CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 9ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL : “TRES VITORIAS POR GOLEADA E TRES DERROTAS, PARA OS EQUIPOS DA COSTA”.

“Makaay” fixo o gol do empate para a remontada do Fisterra.

Aquí tedes as crónicas e moito máis da 9ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando. Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.

Vitorias con goleadas do Dumbría, Muxía e Fisterra e derrotas da Esteirana, San Lorenzo e Castriz, nunha xornada de “Defuntos” que se saldou cun 50% de  vitorias para os equipos costeiros.

O Muxía, que sigue facendo un fortín da “Arliña”, recadou diñeiro para axudar aos damnificados pola DANA, (Depresión Atmosférica de Alto Nivel), sufrida en terras valencianas, cun total de 1000 euros recadados, e recibeu unha gran bandeira cos “corviños”, donada polo restaurante “A Lonxa d´Álvaro”, do ex xogador e presidente Álvaro Rodríguez.

 

PRIMEIRA FUTGAL

-9ª Xornada-

-03/11/2024-

Club do Mar 3-0 SCDR Esteirana

San Lorenzo 1-2 SR Calo

CF Muxía 4-2 Vista Alegre SD

Bastabales UD 2-1 SD Castriz

SD Fisterra 4-2 Bertamiráns FC

Vea CF 1-5 CF Dumbría

Vizoño SD 2-3 Praiña Sporting Club

SD Tordoia 1-0 UD Carral

Boimorto CF 2-2 SD Agolada

 

-CRÓNICAS-

 

O Muxía estrenou bandeira-enseña de corvos.

 

CF Muxía 4-2 Vista Alegre SD

Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido máis difícil do que a clasificaciòn marcaba, saimos algo confiados tendo que axustar varias cousas para facerlle frente o rival. Co partido igualado conseguimos roubar alto e nunha boa triangulaciòn Nogueira fai o 1-0. O partido segue igualado, temos un par de aproximaciòns pero nun desaxuste en medio campo filtrannos un balon a espalda da defensa e fan o 1-1.

A partir de aquí intentamos darlle pauso o partido tendo máis balón e nunha xogada individual Isma Pose marca un golazo para chegar ca ventaxa o descanso.

Saimos mellor na segunda tras dous cambios, e pronto volve marcar Isma nun gol similar o primeiro. Aquí o partido queda nun punto morto no que ningún dos equipos conseguía facer o seu fútbol, e de novo nun desaxuste tras centro lateral márcannos o 3-2.

Aquí o equipo repúxose ben e mantivo o control do partido para sentenciar nunha boa xogada colectiva co gol de Iago“.

Goles : 1-0, Manu Nogueira, (20´); 1-1, Jonatan, (37´); 2-1, Isma Pose, (43´); 3-1, Isma Pose, (55´); 3-2, Houssem, (72´); 4-2, Iago Muiño, (88´).

 

Bastavales UD 2-1 SD Castriz

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : Derrota tan inxusta como dolorosa, supoño. Non estivemos cómodos nos primeiros minutos de partido, onde o xogo directo aéreo do Bastavales creaba segundos balóns para eles. Pouco a pouco fomos axustando as líneas defensivas e a estar mellor no campo. Tivemos catro situacións claras de gol que non entraron, con dous disparos ós paus entre elas. Así que se chegou 0-0 ó descanso.

Na segunda parte a dinámica seguía sendo favorable hacia nós, pero a expulsión de Miller nos primeiros minutos da reanudación púxonos o partido moi costa arriba. En defensa seguíamos estando ben, xa que co seu xogo tan directo non aproveitaban a ventaxa numérica, pero para xerar cousas en ataque, os rapaces tiveron que facer un esforzo tremendo, dominando o encontro cun xogador menos e chegando o gol de Facal tras centro pasado de Pastoriza. Lamentablemente para nós, o cansancio foi facendo mella e nos últimos minutos o Bastavales remontou o partido“…

Goles : 0-1, Iván Facal, (70´); 1-1, Miguel Castro, (82´); 2-1, Rubén Portos, (85´).

Incidencias : O árbitro Iago Lombao, expulsou ao xogador do Castriz, Miller con dobre cartón, (35´e 53´).

 

Club do Mar 3-0 SCDR Esteirana

Goles : Goles : 1-0, Alberto, (12´); 2-0, Ashier, (81´); 3-0, Castelo, (94´)

Incidencias : O árbitro David Castreje, expulsou ao xogador da Esteirana, Oli con dobre cartón, (34´e 84´).

 

CF Dumbría 1-1 Vizoño SD

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “A espera do seu comentario para poñelo aquí”…

Goles : 0-1, Baba, (21´de penalti); 0-2, Diego Estévez, (18´); 0-3, Diego Estévez, (24´); 1-3, Diego, (27´); 1-4, Xabi, (67´); 1-5, Diego Estévez, (77´de penalti).

 

SD Fisterra 4-2 Bertamiráns FC

Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Non empezamos nada ben o partido e pronto recibimos un gol con un fallo defensivo grande. Fomos mellorando co paso dos minutos e podemos empatar con tres boas ocasións, ata que Isaac aproveita un rechace para marcar. Logo deso Bruno marca pero é anulado, e antes do descanso en outro erro grave, recibimos o segundo.

No segundo tempo fomos dominadores e pouco a pouco foron caendo os goles cos que remontamos, podendo cerrar o partido incluso antes.”…

Goles : 0-1, Adrián, (13´); 1-1, Isaac Fábregas, (22´); 1-2, Adrián, (41´); 2-2, Adrián “Makaay”, (53´); 3-2, Isaac Fábregas, (83´); 4-2, Bruno Romero, (94´).

 

 

-CLASIFICACIÓN-

-Equipos da costa-

Lider : Club do Mar : 25 puntos

 CF Muxía : 18 puntos

 CF Dumbría : 17 puntos

 SD Fisterra : 15 puntos

 SD Castriz : 15 puntos

12º SCDR Esteirana : 11 puntos

18º SD San Lorenzo : 2 puntos

 

PREVIA

-10ª Xornada-

-10/11/2024-

SCDR Esteirana-Boimorto CF

SR Calo-Club do Mar

Vista Alegre SD-San Lorenzo

SD Castriz-CF Muxía

Bertamiráns FC-Bastabales UD

CF Dumbría-SD Fisterra

Praiña Sporting Club-Vea CF

UD Carral-Vizoño SD

SD Agolada-SD Tordoia

 

AVISO :

Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria.

-Foto bandeira : Álvaro Rodríguez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradoes

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies