CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA DERRADEIRA XORNADA DA LIGA DA COSTA CO CORME CF “CAMPIÓN DE INVERNO”.

Fermoso encontro antre o Sporting Zas e Corme CF.

 

Derradeira xornada da Liga da costa no 2019, que quedou incompleta o ser suspendido o UC Cee-CD Muros do sábado por mor do decreto da RFGF debido a alerta vermella pola forte borrasca “Fabien”, que azotou a nosa terra con ventos por enriba dos 150 Kms/h e refachos por enriba dos 180.

Polo resto o Corme CF “Campión de inverno”, goleou ao Sporting Zas, nun choque cun resultado enganoso, (2-5), pero a goleada da xornada neste fin de ano acadouna o SCDR Esteirana que lle facía un “set en branco” o Cabana SD, (6-0), nun choque no que polo que comentan os partícipes, tamén tivo un resultado moi esaxerado para o visto. Pola sua banda o SD Pontecso, segundo crasificado non tivo problemas para derrotar ao CF Lira, con Sergio “Xuco” como estrela que fixo 3 dos goles do seu equipo, (4-0), e desbanca a Alejo Cambón, (Corme CF) do liderato na loita de goleadores.  Por arriba o que deu un paso atrás foi o SD San Lorenzo que non pasaba do empate ante o SD Coristanco, (1-1) nun choque moi disputado e bonito para o espectador. O Muxía CF aproveitou este resultado para acercarse a cuarta praza, tras golear o colista SD Buño, (4-0), que segue sen dar sinais de vida na loita pola salvación. Un SCD Malpica moi resolutivo goleou a domicilio a un SD Castríz, (0-3) que non o fixo de todo mal a pesares do resultado abultado e o UD Cerqueda e CD Baiñas empataban, (2-2), nun choque con duas partes ben diferenciadas e no que os baiñeses volveu a pasarlle o de ter lagoas na primeira metade e superarse na segunda.

 

CRÓNICAS

 

O Corme CF tivo que suar para dobregar o Sporting Zas.

 

Sporting Zas 2-5 Corme CF

Roberto, (Sporting Zas) : “O lider sufreu no San Andrés, nun encontro con resultado enganoso, que se decideu no treito final antre os minutos 89 e 90. Nos primeiros minutos o equipo cormelán dispuxo de numerosas ocasións que non puido materializar por boas intervencións de Puyol, unha delas foi empuxada a gol por Samu. Tras isto o Sporting Zas adiantou liñas e Tomás de maneira espectacular facía a igualada. Antes do descanso tivo ocasións o noso equipo para remontar con ocasións de Andrés, Noli e un gol anulado por fora de xogo a Brais, que marcaría a volta de vestiarios o 2-1, ca mala sorte de que Lucas tralo saque de centro facía o 2-2. Eran os mellores minutos dos nosos cun disparo o longueiro de Fabiam e un man a man de Iván que erraba só diante de Suso. Pero a desgracia volveu a aparecer como lle está a acontecer este ano o noso equipo e un saque de curruncho de Dani Casal, pasaba antre dous xogadores e colábase dentro para o 2-3. Seguimos merecendo máis e puxemos o lider contra as cordas, pero co equipo arriba buscando o empate chegaba o cuarto dos cormeláns, obra de Diego e de seguido o quinto por medio de Lucas. Destacar a mala imaxe por parte dos afeccionados visitantes cantando : “a 3ª oe…a 3ª oe!!!”. Acto polo que diretivos e xogadores do Sporting Zas pediron que calasen, o que fixeron e pediron disculpas”.

Lelo, (Adestrador do Corme CF) : “Empezamos o partido moi ben.Tendo a pelota e generando o casions muí claras.Foron vinte minutos donde pudemos encarrilar o partido,pero non fomos capaces que meter mais ca unha da catro ocasions claras que tuvimos.A raíz do gol baixamos a intensidad e Zas aproveitouno ben.Primeiro empatando o partido nun corner e despuis tempo varias o casions claras que Suso evitaria o empate. A segunda empezaría sin un dominador claro.O zas nun balón en largo conseguiría adiantarse.E sin tempo pa celébralo Lucas conseguía empatar nun magnífico control que o deixaria solo ante a salida do porteiro. Conseguiríamos adiantarnos cun gol de corner directo de Casal. O Zas intentábao con balóns longos,e disparos dende fora, un deles daría no longueiro. Nós crearíamos perigo nas contras pero non seria ata o descontó cando por medio de Diego e Lucas mataríamos o partido”.

Goles : 0-1, Samu Costa, (17´); 1-1, Manuel Fuentes, (37´); 2-1, Brais, (58´); 2-2, Lucas, (59´); 2-3, Dani Casal, (73´); 2-4, Lucas, (90´); 2-5, Diego, (90´).

 

GOLAZO DE MANU FUENTES O ESTILO MESSI 

 

SD Coristanco 1-1 SD San Lorenzo

Juni, (Adestrador do SD Coristanco) : “Comezamos poñéndonos por diante moi pronto , nun córner sacado por Javi e rematado por José. Levábamos o peso do partido, cun Verdillo que esperaba a roubar para lanzar sobre os dous dianteiros, e buscar segundas xogadas. Cando mellor nos encontrábamos, tras unha boa ocasión de Mario dende a frontal e un par de córners rematados por Damián chegaría o gol visitante nunha desas contras. Ata o descanso continuou a mesma dinámica pero con menos achegamentos ás áreas. Na segunda, máis do mesmo, mandando incluso máis no partido, con San Lorenzo que xa solo se achegaba a balón parado, pero con ocasións para ambos. A primeira delas un remate que se colaba tras unha falta lateral e sacaba Rubén na liña. E para nós un disparo dende mediocampo de Mario que pillaba a David adiantado pero era quen de salvar inextremis. E outra na que no man a man, o porteiro, atallou de novo o disparo de Villajos.
Acababa o partido con ida e volta e ocasións nas dúas áreas. Creo que no cómputo global fomos superiores, pero por ocasións o resultado foi xusto”.

Santi Gambón, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido moi disputado na Rocheira na que se enfrentaban dous equipos que se conocen moi ben e durante os primeiros minutos foron moi táctico, nos cales se adiantaría o equipo local a través de balón parado. O equipo visitante empezou a encontrarse no partido e a través de saidas rápidas, e a través de diagonais as costas da liña defensiva local é o equipo coristanqués xeraba ocasións a través de combinacións rápidas en zona laterais e pases rápidos as espaldas do medio campo noso. O empate do San Lorenzo foi a través dunha saida rápida a espalda da defensa local. Chegábase o descanso con empate a uns. Na segunda parte empezou un pouco como a primeira, dominando o equipo local a través de moito empuxe. Pero pouco a pouco o equipo visitante intentaba facerse co control pero o equipo local xeraba ocasións a través de saidas rápidas, e diagonais a espaldas dos laterais. Nos xerábamolas a través de faltas laterais e pases as espaldas da defensa. Empate a uns o final do encontro”.

Goles : 1-0, Pazos, (2´); 1-1, Fuentefría, (34´).

Incidencias : Expulsado por dobre cartón amarelo o xogador coristanqueés, Damián, (50´e 90´).

 

UD Cerqueda 2-2 CD Baiñas

Javi Souto, (Xogador do UD Cerqueda) : “Partido con duas partes moi diferenciadas. Primeira parte para o Cerqueda, que se aprobeitou dos agasallos da defensa do Baiñas para acabar 2-0, e puido sentenciar, pero como nos ven pasando durante toda a tempada a falta de acerto acabase pagando. Na segunda parte, con máis corazón que fútbol o Baiñas foise facendo co partido, fronte a un Cerqueda perdido e desnortado, que fixo os peores 45 minutos de toda a liga, con diferencia. Foise aprobeitando o Baiñas para empatar e nos últimos minutos puido marcar calqueira dos dous equipos, pero visto o visto, o empate foi xusto, baixo a miña opinión, ainda que o realmente xusto tería sido perder os dous”.

José Barca, (Adestrador do CD Baiñas) : “Chegamos o encontro outra vez un pouco mermados polas baixas con só 12 xogadores dispoñibles e coma sempre para non variar os primeiros 25 minutos con erros e dous deles valeron para que se adiantasen os cerquedenses e en 25 minutos xa perdíamos 2-0 como acotío. A partires desto fóronse igualando as forzas e creamos ocasións, en especial un man a man de Víctor que non marca, pero o peor foi a lesión de Diego e tivemos que utilizar o único cambio que tíñamos. Na segunda xa sen trocos fomos un pouco máis arriba e creamos máis ocasións, como nos está a apsar. Saimos máis enchufados e obrigámolos a reprgarse, ainda que esto daba pé a contras perigosas por parte deles.

As ocasións chegaban para nós e Canosa mandaba un balón o longueiro e Crístian Hermida desaproveitaba un man a man que lle paraba o porteiro. Víctor facía o 2-1, aproveitando un balón o espazo, plantandose ante o porteiro e definindo ben, e a 10 minutos do final, igualábamos a contenda nun gol a balón parado. Eles tiveron un man a man que parou ben Brais, e nós unha xogada na que Brais marchábase encarando o porteiro e sufreu unha entrada dun rival que era o derradeiro home, polo que vía o cartón vermello. Os derradeiros minutos o encontro volveuse un pouco tolo e Baba non chegou a un balón que só era empuxala e por parte deles Lorenzo tivo o gol nun testarazo só no área pequena. Puido caer o trunfo para calquer lado, pero o final non se movería o marcador. Nós como dixen volveunos a pasar o de sempre, con eses primeiros 20-25 minutos que saimos mal o campo, non saimos enchufados e tópámonos con 2 goles en contra e despois temos que remar todo o partidoN. Na segunda costounos o non ter trocos, sufrimos moito e tanto Esteban, como Abel e Víctor, que xa arrastraban molestias, acabaron coxeando e non había recambios. Moi orgulloso dos rapaces polo esforzo para empatar o partido na segunda metade. Agora intentar traballar neste parón, temos 3 semanas para adestrar e seguir a traballar a mentalización para eses malos comezos de partido e recuperar xente para ver se comezamos máis fortes despois do parón”.

Goles : 1-0, Nicolás, (8´); 2-0, Lorenzo, (2´); 2-1, V´ctor, (55´); 2-2, Abel, (80´).

Incidencias : Expulsado con vermello direto, Francisco do UD Cerqueda.

 

SD Castríz 0-3 SCD Malpica

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “Empezamos moi ben, con varias ocasións de gol claras, un balón o pau de Mata, un man a man co porteiro de Iván Pastoriza e un tiro de fora da área de Adrián García. Deberíamos de ir un ou dous goles por arriba no marcador pero nun balón largo a Michi Castro, que para min foi moi determinante no encontro, habilitou a un compañeiro para que centrase e rematase no segundo pau o que foi o 0-1. O resto da primeira parte nós acusamos o golpe e levaron eles a iniciativa do partido.

Na segunda metade saímos a polo partido tendo o empate cerca. Expulsáronlles un xogador por unha agresión, o que fixo que estando eles con un menos estivese o partido para empatar ou darlle a volta, ata que nos expulsaron a un xogador o que nos complicou moito o partido, o que fixo que eles se viñesen arriba o ver que tiñan opcións para levarse o partido o voltar o dez contra dez. Con menos xogadore no campo abríanse mas espazon e con balóns longos aproveitaban para pasarlle a Michi Castro e chegou pronto o 0-2 . A partir dese momento non nos quedou outra mais que seguir remando e tivemos algunha ocasión para meternos no partido, pero o final remataron cerrando o 0-3 nunha contra. No resto do encontro eles aínda intentaron marcar algún gol máis co partido roto para nós a parte de que nos expulsaron a outro xogador. Vitoria merecida nun encontro moi reñido ainda que puido dar para un empate, pero xestionaron moi ben as súas ocasións e nós non estivemos acertados de cara á portería

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Alberto, (33´); 0-2, Andy, (65´); 0-3, Jairo, (80´).

Incidencias : O colexiado David Cancela expulsou aos xogadores locais, Ánxo, con dobre cartón, (13´e 63´) e Brais con vermello direto, (90´) e o visitante, Aitor, (90´).

 

O Muxía CF agárrase a parte nobre a costa do SD Buño.

 

Muxía CF 4-0 SD Buño

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Fixemos un moi bo partido dende o principio. O equipo movía o balón con velocidad e éramos capaces de roubar rápido cando perdíamos a posesión. Dispuxemos de varias ocasións sin conseguir o gol, ata que Mauro abre o marcador asistido por Victor Alcaina. Tras o descanso, Toja marca o segundo a pase de Edu. O Buño estírase intentando reducir diferencias, e Isma Pose aprobeita os espacios que deixa a defensa para marcar. Na última xogada, Abel anota o definitivo 4-0.

Richard, (SD Buño) : “Partido controlado polo Muxía de principio a fin. Na primeira parte tiñan o dominio do balón e chegaban sen finalizar ben as xogadas. O Buño ía aguantando e intentando sair a contra. A media hora o Muxía púxose por diante e chegaríamos asi o descanso. Na segunda parte a Muxía empezou forte e marcarían rápido o segundo. Nos tivemos unha ocasión boa de Elías e un posible penalti a Petis que non pitaría o colexiado. O Muxía seguíu empuxando e co Buño volcado macaría dous tantos máis…FELICES FESTAS !!…Co ano novo intentaremos cambiar a dinámica FORZA BUÑO !!”.

Goles : 1-0, Mauro, (32´); 2-0, Toja, (50´); 3-0, Isma Pose, (80´); 4-0, Abel, (desconto).

