Aquí tedes as crónicas e moito máis da 16ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.
Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.
CRÓNICA XERAL
Duas vitorias e 4 derrotas para pechar o ano nos equipos da costa. O Dumbría acaba o ano goleando e na segunda posición da liga a 5 puntos do lider Club do Mar. Tamén remata o ano en excelente forma o Fisterra que goleaba a domicilio o Vea e subía a 5ª praza remontando por golaveraxe o Muxía que caía ante o Tordoia a pesares de merecer máis. O Castriz fixo un gran encontro pero acabou perdendo ante o cuarto, Boimorto. A Esteirana caeu ante o Praiña nun choque no que perdeu como puido ter gañado e que foi un ronsel de “golpes” a base de goles de uns e dos outros, e o San Lorenzo sigue sen levantar cabeza e caía de novo esperando cargar baterías neste descanso navideño e comezar ca mente limpara para tratar de endereitar o rumbo. Tsamén hai que dicilo, neste encontro mereceu máis pero foiselle o encontro nun choque de “tolos” como ben dí o adestrador Iván Rojo.
GOLEADORES
Isaac Fábregas, (SD Fisterra), acaba o ano sendo o pichichi da Primeira Futgal gracias aos 2 tantos que lle endosou o Vea para sumar un total de 19 en 16 encontros, (1 de penalti). Por detrás cos memsmos encontros disputados e a un gol sitúase o seu veciño Diego Estévez, (CF Dumbría), que lle fixo 4 ao Calo e suma 18 goles, (2 de penalti). Adrián García, (SR Calo), completa o podio da liga con 15 dianas, (3 de penalti). No que se refire aos costeiros o seguinte na táboa de goleadores é Borja Gándara, (SD Castriz), con 10 goles en 15 encontros, ocupando a cuarta praza na xeral de máximos realizadores.
O noso desexo dunha felices festas para todos!!!.
PRIMEIRA GALICIA G2
-16ª Xornada-
-22/12/2024-
Boimorto CF 2-1 SD Castriz
Bertamiráns FC 1-2 Vista Alegre SD
CF Dumbría 6-3 SR Calo
Praiña Sporting Club 4-3 SCDR Esteirana
UD Carral 0-0 Club do Mar
SD Agolada 5-3 SD San Lorenzo
SD Tordoia 2-1 CF Muxía
Vizoño SD 2-2 Bastavales UD
Vea CF 1-4 SD Fisterra
-CRÓNICAS-
SD Tordoia 2-1 CF Muxía
Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido feo no cal nos poñemos por diante tras un penalty, o partido trnscurre igualado con mais acercamentos do tordoia ca nosos ata que nunha contra nos fan o 1-1. Na segunda o partido segue na mesma dinamica e tras facerlle varias falta consecutivas na mesma xogada a Nogueira, o árbitro non pita nada e márcannos o 2-1. a partir de aqui arriscamos, e temos oportunidades de sobra para marcar, e incluso poder remontar pero o gol non chegou. Sinalar tamén que xa con nós totalmente volcados o Tordoia rematou na mesma cocasión dous seguidos os paos da portería. Dura derrtoa nun campo incómodo e difícil…Hai que seguir!…Boas festas para todos“.
Goles : 1-0, Fran Moreira, (24´ de penalti); 1-1, Denís, (40´); 2-1, Abel, (48´).
SD Agolada 5-3 SD San Lorenzo
Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Un partido tolo no que os visitantes foron duas veces por diante no marcador e non o souperon aprobeitar. O Agolada e o San Lorenzo brindaron un partido cheo de goles que rematou cun 5-3 no marcador. Foi un partido onde as defensas brillaron pola súa ausencia e os goles marcaron o ritmo dun duelo vibrante.
O Agolada comezou forte e non tardou en poñerse por diante no minuto 15, cun gol que fixo soñar aos locais. Pero o San Lorenzo reaccionou rápido e logrou o empate no minuto 22 cunha boa xogada en profundidade que culminou Javi. A remontada visitante completouse no 36, poñendo o 1-2 tras unha boa chegada por banda donde de novo Javi conseguia anotar. Cando parecía que se ían ao descanso con vantaxe para o San Lorenzo, o Agolada atopou o empate no tempo engadido da primeira parte, deixando o partido aberto para a segunda metade.
Tras o descanso, o San Lorenzo puxo o 2-3 no minuto 60, grazas a unha gran combinación que os puxo outra vez por diante. Pero a alegría durou pouco. O Agolada empatou pouco despois, aproveitando unha xogada de balón directo, e puxo o 4-3 nunha acción moi polémica: un balón colgado á área que moitos reclamaron como falta ao porteiro visitante. Co San Lorenzo buscando outro empate, o Agolada pechou o encontro no minuto 83 cun gol tras unha boa xogada por banda, que fixo o definitivo 5-3“.
Goles : 1-0, Víctor, (14´); 1-1, Javier, (23´); 1-2, Javier, (28´); 2-2, Víctor, (45´+ 1); 2-3, Martín, (60´): 3-3, Daniel, (67´); 4-3, Víctor, (74´); 5-3, Víctor, (80´).
Praiña SC 4-3 SCDR Esteirana
Goles : 1-0, Soto, (5´); 1-1, Antón, (22´); 1-2, Pablo, (25´en propia porta); 2-2, Soto, (49´de penalti); 3-2, Soto, (59´); 3-3, Pablo Rama.(70´); 4-3, Álvaro, (86´).
Vea CF 1-4 SD Fisterra
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido moi bo, coma os que estamos a fecr ultimamente, ainda que chegamos nunhas condicións moi precarias pois chegamos con 12 xogadores, 5 deles xuvenís e debutaron deles dous, xogando os 90 minutos. O encontro comezou mal para nós xa que nun centro dende a esquerda marca Chenel a pracer e parecía que as cousas ían a ser complicadas pero repuxémonos, pero Joselu fixo 3 paradas de moito mérito para manternos no encontro. Tamén tivemos nós as nosas ata que Bruño saca un centro e Isaac empata o partido. Despois nun disparo de Isaac o central quer despexar e métea en propia e poñémonos co 1-2 que nos deu tranquilidade e comezamos a xogar mellor. Bruno tivo tres moi boas, Isaac tivo outra…No segundo tempo creo que fomos moito mellores, esperábamos que apretasen na segunda metade nós con tanto rapáz pensábamos que ían buscar un ritmo máis alto, pero conseguimos estar ben, ser máis precisos e cun Isaac que está nun excelente momento e fixo outro gol e xerou 7 ou 8 ocasións de gol e non lle demos opcións a que se meteran no partido. Pechamos o ano moi ben con 10 de 12 puntos e agora recuperar efectivos e pensar no vindeiro ano e tratar de aguantar este ritmo que estamos a ter. Desexarlle unhas felices festas a todos“.
Goles : 1-0, Chenel, (6´); 1-1, Isaac Fábregas, (10´); 1-2, Chenel, (37´en propia porta); 1-3, Isaac Fábregas, (62´); 1-4, Bruno, (67´).
Boimorto CF 2-1 SD Castriz
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Moi probablemente fose o mellor partido do Castriz esta tempada, pero lamentablemente para nós o noso dominio e as nosas ocasións non se viron reflexadas no marcador. Na primeira parte fomos claramente superiores, levando o peso do xogo e xerando multitud de ocasións, pero foi o Boimorto quen se adiantou nun gol que batiu nun defensa noso.
Xusto ó comezo da segunda parte meteron o segundo gol nunha boa xogada por banda, pero a dinámica do partido non cambiou e seguimos sendo superiores. Chegou o gol de Facal que puxo emoción no resultado, e tivemos outras dúas ocasións que sacaron baixo a liña de gol. Acabamos emborcados na súa portería e eles pedindo a hora, pero o balón non quixo entrar e vímonos de vacío de Boimorto.
Independentemente do resultado, destacar o partidazo que fixeron os rapaces. Seguro que o fútbol nos devolve os puntos que deberíamos ter…Desexarlle a todos unhas felices festas“.
Goles : 1-0, Uxío, (20´); 2-0, Manuel, (49´); 2-1, Iván, (54´).
CF Dumbría 6-3 SR Calo
Goles : 1-0, Diego Estévez, (4´); 1-1, Mateo, (12´); 2-1, Diego Estévez, (15´); 3-1, Diego Estévez, (25´); 4-1, Alejandro, (39´); 5-1, Antonio, (45´); 5-2, Paulo, (45´+1); 6-2, Diego Estévez, (69´); 6-3, Botana, (75´).
-CLASIFICACIÓN-
1º *Club do Mar : 38 puntos
2º CF Dumbría : 33 puntos
3º *UD Carral : 33 puntos
4º Boimorto CF : 32 puntos
5º *SD Fisterra : 28 puntos
6º CF Muxía : 28 puntos
7º *SD Castriz : 23 puntos
8º SR Calo : 21 puntos
9º *SD Tordoia : 21 puntos
10º Praiña SPC : 20 puntos
11º *Bastavales UD : 20 puntos
12º *Vizoño SD : 18 puntos
13º *SCDR Esteirana : 18 puntos
14º *Vea CF : 17 puntos
15º *SD Agolada : 15 puntos
16º Bertamiráns FC : 12 puntos
17º *Vista Alegre SD : 8 puntos
18º SD San Lorenzo : 3 puntos
* Os que teñen asterisco teñen un encontro máis xogado.
-Ascende o primeiro direto, promocionan o 2º e ó 3º e descenden os 3 últimos.
PREVIA
-17ª Xornada-
-12/01/2025-
SD Castriz–Bertamiráns FC, ás — horas
Vista Alegre SD-CF Dumbría, ás — horas
SR Calo–Praiña Sporting Club, ás — horas
SCDR Esteirana-UD Carral, ás — horas
Club do Mar–SD Agolada, ás — horas
SD San Lorenzo-SD Tordoia, ás — horas
CF Muxía–Vizoño SD, ás — horas
Bastavales UD-Vea CF, ás — horas
SD Fisterra-Boimorto CF-, ás — horas
AVISO :
Os horarios son oficiosos non oficiais. Os finais poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.
Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores