CRÓNICAS E TODO O QUE DEU DE SI A 3ª XORNADA DA FASE DE PERMANENZA NA LIGA DA COSTA NOS SEUS 3 GRUPOS.

FASE DE PERMANENZA NA LIGA DA COSTA

O UD Monte Louro protagonizou unha das goleadas da xornada en Malpica.

Terceira xornada, derradeira da primeira volta na que hai equipos en situación complicada. Quizais as sorpresas maiores foron a goleada do UD Monte Louro sobre o SCD Malpica, (1-6), e o empate do CF Lira en Berdillo, (1-1). Agora mesmo os equipos con menor puntuación do que vai destas liguiñas son no Grupo A o CD Baiñas, (4 puntos), e CD Nantón, (3) e no Grupo C o Sporting Zas, (2).

 

  Xornada

-Grupo A-

Camariñas FC 2-1 UD Cerqueda

Día : 01/05

Hora : 17:00

Campo :Hermanas Patiño, (Camariñas)

Árbitro : Esteban Domínguez Lado.

Encontro xogado de poder a poder que non se decantou hacia o lado camariñán ata pasada a hora de xogo. Os 23 minutos Djibril poñía por diante aos camariñáns, resultado co que se chegaba ao descanso. No 63 de novo Djibril batía a Óscar para decantar claramente o choque para os da casa. Sergio Martínez facía o 2-1 no 82, para meterlle emoción o choque ata o pitido final.

 

CD Baiñas 1-1 CD Nantón

Día : 01/05

Hora : 17:00

Campo : Xaviña, (Buño)

Árbitro : David Castreje Ferrío.

Os baiñeses poñíanse por diante aos 38 minutos de xogo, cun tanto de Crístian Canosa, gol co que se chegaba ao tempo de lecer. Pasada a hora de xogo, Pablo Rodríguez, poñía as táboas no marcador, (66´), para rescatar un punto para os nantoneses, que se poñen así a 1 dos de Baiñas. 

 

Clasificación 

Camariñas FC : 15

UD Cerqueda : 11

 CD Baiñas : 4

 CD Nantón : 3

 

 –Grupo B-

SCD Malpica 1-6 UD Monte Louro

Día : 01/05

Hora : 17:00

Campo : Pedra Queimada, (Malpica)

Árbitro : Manuel Rodríguez Rojo.

Repaso dos de Louro aos malpicáns nunha extraordinaria primeira metade na que se puxeron cun craro 0-4, con goles de Xián, (7´ e 19´), e de Juan Lois, (29´e 45´). Non tivo capacidade de reacción o equipo malpicán, ainda que no 58, acurtaban distanzas de penalti. Non tardou en pechar o encontro o equipo lourés, cun tanto de novo de Xián, (65´), que foi un incordio para a zaga malpicana. Juan, no 82 facía o definitivo, 1-6, xa co encontro máis ca acabado dende o quinto dos sureños.

 

SD San Lorenzo 1-1 CF Lira

Día : 01/05

Hora : 17:00

Campo : As Pedreiras, (Berdillo)

Árbitro : David Cancela García.

Empate “in extremis” dos lirachos, que mandan o Malpica a derradeira posición da táboa, cos mesmos 6 puntos ca eles. Brais facía o 1-0 para os de Berdillo aos 37 minutos de xogo. Non foron quen de pechar o encontro e Formoso conseguía o empate no desconto final, o que fai que se aprete a clasificación cos 4 equipos, liderados polos berdilleses, pero con só 2 e 4 puntos dos seus perseguidores.

 

Clasificación 

SD San Lorenzo : 10

 UD Monte Louro :

CF Lira : 6

SCD Malpica : 6

 

-Grupo C- 

UC Cee 6-1 SCD Buño

Día : 01/05

Hora : 18:30

Campo : San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee)

Árbitro : Iván Vilanova Antelo.

Trunfo incontestable dos ceenses que suman 15 goles a favor e tan só 4 en contra nos 3 choques disputados. Os ceenses xa deixaron o choque sentenzado no primeiro tempo cun craro 3-0, con goles de Bruno, (8´), Crístian Caamaño, (32´), e de novo Bruno, (40´). Pasada a hora de xogo acurtaban distanzas os buñeses por medio de Eloy, (65´), pero a respotsa ceense chegaba pronto, co terceiro da tarde para o fisterrán Bruno, (73´), e o seu veciño Ezequiel, pronto poñía o quinto. A goleada ceense era pechada polo corcubionés, Luis Lojo no 85´.

 

Outes FC 2-0 Sporting Zas

Día : 01/05

Hora : 17:00

Campo : O Conchido, (Outes)

Árbitro : Marco Alejandro Castro Liñares.

Encontro moi serio dos da Serra que se adiantaban no marcador aos 37 minutos de xogo, cun tanto de Simón. A volta de vestiarios deixaban o encontro resolto cun gol de Iván Capelo, (55´).

 

Clasificación

UC Cee : 11

Outes CF : 11

SCD Buño : 5

  Sporting Zas : 2

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia