CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS DOUS ENCONTROS QUE SE XOGARON DA 7ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “VITORIAS DO CABANA E MAZARICOS”.

O Cabana acadou unha importante vitoria.

 

Nesta pasada xornada e debido a forte borrasca “Bert” tan só se xogaron 2 encontros da 7ª xornada na 3ª Galega Feminina G2, nun día no que como noutras ligas foron moitos os encontros suspendidos, tal e como xa vos contamos na “Axenda Pirata de resultados”. A borrasca explosiva que nos trouxo ventos por enriba dos 170 Kms/h e fortes chuvias na “virazón”, foi todo un perigo e deberían ser suspendidos tódolos encontros. 

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047.

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-7ª Xornada-

(24/11/2024)

Sporting Zas-Corme CF, Suspendido

CF Mazaricos 5-1 Soneira SD

SD A Baña-UD Corcubión, Suspendido

Bergantiños CF B-UD Cerqueda, Suspendido

SD Fisterra-EFCC Juan Cabrejo, Suspendido

Ponteceso SD-CF Muxía, Suspendido

Cabana SD 5-2 SCD Pastoriza B

 

-CRÓNICAS-

CF Mazaricos 5-1 Soneira SD

Roland Caamaño , (Adestrador do Soneira SD: “

Goles : 1-0, Graciela, (5´); 2-0, Tamara, (36´); 3-0, Fátima, (45´); 3-1, María Villaverde, (56´); 4-1, Graciela, (68´); 5-1, Silvia, (81´).

 

Cabana SD 5-2 SCD Pastoriza B

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD: “Comenzou o Cabana creando ocasions e dominando o partido pero como ven sendo habitual sen acertó a hora de transformar en goles. En cambio foi o Pastoriza quen na sua primera chegada se adiantaba no lanzamento dun córner que se metía en propia meta.

Non baixaron o ritmo as locais e Inma marca o recoller un rexeite. Cáseque a continuación era Adriana quen volvía a marcar e poñia por diante as cabanesas. O Pastoriza estirabase e dispoñía dalgunha chegada con perigo pero era Antía Pazos quen acababa o terceiro po Cabana.

Xa no segundo tempo Adriana de novo antes de sair lesionada poñía o 4-1, e Irene de córner direto facía o 5-1. Recortaba o Pastoriza ata ese 5-2 definitivo nun encontró moi condicionado polo forte ventó nas Redondas”…Xogamos con : Miriam, María (Antia Torres), Sheila, Laura, Begoña (Valeria), Iria (Natalie), Inma, Alejandra ( Aitana), Irene, Antia Pazos, Adriana (Jessie Pose).

Goles : 0-1, Claudia, (21´); 1-1, Inmaculada, (32´); 2-1, Adriana, (35´); 3-1, Antía, (45´+ 1´); 4-1, Adriana, (52´); 5-1, Irene, (57´); 5-2, Andrea, (70´).

 

-CLASIFICACIÓN-

 Corme CF : 18 puntos

*CF Mazaricos : 18 puntos

 Ponteceso SD : 15 puntos

 EFCC “Juan Cabrejo” : 15 puntos

 CF Muxía : 13 puntos 

 UD Corcubión : 10 puntos

*Cabana SD : 10 puntos

 Bergantiños FC B : 9 puntos

*SCD Pastoriza B : 4 puntos

10º Sporting Zas : 4 puntos

11º SD Fisterra : 4 puntos

12º *Soneira SD : 4 puntos

13º SD A Baña : 3 puntos

14º UD Cerqueda : 1 puntos

* Os equipos con asterisco teñen un encontro máis xogado.

 

-PREVIA-

-8ª Xornada-

(01/12/2024)

Corme CF-Cabana SD, ás 16:30 horas

Soneira SD-Sporting Zas, ás 12:00 horas

UD Corcubión-CF Mazaricos, ás 16:00 horas

UD Cerqueda-SD A Baña, ás 19:00 horas

EFCC Juan Cabrejo-Bergantiños CF B, ás 16:15 horas

CF Muxía-SD Fisterra, ás 12:00 horas

SCD Pastoriza B-Ponteceso SD, ás 19:30 horas

AVISO : Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poremos na Axenda Pirata os oficiais.

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.

 

-Foto Cabana : Sporting Zas

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies