CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA DIVISIÓN DE HONRA, (18ª XDA), E 1ª GALICIA, (16ª XDA), DE VETERANOS DA COSTA.

 

Aquí tes todo o que deu de si a xornada nas duas ligas de Veteranos da Costa federadas, así como as clasificacións e os podios de máximos goleadores e completando a información ca previa da vindeira xornada.

O Atlético Carballo continua lider da División de Honra empatado a puntos co San Ramón segundo clasificado xa que os dous gañaban os seus encontros, pero non sen ter que meterse o mono de raballo e sufrir, pois os carballeses derrotaban o Coristanco por un axustado 4-3, e os laracheses ainda que lle gañaban ao Ponteceso por 0-2, esto chegaba na segunda metade tras na primeira quedar cun menos aos 15 minutos de xogo por expulsión de Javi Alonso, pero ver como se igualaban as forzas pasada a media hora de xogo cando ospontecesáns tamén perdían a un home trala expulsión de Martín Rivera.

Por abaixo o Cabana acada a segunda xornada seguida en positivo e se a semana pasada derrotaba o Cances, desta volta o colista conseguía empatar co Razo, terceiro clasificado, (2-2). Por enriba dos cabaneses, o Corme, Coristanco e Mazaricos caían derrotados, o máis beneficiado o Cances que derrotaba aos mazariquenses nun duelo direto.

 

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS

-18ª Xornada-

-02/02/2025-

CF Mazaricos 1-4 CF Cances  

Cabana SD 2-2 CD Razo

ADCV Ponteceso 0-2 ACD San Ramón

Atlético Carballo SD 4-3 SD Coristanco

ACD San RománVeteranos 3-0 Soneira Veteranos

SD San Lorenzo 0-1 Veteranos CF Dumbría

Sporting Zas 6-1 Corme CF 

 

-CLASIFICACIÓN-

 Atlético Carballo SD : 47 puntos

 ACD San Ramón Veteranos : 47 puntos

Veteranos CF Dumbría : 35 puntos

 CD Razo : 30 puntos

 Sporting Zas : 29 puntos

 ACD San Román : 28 puntos

7º SD San Lorenzo : 24 puntos

 ADCV Ponteceso : 21 puntos

 SD Soneira : 20 puntos

10º CF Cances : 18 puntos

11º CF Mazaricos : 16 puntos

12º SD Coristanco : 15 puntos

13º Corme CF : 14 puntos

14º Cabana SD : 8 puntos

 

PODIO GOLEADORES

1º- Iván Rojo, (Atl. Carballo) : 24 goles en 15 encontros

2º- Braulio, (Sp Zas) : 22 en 16

3º- Mario Rodríguez, (San Ramón) : 16 en 17

 

-PREVIA-

-20ª Xornada-

-16/02/2025-

CD RazoCF Cances, ás 10:30 horas

ACD San Ramón Vet.-Cabana SD, ás 10:00 horas

 SD Coristanco-ADCV Ponteceso, ás 10:00 horas

Soneira Vet.-Atlético Carballo SD, ás 09:30 horas

Vet. CF Dumbría-ACD San Román Vet., ás 10:00 horas

Corme CF-SD San Lorenzo, ás 09:45 horas

Sporting Zas-CF Mazaricos, ás 10:30 horas

 

++++++++

 

O Oza colle a primeira praza por golaveraxe gracias ao inesperado empate do Castriz ante o San Lorenzo que conseguía igualar o gol dos xalleiros no into 2 por medio de Espasandín, cun tanto no tempo de desconto final obra de Martín Varela. Os ocenses derrotaban por 3-1 ao veciño Soandres nun choque no que tódolos goles chegaron na primeira media hora de encontro. Por detrás. Buño, Malpica e Leiloio, os 3 equipos do Concello de Malpica, acadaban a vitoria nos seus respectivos encontros. Ademáis o Leiloio derrotaba o Fisterra para desbancalo da 5ª praza por golaveraxe.

 

1ª GALICIA DE VETERANOS

-16ª Xornada-

-02/02/2025-

Vet. SCD Malpica 5-1 Deportivo Carballo

SD Oza 3-1 Soandres CF

 SD Fisterra Vet. 2-4 CV Leiloio

SCD Buño 4-1 CD Nantón

Sporting Bértoa 1-3 ADC A Piña

SD Castriz 1-1 SD Sofán

 

-CLASIFICACIÓN-

 SD Oza : 36 puntos

 SD Castriz : 36 puntos

 SCD Buño : 31 puntos

 Veteranos SCD Malpica : 27 puntos

 CV Leiloio : 22 puntos

 SD Fisterra Veteranos : 22 puntos

7º SD Sofán : 21 puntos

 Soandres CF : 19 puntos

 ADC A Piña : 18 puntos

10º CD Nantón : 17 puntos

11º Sporting Bértoa : 16 puntos

12º Deportivo Carballo : 2 puntos

 

PODIO GOLEADORES

1º-Robin Mallo, (Oza) : 23 goles en 16 encontros, (1p)

2º-Crístian Buitrago, (Soandres) : 13 en 9

Moha Lharoui, (Soandres), 13 en 13

David Castro, (A Piña) : 13 en 13, (6 p)

Fran Fidalgo, (Fisterra) : 11 en 11

Rubén Gómez, (Oza) : 11 en 15

 

-PREVIA-

-18ª Xornada-

-16/02/2025-

Soandres CFDeportivo Carballo, ás 10:00 horas

CV Leiloio-SD Oza, ás 10:30 horas

CD Nantón-SD Fisterra Vet., ás 10:30 horas

ADC A Piña-SCD Buño, ás 11:00 horas

SD Sofán-Sporting Bértoa, ás 09:30 horas

SD Castriz-Vet. SCD Malpica, ás 10:30 horas

 

P.D. : Se albiscades algún erro agradeceríamos nos avisásedes.

 

-Foto de arquivo  e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies