CRÓNICAS E MOITO MÁS DA 15ª XDA DA LIGA DA COSTA : “CAMARIÑAS E XALLAS OS MÁIS BENEFICIADOS POR ARRIBA”.

O Monte Louro caía inesperadamente en Coristqnco.

 

Comezou a segunda volta e nesta os máis beneficiados por arriba foron o lider, Camariñas, e o segundo, Xallas, que abren fenda co resto de perseguidores pois o terceiro, Monte Louro, caía ante o Coristanco, e o cuarto, Soneira, non pasaba do empate ante o Corcubión e o Baio caía co Xallas, no encontro da xornada, e o Porteño caía ante o Corme.

Por abaixo, Cee e Lira afúndense e os máis beneficiados da xornada foron o Cabana, Coristanco e Outes que cas suas vitorias abren maior fenda nuns casos e apretan a loita por evitar o descenso, noutros. 

Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

GOLEADORES

O podio dos goleadores da competición sigue encabezado por Djibril, (Camariñas FC), con 17 goles, (6 de  penalti), seguido por Martín “MC”, (CD Baio), con 13, (3 p), igual ca os de César Lojo, (UD Corcubión), que foi o único que marcou nesta xornada dos 3 e ten 15 dianas, todas elas de xogada. Completa o podio Alberto Álvarez, 8SD Soneira) con 10 goles, (4 pen.), en 15 xogos.

 

LIGA DA COSTA

-16ª Xornada-

-19/01/2025-

Outes FC 5-0 CF Lira

CD Muros 2-2 CF Mazaricos

Cabana SD 4-2 Ponteceso SD

Corme CF 3-1 CF Porteño

Camariñas FC 2-0 UC Cee

SD Cosruistanco 2-1 UD Monte Louro

UD Corcubión 4-4 Soneira SD

CD Baio 0-1 Xallas FC

 

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-CRÓNICAS-

 

Outes CF 5-0 CF Lira

Goles : 1-0, Adrián, (25´); 2-0, Sergio, (42´); 3-0, Manuel Cartamil, (44´en propia porta); 5-0, Kevin Lariño, (63´).

Incidencias : O colexiado, Anel Fernández expulsou con dobre cartón, (35´e 64´), ao visitante Raúl Lado.

 

CD Muros 2-2 CDF Mazaricos

Goles : 0-1, Marcos, (17´); 0-2, Adrián, (39´); 1-2, Xabi, (54´); 2-2, Javier, (87´).

 

Cabana SD 4-2 Ponteceso SD

Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte na que o Ponteceso estivo mellor, adiantáronse no marcador e tiveron o 2-0 nunha boa xogada de Puente pero o balón estrelariase no poste. Nós apenas chegamos a inquietar a portería defendida por Dario.

Na segunda parte, salimos mellor e logramos empatar cun gol de Moreno de penalti cometido sobre él mesmo, A partires de aí dominio total noso co segundo gol de Manuel rematando un centro de Simón, nunha moi boa xogada colectiva desde atrás. Chegaría o terceiro nunha boa xogada tamén culminada por Castro, e o cuarto na xogada da tarde, unha excepcional xogada individual de Simón que se desfixo de 3 rivais e definiu ben ante Darío. Ademáis dos goles Ferreiro remataría un córner o poste e anularíannos duas dianas máis a Fernando e a Simón.

O Ponteceso recurtou distancias co segundo penalti pitado o seu favor, o primeiro parouno moi ben Manu Nantón ,que fixo un excepcional partido sacando tamén 2 balóns moi difíciles a tiros de Mendieta e Puente. Tres puntos importantes para comenzar ben a segunda volta….Xogamos con : Manu, Noé, David, Ferreiro, (Leis), Aarón, Fernando, Hugo, (Castro), Moreno, (Roi), Simón, Migueliño, e Manuel, (Pablo).

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Creo que a primeira parte foi nosa.Tivemos varias oportunidades e conseguimos poñernos por diante e incluso aumenta-la conta. Na segunda parte hasta o empate estivemos ben pero a partires do 1-1 eles foron mellores.

Sentenciaron o partido cousa que nós non fixemos. Puidemos recortar distancias antes con un penalti que erramos pero tampouco é excusa. Tivemos un tramo de partido pésimo e eles estiveron resolutivos. Darlle a noraboa e seguir“. 

Goles : 0-1, Abel, (31´); 1-1, Diego, (52´ de penalti); 2-1, Manuel Romero, (55´); 3-1, Castro, (66´); 4-1, Simón, (77´); 4-2, Abel, (86´ de penalti).

 

Corme CF 3-1 CF Porteño

Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Complicado encontro dado que estivemos moi mal atrás e eles tiráronnos 3 tiros e os 3 para adentro. Nós tivemos unha de Martín, unha de Ibra, e unha de Alfredo pero nada. Na segunda no 46 Pejo só co porteiro saca baixo paus, mandando a corner. No saque de curruncho Iván manda o pau, e non quería entrar. Tivemos varias o casións de Ibra, Yuyo, Brais, Darío, e nunha contra chegaba o terceiro deles. Seguimos empuxando e chegou o 3-1, pero a pesares de ter ocasións, o fútbol fopi noso e os goles do corner. Estivemos mal nas áreas”.

Goles : 1-0, Lucas, (6´); 2-0, Wenceslao, (28´); 3-0, Wenceslao, (53´); 3-1, Rodrigo, (72´).

 

O Camariñas sumou de 3 para seguir no máis alto.

 

Camariñas FC 2-0 UC Cee

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido para nós importante para curtar esa racha que levábamos dous encontros sen acadar a vitoria e a verdade é que a cousa foi ben desde o primeiro minuto, sabíamos que ainda que o Cee sexa o colista había que ser dominadores e así foi, o equipo saeu moi ben e dominando o partido de principio a fina. Bo partido ante un equipo plagado de xuvenís e xente nova, pero por non dábamos matado o encontro. Na segunda a mesma tónica, e ca incertidume de non marcar o segundo a pesares das ocasións, cando este chegou xa deu máis tranquilidade, e nada 3 puntos e a seguir traballando e  pensando no seguinte partido”.

Goles : 0-1, Roi Carril, (21´ de penalti); 2-0, Gora, (83´).

 

 

SD Coristanco 2-1 UD Monte Louro

Comentario cedido polo FaceBook UD Monte Louro : “Partido no que non tivemos o mellor día tanto no individual coma no colectivo.Na primeira metade de inicio saímos ben e pronto chegou o gol de Iker Lado Sande nunha gran acción de Álvaro Farinós Cruz. Tiñamos controlada a primeira parte ata que un erro noso fixo que o rival empatase. Despóis pedimos un claro penalti sobre Riqui que o árbitro non quixo dar/

Na segunda metade fixemos unha moi mala segunda parte con moitos erros e imprecisións. E noutro erro noso eles fixeron o 2-1 definitivo. Tentámolo ata o final e non fomos capaces de empatar. Toca levantarse e domingo xogamos na casa e temos que tentar seguir na boa liña. Queremos agradecer o apoio d@s nos@s afecciond@s que se desprazaron ata Coristanco…Vamos Louro!!!”.

.

Goles : 0-1, Iker, (7´); 1-1, Dani Castiñeiras, (19´); 2-1, Jonathan, (63´).

 

UD Corcubión 4-4 Soneira SD

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Partido tolo donde os haxa, partido moi disputado con un Corcubión que empezou moi dubitativo e no minuto 3 adiantaríase o Soneira, con unha boa xogada, a partires de aí moi superior o Corcubión, con moitas ocasións e moi claras, e con tres balóns o longueiro, sobre todo en corners e saques de banda, ata que no minuto 45 empatiríamos por medio de Iago Lema cun testarazo a saida dun saque de curruncho.

Na segunda outro tanto do mesmos, o Corcubión creando ocasións e o Soneira a contra creando perigo. Adiataríamonos de novo de corner tras un rexeite no que marcaba Mario. Seguíamos creando perigo pero eles conseguían remontar, (2-3), en duas contras. Os nosos non se viñeron abaixo e empatábamos noutro corner por medio de Rama, pero voltábase a poñer por diante o Soneira nunha boa xogada. Na seguinte xogada César Lojo voltaba a poñer as táboas no marcador cun golazo de testa para ó 4-4 definitivo, e ainda tivo Rama de chilena unha boa ocasións que paraba o porteiro. Bo partido para afición, e non tanto para os adestradores. Desexarlle sorte o Soneira“.

Goles : 0-1, Javier, (3´); 1-1, Iago Lema, (44´); 2-1, Mario, (54´); 2-2, Alberto (60´); 2-3, Alberto, (63´ de penalti); 3-3, Rama, (71´); 3-4, Bieito, (73´); 4-4, César Lojo, (75).

 

CD Baio 0-1 Xallas FC

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido moi difícli no Platas Reinoso no cal era para nós moi importante comezar ben o ano e saeu todo a pedir de boca, resultado posiytivo, 3 puntiños que nos levamos para Santa Comba nun choque moi complicado. Saimos ca aliñación habitual pero cun plantexamento máis defensivo, cun posicionamento máis fraccionado deixando o punta un tanto descolgado e dependendo do transcurrir do partido ir movendo pezas en labores defensivas ou ofensivas.

No encontro da primeira volta o Baio conseguía facernos superioridade nas bandas pero a verdade e que tacticamente estivemos moi ben. Na primeira metade creo que fomos superiores e incluso puidemos ter acadado algún gol, dadas as ocasións e algunhas claras pero non estivemos ben a hora de tomar as decisións de cara a gol. 

Na segunda metade non modificamos practicamente nada, o Baio fixo dous trocos o que fixo que estivesen mellor na saida do encontro. A nosa idea eran contras rápidas, pero eles non xeraron perigo na nosa porta. O gol chegou por parte de Berto no lanzamento dunha falta, ten un guante no pé. Foi un partido que nos creou moito desgaste e logo o Baio si que nolo fixo pasar máis. Melloramos co paso dos minutos e con tarefas defensivas moi boas. Vitoria importantísima cos resultados que houbo, seguimos a 3 do lider pero abrimos fenda co resto”. 

Goles : 0-1, Adrián López, (68´).

 

-CLASIFICACIÓN-

-16ª Xornada-

 Camariñas CF : 39 puntos

  Xallas FC : 36 puntos

 UD Monte Louro : 31 puntos

 SD Soneira : 29 puntos

5º CD Baio : 27 puntos

 CF Porteño : 25 puntos

 Corme CF : 23 puntos

 Ponteceso SD : 22 puntos

 Cabana SD : 20 puntos

10º Outes FC : 19 puntos

11º CF Mazaricos : 18 puntos

12º UD Corcubión : 18 puntos

13º CD Muros : 17 puntos

14º SD Coristanco : 17 puntos

15º CF Lira : 11 puntos

16º UC Cee : 5 puntos

 

-PREVIA-

-17ª Xornada-

-26/01/2025-

Xallas FC-Outes FC, ás 17:30 horas

CF Lira-CD Muros, ás — horas

CF Mazaricos-Cabana SD, ás — horas

Ponteceso SD-Corme CF, ás 18:15 horas

CF Porteño-Camariñas FC, ás — horas

UC Cee-SD Coristanco, ás — horas

UD Monte Louro-UD Corcubión, ás 12:00 horas

Soneira SD-CD Baio, ás 18:00 horas

 

Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Fotos Monte Louro : Edu Olveira

-Foto Camariñas : Dulce Corcu

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies