CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA PREFERENTE NORTE, (23ª Xda) : “VITORIAS DE SOFÁN, FISTERRA E ARTEIXO, DERROTAS DE LARACHA, E XALLAS”.

RESULTADOS

23ª Xornada

(Equipos “Zona Pirata”)

09/02/2020

Atlético Arteixo 1-0 San Tirso SD 

SD Fisterra 4-3 Club Lemos 

Puebla CF 3-0 Xallas FC

SD Sofán 2-1 CF Noia

Ribadeo FC 1-0 Laracha CF 

 

 

CRÓNICAS

Traballada vitoria do Sofán sobre o Noia.

 

 SD SOFÁN 2-1 CF NOIA

Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) :Volveu o espíritu do Carral, e fixoo pola porta grande, levando en volandas o equipo de Alberto Rodriguez para conseguir unha traballada e sobre todo sufrida fronte a un gran equipo como era o Noia e que chegaba o Carral nunha moi boa dinámica de resultados. Empezou o Sofán mandando no marcador pronto, xa que no 2′, e tras unha falta na frontal cometida sobre Raúl, o encargado de executala foi Alexandre poñendo o 1-0 no marcador tras marcar con clase unha falta que supera a barrera e colase na meta defendida por Pajarillo. O Sofán tiña as ideas claras e saiu con unha presión moi alta sobre a defensa visitante e no 9′ e nun roubo de Parafita habilita para Fabián que se planta solo diante de Pajarillo pero o seu tiro desbaratao o meta. Pero cando mellor estaba o Sofán, 2 accións condicionan o partido. A primeira, nunha acción de Raúl dentro da área onde e trabado por Angelo e o árbitro interpreta que simula penalti amósandolle cartón amarelo. E dous minutos mais tarde, e nunha disputa entre Raúl e Rivas o árbitro sinala falta e amosalle o segundo cartón o capi sofanista. Incomprensible, e cando o Sofán tiña o partido ben encamiñado queda con un xogador menos e 1 hora de xogo por diante. Foi tempo de reestructurar o equipo ante un Noia que na primeira metade pisou a área de Brais coa maioria de accións a balón parado.

Con este resultado chegouse o descanso e tralo descanso o Sofán saiu disposto a facer bo o resultado e tirou de casta e de orgullo. Pero foi o Noia o que golpeou, de novo nun corner, e onde tras varios rexeites o balón caelle a Rivas para poñer o empate. Quedaba media hora e o Sofán encargouse de botar o resto. Antes deso, unha boa internada de Anxo no 64′ e remata fora. E cando o equipo local estaba pasando por mais apuros, unha boa arrancada de Alexandre no 65′ que supera a Rendo e tras internarse dentro da área saca un gran tiro ante o que nada pode facer Pajarillo.
2-1 no marcador e delirio no Carral. Volta a configurar o equipo e a seguir remando para facer bo o resultado. O Noia adiantou liñas, acumulou homes na zona de ataque e volcouse en buscar o empate, pero eso tamen lles fixo correr riscos porque nunha pérdida de balón do Noia, o balón sacao Fabián e nunha boa incorporación de Viqueira recibe o balón e volve a plantarse na área, cede o balón o punto de penalti pero nin Quintela nin Matías acertan co remate.
Antes do final o árbitro anulalle un gol a Angelo tras unha falta lateral que cabecea o central o fondo das mallas.
Arreón final do Sofán para cerrar liñas e facerse con 3 puntos moi valiosos e sobre todo, moi sufridos e traballados, e con unha afección que volveu a ser o xogador n°12 no dia de hoxe.

 

 

SD Sofán : Brais, David Castro, Becerra, Gody, Viqueira, Canedo, Juanjo, Fabián, Alexandre, Raúl, e Parafita. Trocos: 61´: Paulo x Juanjo; 72´ : Matías x Fita; 77´: Quintela x Alexandre; 82´: Rubén x David Castro

CF Noia : Alberto, Rendo, Ángelo, Juan, Jacobo, Hugo, Freire, Juan Ángel, Adrián, Máximo e Pablo. Tamén xogaron : Manuel, Canabal e Marcos.

Goles : 1-0, Alexandre, (2´); 1-1, Pablo, (60´); 2-1, Alexandre, (65´).

Árbitro : Asier Manuel Fariña, con Daniel Vilar e Hazma Aboufaris nas bandas.

Incidencias : Encontro xogado no campo “O Carral”, de Sofán, (Carballo), no que foron expulsados  nos locais, con dobre cartón :  Raúl, (25´e 27´), e nos vistantes o adestrador Iván Regueiro, (74´e 90´).

 

 

SD FISTERRA 4-3 CLUB LEMOS

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido de poder a poder. Empezamos a favor de vento dominando o partido e creando perigo a balón parado, corners e saques de banda. O primeiro gol foi de Juan De Dora de cabeza o aproveitar un centro lateral. O segundo de Muros, no minuto 30, dun saque de banda e de tamén cabeza.  Recortou distancias o Lemos nun erro da nosa defensa no 40. Fomos o descando con sabor agridoce por este último gol. Lesionáronse Herbert e Breixo, escordaduras de nocello, máis preocupante o de Breixo. Na segunda parte, un pase maxistral de Jesús rompendo liñas, e Julián bate o porteiro, no minuto 55. O Lemos ahora a favor de vento aprentou moito e ben, recortando distancias, 3-2, dun forte disparo de fora da area. Chegou o 4-2 nunha xogada de Juan de Dora, pero non habia tregua e o Lemos volveu a recortar, (4-3), nunha indecisión nosa nunha contra deles, no minuto 85. Loitamos como leóns contra un rival que me sorprendeu gratamente. Equipo Intenso e con muoita calidade. Preocúpanme tantas lesioóns que levamos acumuladas, a ver si recuperamos xente. Ademáis neste encontro Adrián  “Makaay” tampouco puido participar por un asunto persoal”.

SD Fisterra : Albor, Pablo, Breixo, Aarón López, Herbert, Juan de Dora, Javier, Julián, Aarón Fernández, Andrés e Jesús. Tamén xogaron : Santiago, Daniel Marcote e Daniel Martínez.

Goles : 1-0, Juan de Dora, (21´); 2-0, Aarón Fernández, (27´); 2-1, Sergio, (38´); 3-1, Julián, (60´); 3-2, Adrián, (67´); 4-2, Juan de Dora, (75´); 4-3, Roberto, (86´).

Incidencias : Encontro xogado no “Arasolis” dirixido por Óscar Enriquez con Manuel Paz e Fernando Varela nas bandas e no que houbo que lamentar as lesións dos xogadores da SD Fisterra, Breixo e Herbert que tiveron que abandoar o terreo de xogo nos minutos 39 e 54 respectivamente. Ambos cunha escordadura de nocello. O noso desexo dunha pronta recuperación.

 

 

PUEBLA CF 3-0 XALLAS FC

David González, (Adestrador do Laracha CF) : “Partido igualado en los primeros minutos en los que el Puebla tenía más dominio de balón y ocasiones. En un fallo defensivo tras una contra el Puebla se adelantaba de penalti y el XALLAS otra vez a remolque. A partir de ahí el dominio del Xallas , casi sin ocasiones, con una buena presión no dejó prácticamente realizar ningún contragolpe al contrario. Pasados 20 minutos de la segunda parte, la primera vez que sale el Puebla de su campo lo transforma en gol y, poco después metía el tercero y acababa así el partido”.

Xallas FC : Julián, Jacobo, Santiago, Alberto, Marcos Mouro, Doro, Borja, Loic, Marcos, Pablo e Juan de Celia. Tamén xogaron : Crístian Caamaño, Adrián, Manuel, e Carlos Riero.

Goles : 1-0, Adrián, (19´ de penalti); 2-0, Ibra, (63´); 3-0, Ibra, (64´).

 

 

RIBADEO FC 1-0 LARACHA CF

Héctor Pena, (Adestrador do Laracha CF) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

Laracha CF : Gabriel, Antonio, Álvaro, Alain, Pablo, Diego, Garda, Alejandro, André, Héctor e Pedro. Tamén xogaron : Iago, Diego Pérez, e Oladapo.

Goles : 1-0, Prieto, (73´).

Incidencias : O colexiado José Antonio Varela que estivo asistido nas bandas por Rubén Extremadura e Crístian Pregal, expulsou no desconto ao delegado do Laracha CF, Francisco Javier.

 

 

CLASIFICACIÓN

SD Fisterra : 2º con 45 puntos

Atlético Arteixo : 10º con 33

SD Sofán : 11º con 31

Xallas FC : 18º con 16

Laracha CF : 19 con 15

 

24ª Xornada

(Equipos “Zona Pirata”)

Laracha CF-San Tirso SD : 16/02 ás 17:00 horas

SD Residencia-Atlético Arteixo : 16/02 ás 17:00 horas

Atlético Coruña Montañeros CF-SD Fisterra : 16/02 ás 18:15 horas

Xallas FC-Viveiro CF : 15/02 ás 17:00 horas

CD Foz-SD Sofán : 16/02 ás 17:00 horas

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto : Marco López
-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.