Concello de Cee, (der) – CTM Mos Femenino, (esqu).
.
RESULTADOS
.
3ª División Nacional
AD Zas Ponciano Nieto – CTM Coruña 2-4
Nautalia Viajes – Concello de Mazaricos 3-4
.
1ª División Galega
AD Zas Dimobel Bazar Baio – Finisterre Sphera 0-7
Oroso Rios Sangiao – VTM Pinturas Figueiras 3-4
.
2ª División Galega
AD Zas O PInar – Vilagarcía TM 1-6
.
1ª División Nacional Femenina
AD Zas Cafeteria Talladas – Ribadumia TM 3-4
AD Zas Cafeteria Talladas – Oroso Abanca 0-6
AD Zas Cafeteria Talladas – Monte Porreiro Confiteria Capri 3-4
.
2ª División Nacional Femenina
Concello de Cee – Monte Porreiro Promesas A 0-3
Concello de Cee – Monte Porreiro Promesas B 0-3
Concello de Cee – CTM Mos Femenino 0-3
SD A Baña – Monte Porreiro Promesas A 1-3
SD A Baña – Monte Porreiro Promesas B 3-0
SD A Baña – CTM Mos Femenino 3-0
.
.
AD Zas Ponciano Nieto, (3 esq) – CTM Coruña, (3 der).
.
.
CRÓNICA
.
So dúas victorias na categoria masculina e outras dúas en femenina, neste caso da SD A Baña que entrena Miguel Rey e por eso se inclúen dentro da comarca a pesares de que xeográficamente pertencen a outra comarca.
.
En canto a masculina sigue o VTM Pinturas Figueiras facendo historia pois cada vez segue máis afianzado arriba no grupo. Decíase ao primeiro que podía ter dificultades para manterse e pouco a pouco foi gañando partidos, e agora xa se converteu nun dos equipos fortes do seu grupo da liga de 1ª División Galega. Teñen moito mérito todos os xogadores tanto Julio Figueiras, coma Brais Touriñan, gañando partidos, coma Paco Paz dirixindo, ou Nico Paz coa súa alegría constante. En canto xoguen o partido aprazado contra Grumico, que éo colista, quedarán en solitario en segunda posición do grupo.
.
Dos equipos do AD Zas solo conseguÍu a vitoria o Concello de Mazaricos, e con moitos apuros, en Narón ante o un Nautalia que puxo na súa formación a un internacional venezolano, (paraolimpico), que ven para prepararse para as olimpiadas de Tokio, e que incluso lle gañou a Miguel Rey, 3-1, convertindo a Álex Blanco no verdadeiro artífice da vitoria, ao gañar todos os partidos en que participou, os dous individuais e o dobre. Álex tivo a templanza que lle faltou outras veces para impoñerse a José Yañez en 5 sets e por un apretado 11-9 no derradeiro. Tivo antes a oportunidade Javi Rodríguez con duas bolas para gañar o seu partido, pero non foi capaz de manter ese serenidade necesaria. Consigue así unha vitoria moi necesaria o Concello de Mazaricos ante un rival direto na loita por evitar o descenso. Quédalle moito traballo ainda a Miguel Rey para acadar o obxectivo de afianzar aos xogadores e ao equipo nesta liga de 3ª División Nacional.
.
.
-Foto e Texto : Stevo Zas
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.