CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA PENÚLTIMA XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O CAMPIÓN E UN POSTO DE PROMOCIÓN POR DECIDIR”.

Estes colaboradores podes visitalos a un “click” na portada da web.

 

RESULTADOS

21ª Xornada

01/03/2020

UD Monte Louro 8–0 SD Ameixenda

CF Castrelo 2–1 Sporting Seaia CF

 SD Camelle 0–0 Outes CF

  UD Corcubión 2–2 SD Laxe

 CD Nantón 4–1 CF Porteño

Descansa : FC Camariñas

 

Camelle ou Seaia na pugna polo posto de promoción en xogo.

 

COMENTARIO

O empate do Outes CF no “Rodeiro” ante o SD Camelle, (0-0), fai que nestes intres e a falla dunha xornada o equipo da Serra ocupe a primeira praza cun punto de ventaxe sobre o FC Camariñas, que lle tocou descansar e que para levantar a copa de campións de liga debe como mínimo empatar o vindeiro sábado 8 de Marzal na sua visita ao CF Castrelo, que a pesares da sua vitoria sobre o Sporting Seaia CF, (2-1) xa non pode chegar a promoción polo punto que fixeron os camelláns, aos que poderían empatar pero co golaveraxe antre ambos perdido. Só queda por saber un posto de promoción e dilucidarase antre camelláns e seaieses. Os de Camelle teñen que gañar na vindeira xornada ante o SD Laxe no “Cabo d´area”, ou facer o que faga o Sporting Seaia CF que recibe na “Pedra queimada” ao UD Monte Louro. Os da parroquia malpicana só lles vale gañar e que non gañen os camelláns para poder entrar na fase de ascenso. Gran parte dos equipos, en especial os da zona norte, tiveron escaseza de xogadores, antre os restos dos efluvios da “Mikaela” de Buño e o derbi de Riazor antre Depor e CD Lugo. A derradeira xornada de liga en principio xogarase o completo o vindeiro sábado 8 de Marzal en horario unificado das 17:00 horas, ainda que podería haber trocos xa que hai encontros nos que non se xoga nada.

 

CRÓNICAS

 

SD Camelle 0-0 Outes CF

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido mo igualado, de moita pelea e balóns diretos, dada a climatoloxía e o estado do terreo de xogo. Poucas ocasións de gol por ambos lados. Nos últimos minutos puido caer para calquer lado. Pero penso que o resultado foi xusto polo visto no campo”.

Miguel da Laracha, (Adestrador do Outes CF) :Derradeiro partido da liga para nós, donde a maior complicación que nos íamos a encontrar era o campo, e que decir, lamentable o estado deste. Unha primeira parte igualada na que o empate creo que era xusto, e unha segunda na que a pesares de como estaba o terreo de xogo, pasamos a dominar e xerar ocasións. Anúlannos un gol legal, 3 balóns os paus, e un par de ocasións sós ante portería que non acertamos a finalizar. O obxetivo do equipo máis ca cumplido co ascenso de categoría“.

Goles : 0-0

Árbitro : Jorge Calvete.

 

 

CD Nantón  4-1 CF Porteño

Rodrigo Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : “Dominamos o partido, pero os goles non chegarían ata o final da primeira metade e mediada da segunda. Fallamos moitas ocasións, ben pola falta de acerto ou polas condicións do campo. Era moi importante esta vitoria, tralo empate do Laxe o sabado, o que, se somos quen de gañar esta semana ao Ameixenda, nos proporciona o factor campo“.

Javi Baña, (Adestrador do CF Porteño) : “Prefiero non comentar nada…só 11 xogadores de 24 fichas…11 personas espléndidas arroupados por unha mellor aficiòn. Do partido nada que decir o 4 -1 xa o di todo…Impotencia”.

Goles : 1-0, Micael, (40´); 2-0, Pablo Fuentes, (66´ de penalti); 3-0, Eloy, (68´); 3-1, Marcos, (75´); 4-1, Pastoriza, (90´).

Árbitro : Manuel Rodríguez.

 

 

SD Ameixenda 8-0 UD Monte Louro

Fernando Domínguez, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Pouca historia neste partido no que, unha vez máis acudimos sin reservas. Así é moi difícil competir mínimamente. Pouco a pouco foron sucedéndose os goles e foron 8 como, lamentablemente poideron ser máis. O máis importante é esperar que a lesión de Geico do Montelouro se quede solo nun esguince xa que en principio tiña mala pinta”.

Juan Purrúa, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Partido sin mucha historia donde mos encotramos con un Ameixenda muy corto de efectivos. Un partido que a pesar del resultado tan abultado los dos equipos se respetaron hasta el final. Volvíamos a dar minutos a todos los jugadores disponibles de cara a la fase de ascenso y hacer algunas probaturas”.

Goles : 1-0, Samuel, (6´); 2-0, David, (9´); 3-0, Pesco, (14´); 4-0, Antonio, (18´); 5-0, David, (33´); 6-0, Iker, (55´ de penalti); 7-0, Pesco, (60´); 8-0, Iker, (85´).

Árbitro : Marco Ricigliano

 

 

CF Castrelo 2-1 Sporting Seaia CF

Sergio “Crejo”, (Adestrador do CF Castrelo) : “Nós tamén tíñamos opcións de chegar, partido tolo, donde houbo moitas ocasións de gol por parte dos dous equipos, donde nos estivemos máis acertados. Poñeríamonos por diante con gol de Capote que se anticipa o porteiro nun balón en longo. Preto do descanso eles conseguiron empatar tralo remate dun corner. A segunda metade empezaría cun “gol fantasma” que o árbitro di que non entrou, pero a xente da cantina confirma que se equivocou e que o balón entrou, a falta de 11 minutos para o tempo de xogo, poñeríamonos por diante con outro gol de Capote, tras unha excelente xogada de Adrián. No gol Capote excedeuse na celebración, e acabou expulsado. Seguiríamos os dous equipos con ocasións ata o final, pero o resultado non se movería”.

Da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido marcado polo tempo, máis por ser o dia despois da Micaela, onde chegamos xustos de efectivos, nun campo marcado polo temporal, onde o tempo impedía que o balón rulara ben polo terreo de xogo encharcado, pouco máis se podía facer que darlle para arriba e aproveitar as xogadas a balón parado. Sería o Castrelo o que se adiantaría no marcador nunha falta. Logo antes de ir o descanso nós empataríamos nun corner con gol de Iván. Xa na segunda metade saimos a polo partido e teríamos 20 minutos nos que dispuxemos de varias ocasións craras, que non fomos capaces de finalizar por pouco, e duas xogadas polemicas, un penalti que o árbitro sacou fora da área, e nesa falta tamén entra dando por dentro da rede da portería, e non nos daría gol tampouco. Logo o Castrelo, nunha contra marcaría, e aí acabouse, pois xa non había forzas para máis”.

Goles : 1-0, Luis Capote, (35´); 1-1, Iván, (43´); 2-1, Luis Capote, (79´).

Árbitro : Iván Vilanova.

Incidencias : Expulsou ao xogador do CF Castrelo, Luis Capote con dobre cartón, (52´e 79´), o segundo pola celebración do gol da vitoria, segundo seu adestrador “excesiva”.

 

UD Corcubión 2-2 SD Laxe

PREME AQUÍ para ver a crónica.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

PICHICHIS

-Brandon, (FC Camariñas) : 17 en 17 encontros

-Josiño, (CD Nantón) : 15, (2 de penalti) en 17 encontros

-José “Pesco”, (UD Monte Louro) : 14, (1 de penalti) en 13 encontros

-Martín, (FC Camariñas) : 12 en 16 encontros

-Iago Lema, (UD Corcubión) : 12, (2 p), en 17

-Juan Martín, (SD Laxe) : 12 en 18

 

PROXIMA XORNADA

22ª Xornada

(Derradeira da liga regular)

08/03/2020

(Horario unificado das 17:00 horas)

Sporting Seaia CF – UD Monte Louro

FC Camariñas – CF Castrelo   

 SD Laxe – SD Camelle  

 CF Porteño – UD Corcubión – 

SD Ameixenda – CD Nantón

Descansa : Outes CF

 

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

Camariñas e Outes xa ascendidos esperan compañeiro de ascenso.

 

-Foto Monte Louro-Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : Adestradores/piratasdemuxia.es

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.