CRÓNICAS E TODO O QUE DERON DE SI OS ENCONTROS DA 6ª XORNADA DA LIGA DA COSTA NOS SEUS DOUS GRUPOS, COMANDADOS POR ESTEIRANA E CABANA.

O Cerqueda sumou a sua segunda vitoria a costa do Zas.

 

LIGA DA COSTA

GRUPO 1 A

Domingo 28 de Novembro 

Outes CF 0-3 CD Baiñas

Hora : 17:00

Campo : “O Conchido”

Colexiado : Miguel Ángel Vilas Lorenzo. Amosoulle 2 cartóns amarelos a cada equipo.

Moi bo encontro dos baiñeses que deron un golpe enriba da mesa no Conchido. Os outeses tiñan a oportunidade de coller o liderato co descanso da EEsteirana, pero topáronse cun Baiñas que recuperou o sorriso. Adiantábanse os visitantes ao cuarto de hora de xogo por medio de Adrian Canosa, resultado co que se ía o descanso. Xa na segunda metade a figura de Brais Tajes foi determinante, pois seu era o gol que abría fenda no marcador os 10 minutos da reanudación, e o que mataba o encontro, xa no desconto final.

 

Camariñas FC 2-1 CF Lira

Hora : 16:30

Campo : “Hermanas Patiño”

Colexiado : Juan Marcos Vilas Suárez. Sin amonestados.

O equipo camariñán empata no liderato ca esteirana a costa de levarse un enconrto moi axustado, e no que se adiantaban a media hora tras transformar unha pena máxima, Yanacón. Consigueu por medio de Francisco empatar o equipo liracho, un minuto despois, resultado co que se iría o tempo de lecer. No treiyto final chegaba o gol de Hugo para os camariñáns, para engancharse a zona alta, (82´).

 

Muxía CF 3-0 UC Cee

Hora : 16:00

Campo : “Hermanas Patiño”

Colexiado : David Ferrío Castreje. Sin amonestados.

Cura de moral para o Muxía CF nun choque que se revolucionou no derradeiro suspiro. Nun choque tremendamente disputado, ante dous históricos da liga, os da Vila da Barca adiantábanse no 52, cun tanto de Isma Pose, pero non sería ata o desconto cando os muxiáns finiquitaban o choque con goles de Toja e Abel.

 

UD Monte Louro 1-1 CD Muros

Hora : 16:15

Campo : “Xosé Luis Vara”

Colexiado : Julio José Martínez Barral. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais e 6 aos visitantes.

Intenso derbi muradán no que se adiantaban os da capital do concello ao borde do descanso por medio de Ramón Lago, (43´). Non foi ata o 82, co encontro con moito contacto físico, cando Juan Lois conseguía a igualada, e dáballe aos loureses o seu primeiro punto da liga, deixando de pechacancelas ao Lira.

 

Descansou : SCDR Esteirana

 

CLASIFICACIÓN

 

GRUPO 1B

Domingo 28 de Novembro 

SD Castríz 2-0 SCD Buño

Hora : 17:00

Campo : “San Pedro”

Colexiado : David Cancela García. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais e 3 aos visitantes.

Un gol de Iván Pastoriza aos 20 minutos de xogo poñía por diante aos xalleiros ante un Buño que pecha a clasificación con tan só 1 punto. Na segunda metde no treito final, Adrián garcía transformaba unha pena máxima para sumar a terceira vitoria dos de San Pedro.

 

Cabana xa mira dende arriba o resto.

 

SCD Malpica 0-3 Cabana SD

Hora : 16:45

Campo : “Pedra Queimada”

Colexiado : Carlos Señarís Balsa. Amosoulle 2 cartóns amarelos ao xogador locala Jairo, o segundo no desconto e 1 aos visitantes.

Comezou a competición titubeante o Cabana pero deu un salto cualitativo e cuantitativo e xa e lider tras impoñerse con autoridade ao Malpica, nun choque no que se adiantaban aos 2 minutos de xogo cun tanto de Manuel Romero. O propio Romero repetía pouco despois e sen tempo a reaccionarpara os malpicáns. O gol que pechaba o encontro era obra de Diego Méndez e chegaba no 67.

 

CD Nantón 2-0 SD San Lorenzo

Hora : 16:15

Campo : “As Fontiñas”

Colexiado : Chrístian Sendón Villar. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais e 2 aos visitantes.

Encontro controlado polos nantoneses que souberon asestar o golpe nos intres clave do choque, cun tanto na primeira metade, de Alejandro Orgueira, (19´) e outro na segunda para matar o encontro, de Iván Moreira, (75´).

 

O Sporting Zas foiselle 1 punto no derradeiro suspiro.

 

UD Cerqueda 2-1 Sporting Zas

Hora : 17:00

Campo : “Xaviña”, (Buño-Malpica)

Colexiado : Manuel Espasandín Romar. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais e 3 aos visitantes.

Encontro con resultado moi curto para o que se veu no terreo de xogo. Adiantábanse os zacenses xusto antes do descanso o prolongar Miguel unha falta sacada dende o medio do campo, (43´). Xa na segunda metade Ygo puido abrir fenda a favor dos de Zas pero o seu tiro foi repelido polo poste. Non perdonou o Cerqueda que igualaba por medio de Guillamet o batir a Rubén, cun testarazo inapelable. Xa no desconto Eloy aproveitaba un rexeite do meta zacense para poñer o 2-1 final.

 

Descansou : SD Coristanco

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto : Sporting Zas

Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies