CRÓNICAS E MOITO MÁIS DE TODO O QUE SE XOGOU NO FÚTBOL DA COSTA SENIOR MASCULINO, (PRIMEIRA FUTGAL, LIGA DA COSTA E 3ª DA COSTA).

O Muxía B xogou o sábado ante o Malpica.

 

A forte borrasca explosiva que nos tocou sufrir este pasado Domingo fixo que se suspendesen a maioría dos encontros que xogaban os equipos costeiros das tres ligas senior masculinas. Na Primeira Futgal na que temos 6 equipos xogaron a Esteirana, o Castriz e o Fisterra, namentras que o derbi antre o Dumbría e o Muxía, así coma o encontro do San Lorenzo en Bertamiráns, eran suspendidos. desta liga xogáronse outros dous, namentras que había outro par deles que eran suspendidos. Na Liga da Costa tan só se xogaron dous dos oito que se debían disputar, e na 3ª da Costa tan só se xogou un e foi na tarde do sábado, o resto foron suspendidos.  Tamén houbo moitos suspendidos nas 3 ligas femininas nas que temos representación da costa, e os que si xogaron foi os Veteranos da Costa, nos que só se suspendeu un dos 14 choques que compoñen a xornada nas duas ligas. 

A borrasca “Bert” trouxo ventos de ata 157 Kms hora do cadrante sur, para logo a media tarde dar a virazón o cadrante norte e con fortes chuvias. Unhas condicións cas que o máis normal era suspender a xornada para todos e evitar calquer problema tanto nos campos coma nos desprazamentos xa que houbo desprendementos de polas e mobiliario urbano por toda Galicia. 

Aquí vos traemos o que deron os encontros que se xogaron das ligas senior da costa cos goleadores a cronoloxía dos goles e as clasificacións.

 

PRIMEIRA FUTGAL

-12ª Xornada-

-24/11/2024-

SR Calo-Boimorto CF, Suspendido

Vista Alegre SD 2-3 SCDR Esteirana

SD Castriz 0-4 Club do Mar

Bertamiráns FC-San Lorenzo, Suspendido

CF Dumbría-CF Muxía, Suspendido

Praiña Sporting Club-Bastabales UD, Suspendido

UD Carral 3-1 SD Fisterra

SD Agolada 2-1 Vea CF

SD Tordoia 1-0 Vizoño SD

 

CRÓNICAS

SD Castriz 0-4 Club do Mar

Goles : 0-1, Tiago, (35´); 0-2, Hugo, (72´); 0-3, Saúl, (74´); 0-4, Saúl, (descnto final).

 

Vista Alegre SD 2-3 SCDR Esteirana

Goles : 1-0, Carlo, (13´); 1-1, Elís Ruso, (14´); 2-1, Antón García, (24´); 2-2, Antón Olveira, (51´); 2-3. Isma Pedrosa, (65´).

 

UD Carral 3-1 SD Fisterra

Goles : 1-0, Miguel, (10´); 1-1, Bruno, (67´); 2-1, Martín, (71´); 3-1, Jean Pierre, (90´de penalti).

 

-CLASIFICACIÓN-

-Equipos da costa-

Lider : *Club do Mar : 32 puntos

 CF Dumbría : 23 puntos

 CF Muxía : 22 puntos

*SD Castriz : 19 puntos

7º *SD Fisterra : 18 puntos

9º *SCDR Esteirana : 16 puntos

18º SD San Lorenzo : 3 puntos

* Os que teñen asterisco teñen un encontro máis xogado.

 

LIGA DA COSTA

-11ª Xornada-

-24/11/2024-

Camariñas FC-SD Coristanco, Suspendido

Corme CF-UD Corcubión, Suspendido

Cabana SD 1-1 CD Baio

CD Muros-Soneira SD, Suspendido

Outes FC-UD Monte Louro, Suspendido

CF Lira-UC Cee, Suspendido

CF Mazaricos-CF Porteño, Suspendido

Xallas FC 4-1 Ponteceso SD

 

CRÓNICAS

 

Cabana SD 1-1 CD Baio

Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte donde tiñamos o ventó en contra e tocaba defender ben e tentar chegar o mais posible a portería rival, fixemos un traballo enorme a nivel defensivo pero en ataque nn fomos capaces de crear perigo, ainda que o Baio tamn solo tivo unha boa ocasión para adiantarse no marcador ainda que a posesión de balón era deles.