 

SD Ponteceso 4-0 CF Lira

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Partido igualado no primeiro tempo con opcións de gol por ambos lados. Nos primeiros vinte minutos o balón foi noso, pero a partir de aí o Lira saía con perigo e puido empatar o encontro. No segundo acto a incertidume no marcador fixo ter un partido aberto, ata que cos dous goles nosos case seguidos, matamos o partido. A partir de aí o Lira baixou os brazos. Moi contento polo debút na portería de Adrián, e nos últimos dez minutos de Ivan e Pablo, xuvenís cun gran futuro”.

Juan Rey, (Adestrador do CF Lira) : “Victoria xusta do Ponteceso ainda que non me parece o mesmo o resultado. Marcaron cedo, pero non nunca lle perdemos a cara o partido, e dispuxemos de varias ocasións para empatar o partido ata mediada a segunda metade. Despois o Ponteceso facendo gala dunha gran pegada acadaría o segundo, e non baixaríamos un pouco os brazos. Froito desto chegaría o 3-0, e depois nunha acción desafortunada do noso porteiro nun balón sin perigo chegaría o cuarto. Xa digo o Ponteceso xusto gañador do partido, pero quizais o Lira merecese outro resultado”.

Goles : 1-0, Xuco, (8´); 2-0, Martín, (60´); 3-0, Xuco, (63´); 4-0, Martín, (70´).

Incidencias : O colexiado Marcos Ordóñez, expulsou con vermello direto no desconto o delegado pontecesán Manuel Recarey e no mesmo tempo o xogador liracho, Formoso, este con dobre cartón, (35´e desconto).

 

SCDR Esteirana 6-0 Cabana SD

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Creo que en liñas xerais tivemos o partido controlado, pouco a pouco foron chegando os goles. O Cabana tivo algúns momentos bos, pero creo que fomos superiores e merecemos os tres puntos…Boas festas para todos”.

Duda, (Xogador do Cabana SD) : “Partido no que comezamos esperando o rival no noso campo e saindo as contras. Tivemos un testarazo meu o pao e outro seguido de Ferreiro o longueiro, tamén de cabeza. Segueríamos chegando con xogadas conbinadas por banda no que o porteiro pararía moi ben. Ocasion de Moreno que se foi por pouco, outra de Simón, e unha de Castro nun man a man que o porteiro pararía, e antes do descanso un fallo claro noso condenaríanos no 1-0, e antes do descanso un barullo na área que sería o 2-0. A volta dos vestiarios saimos presionando máis o rival e nas contras matábannos as espaldas, e sería un continuo de xogadas e ocasións para os dous equipos no que os primeiros goles derrubáronnos. Agora a pensar nos partidos que veñen para o novo ano..Feliz ano novo a tod@s, e que veña con mais sorte 😊..Go Cabana!!!…GoEquipo!!!😎”.

Goles : 1-0, Carlos Lestón, (15´); 2-0, Elías Ruso, (26´); 3-0, Elías Ruso, (38´); 4-0, Carlos Rama, (47´); 5-0, Pablo Rama, (66´); 6-0, Samuel, (71´).

 

UC Cee-CD Muros

Incidencias : Encontro suspendido decretado pola RFG polo temporal “Fabien” que azotou a nosa costa o sábado con ventos por enriba de 150 Kms/H con refachos de máis de 180.

 

RESULTADOS

16ª Xornada

Coristanco 1-1 San Lorenzo 

Zas 2-5 Corme

Cerqueda 2-2 Baiñas 

Castríz 0-3 Malpica

Muxía 4-0 Buño

Cee-Muros : Suspendido 

Ponteceso 4-0 Lira

Esteirana 6-0 Cabana

 

CLASIFICACIÓN

 

Sergio “Xuco” nos seus tempos da SD Coristanco.

 

PICHICHI

1º-Xuco, (SD Ponteceso) : 17 goles, (2 penalti) en 15 encontros

2º-Alejo, (Corme CF) : 16 , (4 p), en 11

3º-Brais Cancela, (SD San Lorenzo) : 16, (3 p) en 16

4º-Iván Rojo, (UD Cerqueda) : 13, (5 p) en 14

 

PRÓXIMA XORNADA, (17ª)

12/01/2020

Cabana-Coristanco

San Lorenzo-Zas

Corme-Cerqueda

Baiñas-Castríz

Malpica-Muxía

Buño-Cee

Muros-Ponteceso

Lira-Esteirana

 

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Fotos e vídeo Sporting Zas : o clube

-Fotos : piratasdemuxia.es

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.