FASE DE PERMANENZA NA LIGA DA COSTA
1ª Xornada
-Grupo A-
CD Baiñas 0-1 Camariñas FC
Día : 09/04
Hora : 16:30
Campo : Municipal de Vimianzo
Árbitro : Daniel Martínez Ferreiro
Un gol de Djibril aos 74 minutos de xogo decantou o encontro a favor dos camariñáns que seguen así liderando este grupo de permanenza.
CD Nantón 1-3 UD Cerqueda
Día : 10/04
Hora : 17:00
Campo : As Fontiñas, (Nantón)
Árbitro : Bruno Méndez Castro
Un gol de Souto aos 16 minutos de xogo despertou aos cerquedenses que remontaron antes do descanso con goles de José Guillamet, (30´) e Crístian, (36´). Xa na segunda metade e co encontro aberto, Eloy, (85´), decantaba definitivamente o choque para os da parroquia malpicana.
Clasificación Inicial
Camariñas FC : 9
UD Cerqueda : 8
CD Baiñas : 3
CD Nantón : 2
2ª XORNADA
24/04/2022
CD Nantón-Camariñas FC
UD Cerqueda-CD Baiñas
–Grupo B-
SD San Lorenzo 0-2 SCD Malpica
Día : 10/04
Hora : 17:00
Campo : As Pedreiras, (Berdillo)
Árbitro : Chrístian Sendón Villar
Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador, sorprendeu o equipo malpicán aos de Berdillo. Laik no 58 abría o marcador e Mateo 4 minutos despois marcaba o da sentenza, para poñer aos de Malpica na primeira praza cos mesmos 6 puntos que comezaron os seus rivais deste choque.
CF Lira 1-1 UD Monte Louro
Día : 10/04
Hora : 17:00
Campo : Municipal de Lombáns, (Carnota)
Árbitro : Iván Vilanova Antelo
Sorprendeu o equipo liracho ao veciño de Louro e adiantábase con tan só 6 minutos disputados, cun tanto de Miguel. Non foi ata a hora de xogo cando Xián empataba o encontro. Non se moveu o marcador, a pesares de que os de Lira xogarían os derradeiros minutos por expulsión de Santiago por dobre cartón.
Clasificación Inicial
SCD Malpica : 6
SD San Lorenzo : 6
UD Monte Louro : 5
CF Lira : 2
2ª XORNADA
24/04/2022
UD Monte Louro-SD San Lorenzo
CF Lira-SCD Malpica
-Grupo C-
Outes CF 1-4 UC Cee
Día : 10/04
Hora : 17:30
Campo : Municipal do Conchido, (Outes)
Árbitro : Rubén Rodríguez Vaamonde
Vitoria incontestable dos ceenses nunha extraordinaria segunda metade. Adiantábanse os outeses aos 20 minutos de xogo, cun tanto de Martín, gol que era neutralizado polos de Cee pasada a media hora de xogo, cando Luis Lojo batía a Alejandro. Xa na segunda metade e a partires do minuto 70, no que Lojo facía o segundo dél mesmo e segundo do equipo, tinguíase o encontro de xor azul. Ezequiel, de volta nos campos facía o 1-3 no 77, e Antón Lestón finiquitábao pouco despois, (86´). Collen así os ceenses a cabeza da táboa empatados co SCD Buño e co propio Outes CF.
Sporting Zas 2-2 SCD Buño
Día : 10/04
Hora : 17:00
Campo : San Andrés, (Zas)
Árbitro : Carlos Señarís Balsas
Remontou o equipo buñés o tanto inicial de Iván Caamaño, (10´), o único que se veu na primeira metade, e que era neutralizado no 67 por Antelo, que transformaba unha pena máxima, cando os zacenses quedaban cun menos e con preto de media hora de xogo por diante. José Suárez facía o 1-2 pouco despois, (76´), pero os do San Andrés, a pesares da inferioridade numérica, non se viñeron abaixo e conseguían empatar no 88 por medio de Unay.
Clasificación Inicial
UC Cee : 5
SCD Buño : 5
Outes CF : 5
Sporting Zas : 2
2ª XORNADA
24/04/2022
Sporting Zas-UC Cee
SCD Buño-Outes FC
-Foto e Texto : piratasdemuxia