Na segunda e sobre todo a raíz dos cambios pasamos a dominar o partido con 2 ocasións claras nos pes de David que estalrelaria o seu disparo desde 50 metros no largueiro e Simon que tras un pase de Migueliño non rematou Ben diante do porteiro antes do noso gol. Ese gol chegaria nunha moi boa xogada de Simón que centra e Manu remata moi atento na área pequena. 

Despois do gol tivemos os mellores momentos do partido con ocasións claras para Castro e Moreno que remataria con moita calidad un disparo lonxano enstrelandose o balón na cepa do poste. Non soubemos cerrar o partido e nunha boa acción o Baio empataria no 89. De ahí o final foron os nosos peores momentos e incluso pudemos acabar perdendo o partido cunha última ocasión para os baieses”…Nos xogamos con : Manu, Noé, David, Ferreiro, Aarón, Nando, Simón(Mario), Hugo, (Castro), Migueliño, (Miki), Moreno, e Pablo, (Manuel).

Goles : 1-0, Manuel Romero, (63´); 1-1, José Antonio, (89´).

 

Xallas FC 4-1 Ponteceso SD

Goles : 1-0, Rubén Sande, (2´); 2-0, Rubén Sande, (19´); 3-0, Mourelle, (32´); 4-0, Iván, (38´); 4-1, Hadrián, (80´).

Incidencias : O colexiado Pablo Rama, expulsou con vermello direto ao delegado xalleiro, Iván García, (85´).

 

-CLASIFICACIÓN-

-10ª Xornada-

 Camariñas CF : 26 puntos

*CD Baio : 23 puntos

 UD Monte Louro : 22 puntos

 SD Soneira : 19 puntos

 Xallas FC : 18 puntos

 CF Porteño : 15 puntos

*Cabana SD : 14 puntos

 Ponteceso SD : 14 puntos

 Corme CF : 13 puntos

10º SD Coristanco : 11 puntos

11º UD Corcubión : 11 puntos

12º Outes FC : 9 puntos

13º CF Mazaricos : 9 puntos

14º CD Muros : 8 puntos

15º CF Lira : 8 puntos

16º UC Cee : 5 puntos

* Os que teñen asterisco teñen un encontro máis xogado.

 

3ª DA COSTA

-10ª Xornada-

-17/11/2024-

 Sporting Seaia CF-SD Oza, Suspendido

 Atlético Pereiriña FC-CD Nantón, Suspendido

Sporting Zas-SCD Buño, Suspendido

 SD Camelle-SD Laxe, Suspendido

CD Baiñas-Volantes de Baño FC, Suspendido

  SD Sofán BInter de Brens, Suspendido

CF Muxía B 2-6 SCD Malpica

Descansa : UD Cerqueda

 

CRÓNICAS

 

CF Muxía B 2-6 SCD Malpica

Goles : 0-1, Fran Montes, (2´); 2-0, Pablo, (8´); 0-3, Fran Montes, (21´); 0-4, Aday, (26´); 1-4, Eloy Sambad, (49´); 1-5, Aday, (65´); 1-6, Eloy Suárez, (80´); 2-6, Fabián, (85´).

 

-CLASIFICACIÓN-

 **SCD Malpica : 24 puntos

 *SD Sofán B : 25 puntos

Volantes de Buño FC : 21 puntos

4º UD Cerqueda : 21 puntos

 Sporting Zas : 21 puntos

  Atlético Pereiriña FC : 16 puntos

 CD Baiñas : 13 puntos

8º *Sporting Seaia CF : 7 puntos

 SD Camelle : 6 puntos

10º *SD Oza : 8 puntos 

11º *Inter de Brens : 8 puntos

12º *SCD Buño : 7 puntos

13º **CF Muxía B : 7 puntos

14º *CD Nantón : 6 puntos

15º *SD Laxe : 2 puntos

*Asterisco: Os equipos con un asterisco teñen un encontro menos disputado.

**Asterisco: Os equipos con dous asteriscos teñen un encontro máis disputado.

 

PREME NA IMAXE SE QUERES VER O RESTO DO QUE SE XOGOU

 

 

-FotoS e texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies