A pegada do SD O Pino pasoulle factura o CF Mazaricos.
Derradeira xornada do 2019 para os nosos na 1ª Galicia G2 na que o SD Soneira caía ante o CD Lalín, (3-1) e perdía o liderato en pos do SD O Pino, que se levaba os 3 puntos no Pino do Val ante o CF Mazaricos, (2-3) ao amosar unha gran pegada. O CF Dumbría dábase un festín ante o SD Agolada, (5-2) para despedir o ano ante os seus e engancharse a loita por todo trala derrota do SD Soneira. Pola sua banda o CD Baio despedía o ano cun trunfo pola mínima, (1-0), ante o UD Esclavitude, para seguir mirando hacia arriba e o Volantes de Baño CF, empataba co Atlético Riveira, (2-2), nun choque no que os de Baño mereceron un marcador moito máis favorable.
CRÓNICAS
CF Mazaricos 2-3 SD O Pino
Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido no que salimos replegados en exceso condicionados polo vento en contra e ante un rival que demostrou coa sua pegada o porqué da clasificación. Empezaron moito mellor eles que tuveron 3 ou 4 chegadas peligrosas que Dani neutraliza. Desde o minuto 25 o partido igualase e aínda que abusamos en exceso do xogo directo, moito polo vento en contra, temos 1 oportunidade boa de Barbeira. Acabamos a primeira ben. Na segunda nos primeiros 15 condicionan o devenir…1 nun balón largo deles un mal posicionamiento do lateral izquierdo habilita a Jesús León para materializar o 0-2 e casi sin tempo Pereiro corta un balón lateral que toca o chan coa man, penalti – “hat trick” de Jesús e 0-3…Aí andivemos uns minutos grogis, pero empezamos a tocar sin medo e nunha xogada Vitu provoca un penalti que él mismo transforma. Realizamos cambios e cambiamos o dibuxo de 4-4-2 a a 4-2-3-1 e sucendense 1 ocasión de Viturro que para o Porteiro e unha vaselina de Barbeira que repele o poste…A desesperada con minutos por diante cambiamos a defensa de 3. Quedando e 3-2-3-2 e nunha combinación caelle a Viturro que define para poñer o 2-3…Desde aí lanzamonos polo partido pero con máis ímpetu que fútbol… E tuvemos unha ocasión moi boa de Borja nun man a man co Porteiro que non acerta… E un corner o final…Pero nada… Desta vez deixámonos 3 puntos ante un rival que demostrou moita pegada”.
Goles : 0-1, Jesús, (23´); 0-2, Jesús, (52´); 0-3, Jesús, (55´ de penalti); 1-3, Viturro, (70´ de penalti); 2-3, Viturro, (83´).
CD Lalín 3-1 SD Soneira
Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolño aquí”
Goles : 1-0, Lamas, (31´); 2-0, Dani Méndez, (65´); 2-1, Basti, (67´); 3-1, Dani Méndez, (69´).
CD Baio 1-0 SD Esclavitude
Bruno, (2º Adestrador do CD Baio) : “Partido bastante malo polas duas bandas, sen case ocasións na primeira parte, e moi igualado, na segunda. Tivemos máis o control, e tendo máis a posesión. Nunha xogada na que eles pedían penalti a seguinte marcamos nós o gol que o final nos deu a vitoria e ata os últimos minutos non nos crearon perigo. O final 1-0 con mal xogo”.
Goles : 1-0, Santiso, (71´).
CF Dumbría 5-2 SD Agolada
Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Vitoria para acabar ben o ano. O rival chegou a Dumbría con moitas baixas, e o partido poñíase moi de cara no minuto 2 gracias a un gol de Rivi. Tíñamos o partido controlado, ata que no minuto 27 Diego Cespón consigue darnos máis ventaxa con un golazo dende 30 metros. O 2-0 en vez de facernos ben, fixo que nos relaxáramos e darlle vida a un Agolada que reduciría distancias con outro golazo dente lonxe. Tralo descanso, volvemos a meternos no partido, e ao pouco Rivi volvíanos a dar ventaxa de 2 goles. Pouco máis tarde Marcote con un doblete sentenciaba o partido, que pouca historia tivo ata o final, aínda que eles a saída dun córner conseguirian o definitivo 5-2.
Goles : 1-0, Rivi, (2´); 2-0, Diego Cespón, (27´); 2-1, Joel, (42´); 3-1, Rivi, (47´); 4-1, Marcote, (61´); 5-1, Marcote, (65´); 5-2, Alexandre, (78´).
Volantes de Baño CF 2-2 Atlético Riveira
José Manuel “Sil”, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Creo que foi un partido donde fomos superiores o rival en todas facetas do xogo. Creando infinidade de ocasións de gol, algunhas delas increiblemente falladas. Por contra non sufrimos ningunha na nosa portería salvo un tiro o final da primeira parte. Outra vez que nos marcan 2 goles sin facernos unha soa ocasión. Por tanto moi satisfeito co partido que fixemos, xa que como decía antes, creamos infinidade de ocasións e non sufrimos ningunha en contra, non así co marcador. Perder puntos de esta forma é moi duro, e esta sendo demasiado habitual, pero se seguimos competindo dewta maneira os resultados van chegar”.
Goles : 1-0, Rubén Lago, (47´); 2-0, Kevin, (52´); 2-1, Yago, (76´); 2-2, Pedro, (86´).
RESULTADOS
(Equipos costeiros)
16ª Xornada
Mazaricos 2-3 O Pino
Piloño-Tordoia : Suspendido
Lalín 3-1 Soneira
Baio 1-0 Esclavitude
Dumbría 5-2 Agolada
Volantes de Baño 2-2 Riveira
CLASIFICACIÓN
(Equipos costeiros)
SD Soneira : 2º con 33 puntos
CF Dumbría : 4º con 30
CD Baio : 8º con 25
CF Mazaricos : 10º con 20
SD Tordoia : 12º con 19, (Ten un encontro menos)
Volantes de Baño CF : 16º con 12
–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.
www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.