CRÓNICAS E MOITO MÁIS DO QUE SE XOGOU NA 11ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G2 : “TAN SÓ O DUMBRÍA XOGOU DOS EQUIPOS COSTEIROS NUNHA XORNADA NA QUE SE SUSPENDEU A METADE DOS CHOQUES”.

Eva Lema fixo 4 goles e xa lidera a clasificación de goleadoras.

 

Nesta pasada xornada e debido a forte borrasca “Bert” tan só se xogou a metade dos encontros da 1ª xornada na 2ª Galega Feminina G1, e comparado con outras ligas foron moitos, tal e como xa vos contamos na “Axenda Pirata de resultados”. Dos 3 representantes que temos nesta liga tan só xogou o seu encontro o CF Dumbría, que ademáis non tiña que paliar co temporal xa que xogou o sábado, nas vésperas da borrasca explosiva que nos trouxo ventod e por enriba dos 170 Kms/h e fortes chuvias na “virazón”. 

Os outros dous equipos costeiros tiñan o derbi na Fontenla, (Santa Comba), onde o Xallas FC, o UC Cee. O equipo xalleiroe xa a semana pasada tampouco xogou por suspensión o haber folga nas nas instalacións “Arsenio Iglesias” na Torre, (A Coruña). No que se refire as gooleadoras da costa, a muxiana de Merexo, Eva lema cos 4 goles que acadou o pasado sábado xa suma 14 tantos en 9 encontros e lidera a clasificación xeral de máximas realizadoras do campionato, seguida de Paula Veiga do UC Cee que ten un gol menos nun encontro máis xogado e completa o podio xeral, Ánxela Prado, xogadora do CD Lugo B con 10 goles en 10 choques. Na táboa xeral a seguinte costeira é Paula Fandiño, (CF Dumbría), con 5 goles en 8 encontros e ocupando a 11ª posición.

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-11ª Xornada-

-24/11/2024-

CF Dumbía 6-0 Orillamar SD

 Silva SD 0-5 SD Tordoia

 PM Friol B 1-1 UDJ Almeiras

 Orzán SD B 1-0 CD Lugo B

Cultural Maniños-Sporting Meicende, Suspendido

Brexo Lema-SCD Pastoriza, Suspendido

 UD Carral-Sporting Burgo, Suspendido

Xallas FCUC Cee, Suspendido

 

CF Dumbría 6-0 Orillamar SD

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :O partido empezaba moi intenso, con dous equipos moi valientes, nos conseguíamos enlazar ben e poder salir da presión rival para atopar ben os espacios para avanzar, seguimos coa dinámica de confianza que nos permite desplegar o xogo que queremos e intentamos seguir mellorando, pasados os 10 primeiro minutos as rivais baixaron un punto o nivel de intensidade e empezaríamos a xerar perigo en casi cada balón que tocabamos e activándonos ben na transición de ataque-defensa o momento xeral do equipo sumado o momento goleador de Eva, a cal esta sempre ca ameaza a portería rival na cabeza, fixo que o partido se nos puxese de cara xa na primeira metade.

A volta do descanso non queríamos sair desenchufadas e ainda que por momentos non estivemos o nivel que demostramos na primeira metade, fomos quen de matar o partido pronto, nese momento o partido xa collería outro ritmo o cal fomos capaces de controlar. As visitantes intentárono ata o derradeiro intre, pero sin o premio do gol”.

Goles : 1-0, Paula Fandiño, (12´de penalti); 2-0Eva Lema, (15´); 3-0, Eva Lema, (24´de penalti); 4-0, Eva Lema, (43´); 5-0, Eva Lema, (51´); 6-0, María Pérez, (65´).

 

-CLASIFICACIÓN-

  SCD Pastoriza : 26 puntos

*Orzán SD B : 26 puntos

*SD Tordoia : 25 puntos

4º UD Carral : 22 puntos

5º **Xallas FC : 20 puntos 

 UC Cee : 17 puntos

*CF Dumbría : 14 puntos

 Sporting Burgo : 17 puntos

 Brexo Lema SD : 16 puntos

10º *CD Lugo B : 12 puntos

11º *UDJ Almeiras : 11 puntos

12º *PM Friol B : 6 puntos

13º **Orillamar SD : 7 puntos

14º *Sporting Meicende : 7 puntos

15º *Cultural Maniños : 5 puntos

16º *Silva SD : 4 puntos

* Os equipos con asterisco teñen un encontro máis xogado.

** Xallas e Orillamar teñen dous menos xogados

 

-PREVIA-

-12ª Xornada-

-01/11/2024-

CF Dumbía-Xallas FC, ás 16:30 horas

 SD Tordoia-Orillamar SD, ás 18:00 horas

 UDJ Almeiras-Silva SD, ás 17:00 horas

 CD Lugo B-PM Friol B, ás 18:30 horas

Sporting Meicende-Orzán SD B, ás 16:15 horas

SCD Pastoriza-Cultural Maniños, ás 16:30 horas

 Sporting Burgo-Brexo Lema, ás 18:45 horas

UC Cee-UD Carralás 19:00 horas

AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. 

 

 

-Foto : FaceBook Veteranos Dumbría

-Texto : Xosé Búa “Pirata/adestradores

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies