”, (Corme)

Colexiado : Daniel Fraga Viñuelas. Amosoulle 2 cartóns aos locais, e 1 amarelo e 2 vermellos aos visitantes.

Choque cheo de tensión e emoción ata o pitido final e no que se adiantaban os Mazariquenses aos 15 minutos de xogo por medio de Marcos, e poñerse 0-2 pouco despois cun tanto de Mario, (31´). Non se veu abaixo o equipo cormelán e Alejo acurtaba distanzas de penalti antes do descanso, (43´). Xa na segunda metade os de Corme conseguían nivelar o marcador por medio de Eloy, (61´), e xogando xa en superioridade por expulsión do visitante Pose, (56´), con vermello direto, pero os de Mazaricos que se suben a terceira praza e a loita por todo conseguían batir de novo a Suso, por medio de Kevin Trillo, (76´). Antes do gol fora expulsado con vermello direto o delegado do equipo, Adrián París.

 

Volantes de Baño CF 1-1 Soneira SD

Hora : 16:35

Campo : “Eleuterio Balayo”, (Muros)

Colexiado : Pedro Mirazo Insua. Amosoulle 6 cartóns aos locais, e 1 aos visitantes.

Derbi costeiro no que na primeira metade non se veu o marcador e que houbo que esperar ata pasada a hora de xogo para ver o primeiro, que chegaba por medio de Alehandro para os de Baño, (67`). O empate acadábao para os vimianceses, Adrián Lema, no derradeiro suspiro do encontro, (87´).

 

CF Dumbría 0-2 SD Negreira

Hora : 16:30

Campo : “O Conco”, (Dumbría)

Colexiado : Borja Medina Gavilán. Amosoulle 2 cartóns aos locais, e 2 aos visitantes.

Tiña a oportunidade de poñerse de cheo na loita por todo o equipo dumbriés ca visita do lider, pero un gol de Gonzalo, aos 6 minutos de xogo poñíalle as cousas máis difíciles aos de Dumbría, e xa non digamos cando Marcos batía pore segunda vez a Ánxo Lema, aos poucos do reinicio, (49´), tendo en conta que os nicranienses só encaixaron 3 goles en 7 encontros, (8 con este). 

 

SD Tordoia 5-2 CD Baio

Hora : 16:15

Campo : “Gorgullos”, (Tordoia)

Colexiado : Adrián Casal Barreiro. Amosoulle 3 cartóns aos locais, dous deles a Rubén Fariña, (86´e 88´), e 1 vermello direto o ao 2º adestrador visitante Pablo Romero, (86´).

Foiselle o encontro ao Baio na segunda metade, en especial no último treiro, tras conseguir remontar na primeira metade o gol local no primeiro minuto de xogo, obra de Abel Torres, (1´), con goles de Bieito, (24´e 37´). Na segunda metade o empate chegaría no 55´, Denís igualaba a contenda e él mesmo facía o 3-2, (73´). Este gol sentaba mal no conxunto baiés, que dous minutos despois encaixaba o cuarto, por medio de Óscar Andrade, e xa anulaba todo o loitado anteriormente. César Gontán facía o definitivo 5-2 no 82´. 

 

Ponteceso SD 0-3 CD Belvís

Hora : 17:00

Campo : “O Pinguel”, (Ponteceso)

Colexiado : Diego Cedeira Méndez. Amosoulle 1 cartón aos locais, e 1 aos visitantes.

Non tivo capacidade de reacción o equipo da Vila de Pondal aos dous goles da primeira metade, materializados por Chrístian Liñares, (23´e 32´), para tratar de meterse no encontro e conseguir algo en limpo na segunda. Brais Villaverde pasada a hora de xogo, sentenzaba o choque, (63´).

 

Clasificacións

 

-Foto : Fin Lema

-Texto : piratasdemuxia