2ª GALEGA FEMININA G1
13ª Xornada
14/12/2025
UC Cee – SCDR Esteirana, 27/12 ás 17:00
SD San Lázaro 1-2 SCD Milagrosa
AD Nicrariense 0-0 CF Dumbría
SDC Órdenes 1-1 Cultural Maniños
Eirís SD 3-0 Orillamar SD
Victoria CF “C” 0-3 SD Tordoia
CF Corme 0-1 Unión Campestre
Brexo Lema SD 0-4 CF Muxía
Descansou : Bergantiños FC “B”
AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…
As crónicas están abertas e segundo nos cheguen máis comentarios dos colaboradores iremos subíndoas o respectivo encontro.
CRÓNICA XERAL
Xornada atípica no fútbol feminino da costa, marcada polo adiamento do derbi UC Cee-SCDR Esteirana, que queda fixado para o 27 de Nadal, e cun Bergantiños FC “B” que tivo xornada de descanso. Aínda así, o balón rodou noutros campos e deixou resultados importantes tanto na parte alta como na loita pola permanencia.
O SD Tordoia segue intratable tras golear ao Victoria “C”, mentres que o CF Muxía non fallou en Brexo Lema e mantén a presión sobre o liderado. Na zona media, empate sen goles entre Nicrariense e Dumbría, con moito máis fútbol que marcador, e derrota do Corme nun encontro no que as de Rubén Souto fixeron méritos dabondo para sumar.
Crónicas dos equipos da costa
AD Nicrariense 0-0 CF Dumbría
Partido serio e trabado nun campo pequeno, no que o Dumbría levou o peso do xogo pero non foi quen de bater a orde defensiva local. As ocasións existiron, incluso moi claras, pero a falta de acerto e as présas nos minutos finais impediron que as de Santi Cubelo sumasen os tres puntos.
Goles: 0-0
Santi Cubelo (adestrador do CF Dumbría):
“Saída complicada, nun campo no que non nos gustan os espazos reducidos contra un equipo moi ben ordenadiño que non nos permitiu demasiado. Aínda así fomos capaces de xerar xogadas de gol, algunhas moi claras, pero estivemos faltas de efectividade. Canto máis tempo pasaba, máis nos entraban as présas e máis cómodas estaban as locais, tendo incluso unha clara para adiantarse antes do descanso, que para moi ben Lucía. Xusto antes do descanso, nunha moi boa combinación, cáelle o balón na frontal a Paula, que non consegue materializar.
Na segunda, máis do mesmo. Un pouco condicionadas, termina Liss xogando de dianteira e tivo incluso un par claras, co equipo volcado buscando o gol que nos dera a vitoria, pero as présas, as imprecisións e o moi bo facer defensivo do Nicrariense facían imposible que nos adiantásemos no marcador.
Un puntiño que sabe… moi bo partido, con moitas cousas por pulir.”
CF Corme 0-1 Unión Campestre
Derrota inxusta para un Corme que foi superior durante boa parte do encontro. Presión alta, dominio territorial e ocasións dabondo, incluído un penalti errado, pero o fútbol volveu ser cruel. Un gol desde longa distancia decidiu un partido no que as locais fixeron todo menos marcar.
Goles: 0-1, Ainhoa, (40´)
Rubén Souto (adestrador do CF Corme):
“Sei que vai soar raro, pero a pesar da derrota saín moi contento co meu equipo, recoñecible durante os 90 minutos de xogo, cunha presión alta efectiva, competindo e gañando duelos, xogando en campo rival practicamente todo o partido e sen deixar de intentalo.
A única pega é a falta de eficacia de cara a gol que estamos arrastrando; quizais é o punto negativo no que teremos que seguir traballando. Na primeira parte temos un man a man que non materializamos e despois erramos un penalti, que nun partido tan controlado a nivel defensivo creo que serían suficientes para levar os tres puntos.
Houbo tamén dúas accións arbitrais na primeira parte que nos prexudican claramente: outro penalti non sinalado a Claudia cando se dispoñía a finalizar no punto de penalti, e outro man a man de Claudia que nos anulan por fóra de xogo que non era, ambas accións recoñecidas polas propias rivais.
Gustaríame destacar o nivel defensivo da nosa liña de atrás e das nosas capitás no medio centro, que fixeron un auténtico partidazo. O rival só puido marcar cun gol dunha falta desde 40 metros que nos sorprendeu a todas.
Perder sempre vai doer, e máis cando es así de superior, pero este é o camiño. Seguimos, equipo!”
