CRÓNICAS E TODO O QUE DEU DE SI A 12ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “PORTEÑO, CORCUBIÓN E OZA PASAN DIFÍCILES TEST ANTE OS EQUIPOS QUE TENTAN ENGANCHARSE ARRIBA”.

3ª DA COSTA

O lider CF Porteño pasou un difícil test ante o Xallas FC.

 

12ª Xornada

Domingo 23 de Xaneiro

Sporting Seaia CF 2-3 UD Corcubión 

Hora : 16:30

Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica) 

Colexiado : Jonathan Pardiñas Blanco. Amosoulle 3 cartóns amarelos aos locais, e 3 aos visitantes.

Encontro no quer había moito en xogo. Os seaieses para tratar de arrimarse a zona alta, e os corcubioneses para non perder comba co lider CF Porteño. Chioque con moita alternancia, na que os de Corcubión poñíanse por diante nada máis comezar o choque, cun tanto de Mario Suárez, con tan só 2 minutos disputados. Reaccionaba o equipo malpicán, e conseguía remontar con goles de Sergio Cancela, o primeiro no 14 e o segundo, de penalti no 38, pero tamén reaccionaban os visitantes rápido e Luis Lago poñía as táboas no marcador, xusto antes de irse a vestiarios. Na segunda metade, César Lojo voltaba a poñer por diante aos corcubioneses, (69´), resultado que xa non se movería.

 

SD Ameixenda  SD Camelle

Suspendido por COVID-19

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

Atlético Pereriña 2-1 SD Laxe

Hora : 18:00

Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Óscar Rey Sánchez. Amosoulle 4 cartóns amarelos aos locais, e 2 aos visitantes.

Encontro antre dous equipos que precisaban a vitoria para non perder comba cos de arriba e do que saeu beneficiado o equipo ceense, que era quen máis o necesitaba, nun choque que se decideu no desconto, cando o resultado no marcador era de 1-1. Mandaban no encontro ops da Pereiriña dende o minuto 38 no que Esteban Lema batía a Eloy Novoa. Non foi ata o 76 cando Bieito conseguía o tanto da igualada, e cando parecía que o encontro acababa en empate, Rubén Senlle facía o gol da vitoria local.

 

SD Oza 2-0 CF Castrelo

Hora : 16:15

Campo : “O Carral”, (Sofçan-Carballo)

Colexiado : Óscar Rey Sánchez. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais, e 2 aos visitantes.

Segue en doce o equipo de Adrián Varela, que derrotaba cun gol en cada periodo a un Castrelo que segue en horas baixas. David López era o quebradeiro de cabeza dos cstreláns, que recibían o primeiro dos seus dous goles xusto antes do descanso, (41´), e o segundo, que mataba o encontro no 69, para manter as distanzas co lider e co segundo clasificado, a 1 punto do lider e cos mesmos 23 co Corcubión, segundo.

 

CF Porteño 3-1 Xallas FC “B”

Hora : 16:15

Campo : “A Grixa”, (Ponte do Porto)

Colexiado : Bruno Méndez Castro. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais, e 2 aos visitantes, así coma un vermello direto ao xogador Jairo, (81´), que levaba 19 minutos no terreo de xogo.

Encontro moi disputado e no que os xalleiros trataban de apretar a clasificación e seguir no seu ritmo ascendente, pero desta o lider non fallou e conseguía poñerse 2-0 na primeira metade con goles de Andrade, (22´e 30´). Iván García, de penalti, conseguía meter no encontro aos xalleiros a volta de vestiarios, (49´), pero un tanto de Martín Suárez a hora de xogo, dáballe a tranquilidade ao lider para levarse o encontro e seguir mandando na liga en solitario.

 

CLASIFICACIÓN

 

MÁXIMOS GOLEADORES

Sergio Barbeira, (Xallas FC B) : 12 goles en 9 encontros

-Juan Martín Paredes, (SD Laxe) : 11 en 10

Sergio Cancela, (Sporting Seaia CF) : 10 en 9

Alan, (CF Porteño) : 10 en 9

 

-Foto ; Instagram do Atlético Pereiriña

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies