PRIMEIRA FUTGAL G2
9ª Xornada
Domingo 02/11/2025
Os partidos dos equipos da Costa:
SD Castriz 3-2 SR Calo
Club do Mar 2-0 CF Muxía
Vizoño SD 5-1 SD Fisterra
CCD Queixas 5-2 Camariñas FC
SD Tordoia 0-1 SCDR Esteirana
CRÓNICA XERAL
Nova xornada agridoce para os equipos da Costa
A 9ª xornada da Primeira Futgal chega cunha mestura de resultados para os equipos da Costa, marcada polo sufrimento e pola fortuna. A SCDR Esteirana, que derrotou pola mínima ao Tordoia e o SD Castriz que logrou o triunfo na casa nos últimos instantes, foron a cara boa da xornada para os costeiros, mentres que CF Muxía, SD Fisterra e Camariñas FC caeron con máis con resultados enganosos nos seus respectivos encontros. A parte baixa da táboa segue sendo o escenario principal dos conxuntos costeiros, que non acaban de atoparlle o tino a competición.
CRÓNICAS
SD Castriz 3-2 SR Calo
O SD Castriz acadou un importante triunfo no San Pedro, remontando no treito final dun encontro cargado de tensión e cartóns. Os locais adiantáronse na primeira metade, pero o Calo deu a volta no marcador tralo descanso. Nos últimos dez minutos, o Castriz puxo o corazón sobre o céspede e primeiro empatou, para despois levar os tres puntos cun gol en propia porta no desconto. Un partido de moitas interrupcións, con 7 tarxetas para os locais e 8 para os visitantes, incluíndo dúas expulsións.
Miguel Chouza, (adestrador do SD Castriz) :
“Partido agónico con final feliz e vitoria merecida. Xogamos por fin a bo nivel ante un rival complicado. Ata que o Calo quedou con 10, xusto antes do descanso, estabamos sendo superiores e deberíamos ir gañando con marxe, pero despois do primeiro gol, empatáronos no unico erro defensivo noso.
Tralo descanso, con eles defendendo o resultado, non fomos quen de materializar as ocasións e eles, na única ocasión que tiveron, meteron un golazo de tiro lonxano. Parecía que nos ía afundir o inxusto do resultado, pero logramos empatar e volcarnos sobre a área do Calo nos últimos minutos. Nun córner, tras un rebumbio na área pequena, meterían eles en propia porta”.
Goles:
1-0, Marcos Corzón (17´)
1-1, Jonathan (22´)
1-2, Brais Bures (68´)
2-2, Carlos Rieiro (82´)
3-2, Xoan Blanco (pp, 92´)
Incidencias: O Castriz viu 7 cartóns amarelos, dous para Proupín tras ser sustituído (73´). O Calo recibiu 8 tarxetas, con expulsións para Marcos Mellas (45´+2) e Jorge Pérez (96´).
Víctor Alcaina encara a un rival cara a porta.
Club do Mar 2-0 CF Muxía
O CF Muxía regresou de vacío pese a mostrar unha boa imaxe na primeira parte, onde contou con ata tres ocasións claras para adiantarse. O Club do Mar tamén gozou dunha oportunidade moi perigosa que salvou Iván. Na segunda metade, os locais deron un paso adiante e marcaron os dous goles que decidiron o encontro, un golpe duro para os muxiáns que están negados co gol.
Sergio “Pataca” (adestrador do CF Muxía):
“Partido moi igualado na primeira parte, o equipo consegue xerar ata tres ocasións claras de gol, pero non atina a marcar. Na segunda, intentamos cambiar un pouco o plan de xogo, e o Club do Mar foi dominador durante 20 minutos. O gol que conseguen fainos moito dano, e máis aínda cando temos que cambiar a Costa e Nogueira por sendas lesións. O segundo tanto chéganos, nun rexeite dunha falta, xa foi un golpe do que o equipo non conseguiu recuperarse.”
Goles:
1-0, Alberto Díaz (52´)
2-0, Alberto Díaz (69´).
Incidencias: Caeron lesionados os xogadores do Muxía, Carlos Costa, (45´) e Manu Nogueira, (64´).