Brexo Lema SD 0-4 CF Muxía
Partido moi serio das muxiás, que deixaron o encontro sentenciado xa na primeira metade con dous goles de Eva Lema e un de Elsi. Dominio, intensidade e pegada para seguir na pelexa polo primeiro posto.
Goles:
0-1, Eva Lema, (5´);
0-2, Eva Lema, (11´);
0-3, Elsi Mouzo, (21´);
0-4, Nerea Barrientos, (80´)
Noe Iglesias (adestradora do CF Muxía):
“Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí…”
UC Cee-SCDR Esteirana
Derbi aprazado. Xogarase o 27 de decembro ás 17:00 no San Paio de Refoxos.
Bergantiños FC “B” : Descansou nesta xornada.
Clasificación
1º SD Tordoia : 33
2º CF Muxía : 31
3º Bergantiños FC “B” : 26
4º SCD Milagrosa : 25
5º CF Corme : 22
6º Victoria CF “C” : 21
7º CF Dumbría : 20
8º UC Cee : 18
9º SD San Lázaro : 18
10º Eirís SD : 17
11º Unión Campestre : 17
12º SCDR Esteirana : 14
13º Brexo Lema SD : 14
14º Cultural Maniños : 8
15º Orillamar SD : 6
16º AD Nicrariense : 5
17º SDC Órdenes : 3
2ª GALEGA FEMININA G1
13ª Xornada
UC Cee – SCDR Esteirana, 27/12 ás 17:00
14ª Xornada
21/12/2025
Bergantiños FC “B” – Victoria CF “C”
SD Tordoia – AD Nicrariense, ás 12:15
CF Muxía – SDC Órdenes, ás 16:00
SCD Milagrosa – CF Corme, ás 16:30
Orillamar SD – UC Cee, ás 18:00
SCDR Esteirana – SD San Lázaro, ás 18:30
Cultural Maniños – Eirís SD, ás 18:30
CF Dumbría – Brexo Lema SD, ás 18:30
Descansou : Unión Campestre
3ª GALEGA FEMININA “A COSTA”
8ª Xornada
Tal como xa vos informmos na previa e na “AXENDA PIRATA” Só se disputaba un encontro nesta fin de semana, o que faltaba da pasada semana da 8ª xornada. O vindeiro Domingo 21/12 xogarase a 9ª xornada da que se adiantou un encontro do que xa vos demos contada información, (Xallas FC “B” 0-3 UD Cerqueda), quedando o resto da xornada fixada para o 21/12.
Soneira SD 4-3 UD Corcubión
Partido tolo, vibrante e cheo de alternativas, cun Soneira que soubo sufrir e golpear no momento xusto para levar tres puntos de ouro ante un rival directo.
Goles:
1-0, Kenny, (1´);
2-0, Carmen, (15´, penalti);
2-1, Sandra, (60´);
3-1, Kelly, (80´);
3-2, Sandra, (83´);
3-3, Andrea Romero, (84´);
4-3, Kenny, (90´)
Jorge Oli (adestrador do Soneira SD):
“Partido correspondente á xornada 8 de liga na que recibiamos a un rival duro como é o Corcubión, sabendo que unha vitoria nos auparía á segunda posición. O partido empezaba da mellor maneira posible, cun gol de Kenny a pase de Kelly no primeiro minuto. Foron os nosos mellores momentos, xa que pasado o cuarto de hora Agra marcaría de penalti cometido sobre Kenny. Protestamos outra pena máxima sobre Candela varios minutos despois que o árbitro non viu clara.
Na segunda parte o Corcubión recurtaría distancias no minuto 60 por medio de Sandra. No último cuarto de hora marcaríamos nós primeiro cun gol de Kelly desde fóra da área e, cando parecía que o partido ía rematar en empate, Kelly colga un balón á área rival que remata Kenny ao fondo da rede. 4-3 final e tres puntos ante un rival directo diante da nosa afección.”
3º GALEGA FEMININA G3 A COSTA
9ª Xornada
21/12/2025
Xallas FC “B“ 0-3 UD Cerqueda, (13/12)
Cabana SD – Ponteceso SD, ás 18:00
UD Corcubión – Outes FC, ás 12:00
EFCC Juan Cabrejo – SD A Baña, ás 12:00
Sporting Zas – ED As Miúdas, ás 12:00
SD Dubra –Soneira SD, ás 18:15
(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana)
Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
.
-Foto Soneira : Jorge Oli
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata





