AD Zas Cafetería Talladas-Avilés, (esq-der).
.
Resultados
.
1ª nacional femenina
Luarca Tenis de Mesa – AD Zas Cafeteria Talladas 4-2
Corverastur TM – AD Zas Cafeteria Talladas 4-3
Avilés TM – AD Zas Cafeteria Talladas 5-1
.
3ª nacional masculina
.
Breogán Oleiros Kalamardos – AD Zas Ponciano Nieto 4-1
Dez Portas Mascovet – Concello Mazaricos 4-1
.
1ª división galega
.
Finisterre Deseñarte – AD Zas Dimobel Bazar Baio 7-0
Oroso Peluqueria Tije – VTM Pinturas Figueiras 2-5
.
2ª división galega
.
Oroso Trastes – AD Zas O Pinar 1-6
.
Solo dúas victorias dun total de oito encontros non é un bo balance para o tenis de mesa costeiro, pero bo é ter algunha que poda animar ao resto. E desta vez as chicas de primeira femenina non foron capaces de sacar ningún resultado positivo como ven sendo costume nelas. Segue a súa marcha positiva o VTM Pinturas Figueiras que a partires de agora xa o terán mais en conta. A outra victoria foi do AD Zas O Pinar e dentro dela a primeira victoria de Iván Pardiñas. En terceira nacional pouco poideron facer os equipos AD Zas Ponciano Nieto e Concello de Mazaricos en Oleiros e Lugo respectivamente. O Concello de Mazaricos nota moito a baixa de Miguel pero para o AD Zas Ponciano Nieto pouco variaria se poidese contar con Stevo.
.
Resultados parciais
.
1ª nacional femenina
.
Luarca Tenis de Mesa – AD Zas Cafeteria Talladas 4-2
Verónica Rego – Miriam Dominguez 0-3
Elena Fernandez – Laura García 3-1
Laura Pruneda – Ana García 3-2
Elena Fernandez – Miriam Domínguez 2-3
Verónica Rego Ana García 3-1
Laura Pruneda – Laura García 3-2
.
Corverastur TM – AD Zas Cafeteria Talladas 4-3
Adriana Belver – Miriam Dominguez 2-3
María Lozano – Lara Romero 3-0
Clara Sanchez – Laura García 2-3
Adriana Belver – Lara Romero 3-0
Clara Sanchez – Miriam Dominguez 0-3
María Lozano – Laura García 3-1
Dobre(Clara/María) – (Miriam/Laura) 3-2
.
Avilés TM – AD Zas Cafeteria Talladas 5-1
Carla Sanchez – Laura García 3-0
Carmen Calle – Miriam Dominguez 3-0
Sofia Castrillón – Lar Roemro 3-0
Carla Sanchez – Miiriam Dominguez 2-3
Sofia Castrillón – Laura García 3-2
Carmen Calle – Lara Romero 3-0
.
Nesta concentración non houbo tan bo xogo nin acompañou nada a fortuna en puntos decisivos, pero con eso solo o equipo de Avilés foi superior ao AD Zas Cafeteria Talladas pois nin as de Luarca nin as de Corvera foron supoeriores as zasences. Contra Luarca as irmáns Laura e Ana dispuxeron de puntos para gañar os seus partidos e contra Corvera no dobre ian dominando por 2-0 e no terceiro set viñeronse abaixo e xa non foron capaces de levantar o animo nin o resultado. O lado positido estivo no regreso a competición de Ana García despois de dous meses de baixa. Esperemos que para a próxima estean todas en excelentes condicións e volvan a dar as alegrias de sempre.
.
3ª nacional masculina
.
Breogán Oleiros – AD Zas Ponciano Nieto 4-1
Santi Vecino – Brais Blanco 2-3
Alberto Doval – Raul López 3-0
Bernardo Viqueira – Matteo Yang 3-0
Dobre (Santi/Alberto) – (Raúl/Brais) 3-0
Alberto Doval – Brais Blanco 3-1
.
Con Brais Blanco convalecente dunha gastroenteritis e coa baixa de Stevo pouca resistencia fixeron os zasences en Oleiros ante un rival a priori xa superior. Vai acabar mais abaixo do das previsións na clasificación o AD ZAs Ponciano Nieto nesta primeira volta, esperemos que na segunda melloren ou polo menos gañando partidos aos rivais asequibles..
.
Dez Portas- Concello Mazaricos 4-1
Alvaro Sanchez – Alex Blanco 2-3
Oscar Espinosa – José A. Lado 3-1
Xabi Carricoba – David Vilariño 3-1
Dobre (Alvaro/Xavi) – (Alex/José) 3-1
Alvaro Sanchez – José A. Lado 3-0
.
Nota moito a baixa de MIguel Rey o Cancello de Mazaricos e a pesares de que lle poñen moito ánimo frente a rivais coma o Dez Portas necesitase algo mais. Vai madurando pero moi lentamente os xogadores mazaricanos que esperan ter mellores resultados na segunda volta.
.
1ª división galega
.
Finisterre Desenarte – AD Zas Dimobel Bazar Baio 7-0
Carlos Placer – J: M: Castro 3-0
David Canedo – José A. Pazos 3-1
Antonio Sanjurjo – Victor Méndez 3-0
Dobre(Carlos/Miguel) – (Pazos/Castro) 3-2
Carlos Placer – José A. Pazos 3-1
Antonio Sanjurjo – M.J: Castro 3-1
David Canedo – Victor Mendez 3-0
.
Oroso Peluqueria Tije – VTM Pinturas Figueiras 2-5
J. M. Ratón – Julio Figueiras 2-3
Julio Pampín – Nico Paz 3-0
Victor Valcarce – Brais Touriñan 1-3
Dobre (Julio/Ratón) – (Nico/Julio) 2-3
J.M. Ratón – Nico Paz 3-0
Victor Valcarce – Julio Figueiras 0-3
Julio Pampín – Brais Touriñan 1-3
.
Os de D Zas Dimobel Bazar Baio foron barridos literalmente da mesa en A Coruña, so puxeron algo de resistencia no dobre, nun encontro sin historia algunha e pensando mais na xornada de tarde que nos propios partidos de liga. Castro, Pazos e Victor teñenlle gañado algunha vez aos coruñeses pero ultimamente estes colleronlles a medida e superannos sempre. Outro asunto é os de VTM Pinturas Figueiras que non acusaron a baixa de Paco Paz (que se recupere da lumbalxia, inda que so sexa para animar) e superaron claramente aos de Oroso Peluquería Tije e continuan na parte alta da táboa sen baixar desa terceira posición e a espera de que fallen algo os de mais arriba.
.
2ª división galega
.
Oroso Trastes – AD Zas O Pinar 1-6
Adrian Levoso – Sasha Malov 3-1
Manuel Barreira – Nicolas Otero 3-0
Ivan Pardiñas – Rui Pérez 3-0
Dobre(Adrián/Manuel) – (Nico/Sasha) 3-0
Adrián Levoso – Nico Otero 3-0
Iván Pardiñas – Sasha Malov 0-3
Manuel Barreira – Rui Pérez 3-0
.
Cambiouse este partido para o domingo pola maña e o madrugón foi o unico inconvinte que tiveron os de AD Zas O PInar para superar aos de Oroso Trastes que xoga con rapaces moi novos. co cal ospartidos non tiveron outra historia mais que cumprir o trámite e despois animar as chicas da concentración femenina.
.

Luarca-Cafetería Tallada, (eq-der).
.
Próxima xornada (última do ano)
.
3ª nacional
sábado 21 as 17 horas
AD Zas Ponciano Nieto – TM Ribadeo A, en Zas
Arteal Ventanas – Concello de Mazaricos en San Lázaro, Santiago
.
1ª división galega
EMALCSA GRUMICO “A” – VTM Pinturas Figueiras, sábado 21 as 17 h en A Coruña
AD Zas Dimobel Bazar Baio – Arteal, domingo 22 as 11h en Zas
.
Xoves 26 de decembro
concentración escolar en Noia pola maña de 10 a 13’00 h e pola tarde torneo social do Liceo de Noia.
.
Nas fotos solo as fixeron as da concentración femenina, e nunha delas incluso xa non estaba Laura García pois marchara comer para estar pola tarde a tempo na liga Malov.
.
-Foto e Texto : Stevo Zas
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.