Vizoño SD 5-1 SD Fisterra
Dura derrota do Fisterra no campo do Vizoño, nun partido no que os locais foron tremendamente efectivos. O Fisterra dominou por tramos pero encaixou dous goles nas dúas primeiras chegadas do rival. Na segunda parte, os verdes empurraron, pero o terceiro tanto do Vizoño afundiu definitivamente as súas opcións.
Leo Picallo (adestrador do SD Fisterra):
“Bo partido a pesar da abultada derrota, moito castigo para o que merecemos, a pesar das baixas. Na primeira parte, as dúas chegadas deles foron gol. Tivemos o control do xogo pero sen crear ocasións. Na segunda metade, achuchamos, pero na primeira saída deles fan o terceiro, e aí rematou o partido.”
Goles:
1-0, Alejandro Miranda (14´)
2-0, Alejandro Miranda (30´)
3-0, Diego (60´)
4-0, Mateo (70´)
4-1, Adrián “Makaay” (85´)
5-1, Diatta (88´)
Incidencias: O Fisterra só contou con un porteiro e dous xogadores de campo no banco.
CCD Queixas 5-2 Camariñas FC
O Camariñas regresou de baleiro de Cerceda tras un partido con moito balón parado e moita contundencia física por parte do rival. Nun campo de dimensións reducidas e cun equipo moi preparado para o xogo aéreo, o Queixas soubo sacar partido dos saques de banda e córners, mentres que o Camariñas desperdiciou moitas ocasións claras.
Juan Cabrejo (adestrador do Camariñas FC):
“As dimensións do campo son moi pequenas e o Queixas estaba cheo de xente moi alta que sabe ao que xoga no seu campo. Todo a base de saques de banda moi longos, ou os saques de porta que che meten na tua área. Comezamos marcando pero axiña nos empataron. Tivemos erros graves que nos custaron caro. No descanso estabamos 3-2 e na segunda fomos para o empate, pero chegou outro gol nun saque de banda e o partido acabou. Resultado enganoso, tivemos moitas ocasións e non as metemos. So queda pensar xa no Praiña que é un equipo moi bo.”
Goles:
0-1, Mario Suárez (4´)
1-1, Kevin Naya (7´)
2-1, Kevin Naya (20´)
3-1, Michael Gestal (25´)
3-2, Javi Antelo (49´)
4-2, Javier Martínez (51´)
5-2, Mateo (6´)
Incidencias: O Camariñas chegou ao campo da Revolta con só tres recambios no banco.
SD Tordoia 0-1 SCDR Esteirana
Primeira vitoria da tempada para unha Esteirana que comeza a sorrir tras imporse nun campo complicado e ante un rival situado na zona alta da táboa. O encontro estivo moi disputado e con moitas interrupcións na segunda parte, que incluíu 7 cartóns amarelos.
Goles:
0-1, José Antonio (25´)
Incidencias: 7 tarxetas amarelas; 4 para o Tordoia e 3 para a Esteirana. Sen expulsións.
CLASIFICACIÓN
1º CSD Arzúa : 19 puntos
2º Bertamiráns FC : 18 puntos
3º Boimorto CF : 16 puntos
4º Praíña Sporting : 15 puntos
5º Cire de Melide : 15 puntos
6º Vizoño SD : 14 puntos
7º SR Calo : 14 puntos
8º SD Tordoia : 13 puntos
9º Club do Mar : 13 puntos
10º CCD Queixas : 13 puntos
11º Rac San Lorenzo : 13 puntos
12º SD Cacheiras : 12 puntos
13º Camariñas FC : 11 puntos
14º UD Bastavales : 10 puntos
15º CF Muxía : 8 puntos
16º SD Fisterra : 7 puntos
17º SD Castriz : 6 puntos
18º SCDR Esteirana : 5 puntos
PRIMEIRA FUTGAL G2
10ª Xornada
Domingo 09/11/2025
Os partidos dos equipos da Costa:
CF Muxía – SD Castriz
SD Fisterra – Club do Mar
Camariñas FC – Praiña SC
SCDR Esteirana – CCD Queixas
.
piratasdemuxia.es non se responsabiliza das opinións dos adestradores que son propias e intransferibles.
-Foto : Dulce Corcu
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Castriz : Captura de vídeo






