CRÓNICAS E MOITO MÁIS DAS LIGAS DE FÚTBOL VETERANO DA COSTA, (DIVISIÓN DE HONRA E 1ª GALICIA).

 

DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS

-5ª Xornada-

-20/10/2024-

Cabana SD 1-4 CF Cances

ADCV Ponteceso 1-2 CD Razo

Atlético Carballo SD 2-0 ACD San Ramón

ACD San Román 7-1 SD Coristanco

Soneira Veteranos 3-4 SD San Lorenzo

Sporting Zas 3-4 Veteranos CF Dumbría

CF Mazaricos 0-2 Corme CF

 

O Atletico Carballo sigue imparable.

 

CRÓNICA

Sigue imparable o recén ascendido Atlético Carballo, que derrotaba por 2-0 ao San Ramón, con goles de Iván, (61´) e José Luis, (87´), para sumar a sua quinta vitoria en 5 xornadas. Un pleno para un equipo que xa ten 20 goles a favor e tan só 2 en contra e que sigue coma o pasado ano na 1ª Galicia onde derrotou a todo aquel que se lle puxo por diante, rompendo tódolos ranquings. A derrota do San Ramón fixo que o Veteranos CF Dumbría subise o segundo chanzo da clasificación tras unha agónica vitoria sobre o Sporting Zas nun encontro trepidante no que antes do descanso os dumbrieses chegaron a ir 1-3, pero empataban o choque os zacenses antes de irse a vestiarios. Sergio Cambeiro no 71 facía o 3-4, con tempo abondo para que eso trocase, pero non foi así. Os dumbrieses xogaron cáseque toda a segunda metade cun menos. Cousa parecida fixo o San Lorenzo ante o Veteranos Soneira, xa que os de Berdillo remontaban un 2-1, para gañar finalmente 3-4, neste caso toda a salsa estivo na segunda metade. No duelo de colistas o Cances que estaba con 0 puntos no casilleiro, (por sanción), sumaba de 3 ante o Cabana ao que derrotaba nas Redondas, (2-4). Só quedan os cabaneses por estrear o seu casilleiro de puntos.

 

-CLASIFICACIÓN-

 Atlético Carballo SD : 15 puntos

 Veteranos CF Dumbría : 11 puntos

 SD San Lorenzo : 10 puntos

 ACD San Ramón Veteranos : 10 puntos

 ADCV Ponteceso : 9 puntos

 ACD San Román : 9 puntos

7º Sporting Zas : 9 puntos

 SD Soneira : 6 puntos

 CD Razo : 6 puntos

10º Corme CF : 5 punto

11º CF Mazaricos : 4 puntos

12º CF Cances : 0 puntos

13º SD Coristanco : 1 puntos

14º Cabana SD : 0 puntos 

 

PREVIA

-6ª Xornada-

-27/10/2024-

CF Cances-CF Mazaricos, ás 11:00 horas

CD Razo-Cabana SD, ás 10:00 horas

ACD San Ramón-ADCV Ponteceso, ás ás 10:00 horas

SD Coristanco-Atlético Carballo SD, ás 10:00 horas

Soneira VeteranosACD San Román, 10:00 horas

Veteranos CF Dumbría-SD San Lorenzo, ás 10:00 horas

Corme CF-Sporting Zas, ás 10:00 horas

 

+++++

 

1ª GALICIA VETERANOS DA COSTA

-3ª Xornada-

-20/10/2024-

SD Fisterra Vet. 2-0 SD Oza

SCD Buño 3-2 Deportivo Carballo

Sporting Bértoa 1-1 Soandres CF

SD Castriz 3-1 CV Leiloio

SD Sofán 3-2 CD Nantón

Vet. SCD Malpica 1-1 ADC A Piña

 

CRÓNICA

Só o Castriz, lider en solitario, foi quen de sumar as 3 xornadas que levamos disputadas de 3. Os de San Pedro derrotaban o Veteranos Leiloio por 3-1, nun choque que non se dilucidou de todo ata o tempo de desconto final cando o resultado era de 2-1 e podía pasar calquer cousa, e o que pasou foi que Pablo González facía o 3-1, para evitar a posibilidade de reparto de puntos. Primeiro punto do Soandres que daba a sorpresa ante o Sporting Bértoa, (1-1), ao que este punto lle vale para ser segundo gracias a derrota do Leiloio. Esto fai que se aprete todo por arriba e por debaixo dos de Bértoa ata 3 equipos a 1 punto. Por abaixo o empate do Soandres e a vitoria do Fisterra de Veteranos sobre o Oza, (2-0), fai que só quede o Deportivo Carballo sen puntuar.

 

-CLASIFICACIÓN-

 SD Castriz : 9 puntos

 Sporting Bértoa : 7 puntos

 CV Leiloio : 6 puntos

 SCD Buño : 6 puntos

 SD Sofán : 6 puntos

 ADC A Piña : 4 puntos

7º Veteranos SCD Malpica : 4 puntos

 CD Nantón : 3 puntos

 SD Oza : 3 puntos

10º SD Fisterra Veteranos : 3 puntos

11º Soandres CF : 1 puntos

12º Deportivo Carballo : 0 puntos

 

PREVIA

-4ª Xornada-

-27/10/2024-

SD Oza-Vet. SCD Malpica, ás 09:45 horas

Deportivo Carballo-SD Fisterra Vet., ás 09:45 horas

Soandres CF-SCD Buño, ás 12:00 horas

CV Leiloio-Sporting Bértoa, ás 10:30 horas

CD Nantón-SD Castriz, 10:30 horas

ADC A Piña-SD Sofán, ás 11:00 horas

 

 

-Foto Alético Carballo : FaceBook do clube

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

 

 

 

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies