CRÓNICAS E RESULTADOS DOS 9 ENCONTROS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA E UN DA 1ª DIVISIÓN NACIONAL DE TENIS DE MESA XOGADOS A PASADA FIN DE SEMANA EN ZAS.

Paulo Navarro, (der) devolvendo unha bola.

.
.
O pasado sábado 11 de febreiro foi un día completo de tenis de mesa no Pavillón Municipal de Zas, con 9 encontros de segunda división galega e un de terceira nacional. Neles vironse partidos moi igualados entre as promesas deste deporte na segunda galega e por suposto moi intensos e con moita calidade no encontro estelar da terceira nacional. Destacar a confraterninade entre os equipos de segunda división galega que foron comer todos xuntos a un restautante da localidade.
.
.
-Resultados-
.
.
.
.
3ª Nacional Centro
AD Zas Ponciano Nieto – Arteal Compostela 1       4-2
Miguel Rey-Venancio González  3-1
Raúl López-Carlos Nogueira  0-3
Roi Sixto-Berto García  3-0
dobre (Miguel/Roi)-(Carlos/Venancio)  2-3
Miguel Rey-Carlos Nogueira  3-0
Roi Sixto-Venancio González  3-0
.
.
Outra victoria mais do AD Zas Poncianon Nieto, nada fácil ante uns rivais correosos e que devolven moitas bolas e aos que lles hai que aguantar o ritmo alto de peloteo nos puntos, e con moitas alternativas e a mostra mais clara desto foi o segundo set entre Raúl e Carlos que rematou cun 23-25, e co comentario dos dous xogadores ” pensei que non acababa nunca” pero é que ningún se deixa levar. Empezou Miguel xogando o partido que xa se preveia igualado e intenso e no que o xogador local quería ganarlle a un Venancio correoso e loitador de todas as bolas que van ao seu lado. Así con moita seguridade nos golpes e esperando a oportunidade para enviar a bola lonxe do contrario foi como Miguel conseguiu levarse o partido. Puntos moi longos nos que a concentración foi determinante. Logo Raúl entrou moi concentrado no seu partido contra Carlos e ao querer acabar demasiado pronto os puntos escapouselle o primeiro set, no segundo, que recordaremos moito tempo, pois un 23-25 non é habitual nos sets a 11 puntos, houbo alternativas suficientes para que calquera o gañase e como foi para Carlos despois Raúl non encontrou o modo de igualar o partido. Logo Roi impuxose facilmente ao xoven Berto e no dobre volveron os de Zas a facer coma na xornada anterior, gañar o primeiro set aparentemente fácil e no que se via a sua superioridade e un pouquiño que se relaxaron xa estaban 2-1 abaixo, retomaron o xogo no cuarto set e no definitivo non souperon continuar co nivel deles e así quedou o encontro para resolver nos ultimos individuais de Miguel contra Carlos que dominou Miguel sempre desde os primeiros puntos de cada set e por último Roi xogou a un nivel altisimo ante o que Venancio pouco poido facer. 
.
.
.
.
2ª División Galega
AD Zas Cafeteria Talladas-CD Be One Ourense B  4-0
AD Zas Cafeteria Talladas-CD Be One Ourense A  0-4
AD Zas Cafeteria Talladas-Conxo TM  2-4
AD Zas O Pinar-CD Be One Ourense B   4-0
AD Zas O Pinar-CD Be One Ourense A   4-3
AD Zas O Pinar-Conxo  TM  4-0
.
.
O encontro estelar desta concentración foi o xogado entre AD Zas O Pinar e Be One A donde os locais tiñan que resarcirse da derrota ante os Ourensáns como así fixeron pero non coa marxe suficiente para remontar o 4-2 adverso da concentración anterior. Queda este grupo moi igualado nos primeiros postos con 5 equipos en so dous puntos de diferencia. Valoración moi positiva desta fórmula de concentracións donde todos poden falar e intercambiar opinións aparte de ver cmo xogan os demais equipos. E, nesta ocasión tiveron a oportunidade de ver xogar aos lideres de terceira nacional. 
.
.
.
.
1ª División Galega
CTM GAM  – VTM Pinturas Figueiras   4-1
.
.
Notouse a diferencia entre o segundo clasificado, o GAM de Meaño, e o terceiro, o VTM de Vimianzo, desta división pero que non influe moito xa que a pesar  deso os soneirans seguen terceiros. 
.
.
-Fotos e Texto : Stevo Zas