3ª GALEGA FEMININA G2
-Encontros suspendidos na 7ª xda-
O lider Corme, goleou e ainda é máis lider.
Este pasado Domingo, xogáronse o Sporting Zas 1-3 Corme CF e o SD A Baña 1-6 UD Corcubión da 3ª Galega Feminina G2, choques que foran suspendidos o pasado 24 de Novembro por mor do forte temporal denominado “Brest”, que fixo que se suspenderan practicamente todolos encontros tanto en senior coma na base. Xa se xogaron días atrás varios, tal e como xa vos fomos informando. Trala disputa destes dous tedes a información dos 3 que restan por xogar o final do artigo, co día en que se xogan e os horarios para completar esta 7ª xornada, así como as clasificacións actualizadas e a previa da 9ª xornada que terá lugar esta vindeira fin de semana.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
CRÓNICAS
Sporting Zas 1-3 Corme CF
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido controlado totalmente polo Corme,nos xuntas atrás buscando coller algunha contra e conseguimos nos primeros minutos pero non acertamos. Elas abrían o marcador no 33 pero nos seguíamos igual e na entrada da segunda parte fixemos o empate . Fixemos un traballo defensivo brutal e xa co cansancio encima nosa,elas conseguían marcar novamente nos últimos 10 minutos. Partido disputado e bonito de ver“.
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido malo en xeneral noso, primeiros 15 minutos donde non nos presentamos, ata que o rival nunha contra ten unha ocasión moi clara para poñerse 1-0 e nos despertou, a partir de aí 30 minutos de dominio total, donde o equipo fixo exactamente todo que traballamos e lles pido, pero cun Zas moi repregado que nos facía imposible materializar en gol as ocasións, ainda así tivemos varias e nunha delas chegaría o gol de Carla.
Saimos do descanso con ganas de facelo mellor e cambiar o partido, pero nun regalo en saida de balón, volvemos a conceder un gol que fixo que o Zas se fixera moito mais forte no seu plan de partido, e aí nós perdemos a calma, e con prisas e nervos, desde aí ata o final, xogamos posiblemente os peores minutos da tempada, ata que un gol de Candela nos daría a tranquilidade, e Naroa, acabaría de rematar o partido xa o final.
Encontro para aprender que debemos xogar todos os partidos como si dunha final da Copa da Costa se tratase, e toque de atención para o mister de levar preparado un Plan B por si os rivais deciden copiar o plan de partido do Zas.
Lamentar as lesións musculares de Zeltia e Carla, que creemos que se van quedar en nada, e os detalles positivos do encontro, estreo goleador de Candela e a volta de Natalia os terrenos de xogo.
A seguir traballando para seguir mellorando.
Por último darlle a noraboa o Zas polo seu gran partido, moi competitivas, ordeadas e sin ningunha dúbida puxéronnos en xaque, así que noraboa as rapazas e a Ánxo o mister das zacenses, a seguir así!!!“.
Sportig Zas : Noelia, Tania, Lucía, Sara, Inés, Nerea, Nuria, Andrea, María, Carlota e Lara. Tamén xogaron : Lorena e Isabel.
Corme CF : Lucía, Saskia, Aroa, Lucía, Zeltia, (Candela), Olalla, Ana, (Laura), Natalia, Cris, Naroa, e Carla (Laura).
Goles : 0-1, Carla, (33´); 1-1, Nerea, (52´); 1-2, Candela, (76´); 1-3, Naroa, (88´).
Árbitro : Luis Mourelle. Amonestou polo Zasa a Nerea, (64´) e Lara, (79´), e polo Corme a Ana María, (67´).
SD A Baña 1-6 UD Corcubión
Goles : 0-1, Noa, (3´); 0-2, Andrea, (4´); 0-3, María Castro, (10´); 0-4, Sandra, (11´); 0-5, Alexandra, (17´); 1-5, Xastia, (32´); 1-6, Andrea, (35´).
ENCONTROS QUE FALTAN POR DISPUTAR
7ª XORNADA
Bergantiños B-Cerqueda, 29/12/2024 ás 12:15 horas
Fisterra-Juan Cabrejo, 04/01/2025 ás 17:00 horas
Ponteceso-Muxía, 05/01/2025 ás 16:30 horas
O Corme aumenta a ventaxe cas segundas.
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 24 puntos
2º CF Mazaricos : 19 puntos
3º *Ponteceso SD : 18 puntos
4º *CF Muxía : 16 puntos
5º *EFCC “Juan Cabrejo” : 15 puntos
6º UD Corcubión : 14 puntos
7º *Bergantiños FC B : 12 puntos
8º Cabana SD : 10 puntos
9º Soneira SD : 7 puntos
10º SCD Pastoriza B : 4 puntos
11º Sporting Zas : 4 puntos
12º *UD Cerqueda : 4 puntos
13º *SD Fisterra : 4 puntos
14º SD A Baña : 3 puntos
* Os equipos con asterisco teñen un encontro menos xogado.
-PREVIA-
-9ª Xornada-
(22/11/2024)
Corme CF-Soneira SD, ás 16:30 horas
Sporting Zas-UD Corcubión, ás 16:30 horas
CF Mazaricos–UD Cerqueda, ás 18:30 horas
SD A Baña–EFCC Juan Cabrejo, ás 17:30 horas
Bergantiños CF B–CF Muxía, ás 12:00 horas
SD Fisterra–SCD Pastoriza B, ás 12:00 horas
Cabana SD–Ponteceso SD, ás 12:00 horas
AVISO : Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poremos na Axenda Pirata os oficiais.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Fotos SP Zas-Corme : O clube
-Foto Corme : Fin Lema
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Adestradores