CRÓNICAS E RESULTADOS DO TENIS DE MESA CON EQUIPOS DA COSTA E PREVIA VINDEIRA XORNADA

MJ Castro e Julio Figueiras xogando.

 

Resultados

3ª división nacional

AD Zas Ponciano Nieto – Concello de Mazaricos   4-1
.
1ª división galega  
AD Zas Dimobel Bazar Baio – VTM Pinturas Figueiras  4-3
.
.
Os dous equipos de Zas levaronse a victoria contra os veciños de Mazaricos e Vimianzo. Os xogadores coñecense moi ben e eso dou que nos dous enfrentamentos os partidos fosen moi igualados cos puntos disputados e largos, pero a maioria dos sets caeron do lado dos de Zas. Salvo claro esta dos partidos disputados por Miguel Rey, ao que recurriu AD Zas Dimobel Bazar Baio para superar ao VTM Pinturas Figueiras de Vimianzo, Destacar neste encontro o partido disputado por José Antonio Pazos e Francisco Paz donde a victoria de calquera deles dabaa tamén ao seu equipo, aquí os nervios traicionaron mais a Paco e así José Antonio levouse o partido e engadido a victoria para o seu equipo. En 3ª nacional destacar a Brais Blanco e que lle costou superar a Alex Blanco pero logo non tivo problemas para superar a Javi Rodríguez. Salientar o retorno de Ángel García que non gañou o seu individual pero si acompañou moi ben a Brais no dobre. E o partido clave deste encontro foi o de Raúl López contra David Vilariño (levanse enfrentando dende que son benxamíns, hai xa 8 anos) e que desta vez Raúl fixo valer os entrenos do verán para superar a David en tres sets. Explicar que en 3ª nacional o enfrentamento remata cando un equipo gaña 4 partidos e nas ligas galegas xoganse os 7 partidos.
.
.
Resultados parciais
.
.
AD Zas Ponciano Nieto – Concello de Mazaricos    4-1
.
Ángel Garcñia -.Javi Rodríguez    0-3
Brais Blanco  –   Alex Blanco         3-1
Raúl López – David Vilariño           3-0
Dobre (Brais/Ángel) – )Javi/Alex)   3-2
Brais Blanco –  Javi Rodríguez      3-0
.
.
.
AD Zas Dimobel Bazar Baio – VTM Pinturas Figueiras  4-3
.
José Antonio Pazos – Brais Touriñan    1-3
Miguel Rey Julio Figueiras                    3-0
M. J. Castro – Paco Paz                        0-3
Dobre (Migue/Víctor) – (Nico/Julio)       3-1
Miguel Rey – Brais Touriñan                 3-0
José Antonio Pazos- Paco Paz            3-1
M. J. Castro – Julio Figueiras               1-3
.
.
Encontros do próximo sábado 5 de outubro.
.
No pavillón de Vite, Santiago de Compostela, as 16’30.
.
3ª división nacional
Conxo Ponte de Ferro  – AD Zas Ponciano Nieto
.
1ª división galega
Zoolandia Conxo – AD Zas Dimobel Bazar Baio

-Texto e Fotos : Stevo Zas para piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es