CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 9ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O LIDER MALPICA PROVEITA OS PINCHAZOS DOS PERSEGUIDORES PARA ESCAPARSE NA CLASIFICACIÓN”.

LIGA DA COSTA
9ª xornada 
Domingo 16/11/2025

UD Corcubión 3-1 Sporting Zas

Outes FC 2-2 CF Corme

UD Monte Louro 2-3 CF Mazaricos

SCD Malpica 3-1 CD Muros

CF Porteño 3-2 Soneira SD

 CD Baio 1-1 SD San Lorenzo

Cabana SD 3-3 SD Sofán “B”

Ponteceso SD 1-1 Xallas FC

 

AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…

 

 

COMENTARIO XERAL 

A novena xornada da Liga da Costa volveu deixar emoción a raudais, con varios partidos decididos no desconto e unha clasificación que aperta cada vez máis entre os postos altos. O Malpica mantén o liderado con autoridade grazas ao hat-trick de Saydou, mentres Baio, Xallas, San Lorenzo e Outes deixaron escapar puntos que podían ser claves. O Corcubión sumou tres puntos valiosísimos tamén no engadido, o Mazaricos protagonizou a remontada da xornada en Louro e o Porteño fixo estalar a afeccion co gol da vitoria no 93’. Pola parte baixa, o Sofán “B” sacou ouro en Cabana cun Calvete estelar e Zas e Soneira seguen sen despegar.

CRÓNICAS 

 

UD Corcubión 3-1 Sporting Zas

Goles: 1-0, Mario (20’); 1-1, Joel (29’); 2-1, César Lojo de penalti (95’); 3-1, Martao (102’).

O Corcubión asinou unha vitoria sufrida pero merecida nun partido moi trabado, cheo de interrupcións e que acabou decidido no eterno desconto de doce minutos. Tras unha primeira metade equilibrada, os locais foron mellores no segundo acto, acumulando ocasións claras antes de que César transformase un penalti provocado por Ce no 95’. Co Zas volcado, Martao sentenciou xa no 102’.

 Isidro Trillo (2ª adestrador do UD Corcubión)

“Na primeira metade adiantámonos cun gol de Mario e non tardaron en empatar eles. Esperamos por eles a ver que facían e o ver que non nós viñan fomos nos a por eles. Nde segunda parte o partido estivo moi parado, con moitas faltas, e o árbitro cortaba moito o ritmo. Aínda así, nós seguimos tendo ocasións moi claras: tivo unha Mario, moi clara; outra César, tamén clara. Eles non chegaban arriba nin creaban perigo. Estabamos defendendo ben e saíndo con criterio.

Adiantamos as liñas e fomos presionar un pouco máis arriba, a ver se eramos capaces de meter o gol. No tempo de desconto, (que foron 12 minutos), chegou un balón a Ce, fixo un recorte, o defensa entrou forte e levouno por diante dentro da área. Penalti claro. Tirouno César e marcou o 2-1.

Despois deles recibir o gol empezaron a enviar moitos balóns longos, buscando arriba a ver se eran capaces de empatar. Nunha contra, o balón quedou morto na área e Martao, con toda a tranquilidade do mundo, mandouna para dentro e fixo o 3-1.

Dous minutos despois pitouse o final. Merecemos gañar por ocasións, pero o Zas non é un equipo fácil: xoga moi intenso, vai forte ao choque e gaña moitas disputas. Para gañarlles hai que ser igual de intensos.

Para nós son tres puntos moi positivos e moi importantes, sobre todo despois da derrota do outro día en Louro. Seguimos aí metidos na loita. Lamentar a lesión dun dos seus xogadores que nun choque fortuito cabeza con cabeza tivo que ser atendido por Lema e o encontro estivo parado 10 minutos xa que o rapaz non se acordaba de anada e estaba desorientado”.

Outes FC 2-2 CF Corme

Goles: 1-0, Manel Carou (36’); 2-0, Manel Carou (47’); 2-1, Stefan en propia (48’); 2-2, Eloy Villar (52’).

Partido vibrante en Outes, que decantou con claridade o equipo da serra o poñerse 2-0, pero o Corme reaccionou nun abrir e pechar de ollos. O gol en propia de Stefan cambiou o guion e Eloy culminou a remontada parcial, pero é que os cormeláns mandaron ata 3 balóns a madeira e crearon ocasións como para levarse o encontro. 

UD Monte Louro 2-3 CF Mazaricos

Goles: 1-0, Íker (16’); 2-0, Xián (54’); 2-1, Borja Sueiro (74’); 2-2, Marcos (87’); 2-3, Sergio (95’).

O Louro chegou a ter o partido no peto, pero o Mazaricos sacou carácter e asinou a remontada da xornada. Co 2-0 e control local, un gol de Borja activou aos visitantes, que empataron no 87’ e culminaron a fazaña cun tanto de Sergio no 95’.

SCD Malpica 3-1 CD Muros

Goles: 1-0, Saydou (20’); 2-0, Saydou (27’); 3-0, Saydou (45+2’); 3-1, Alonso (68’).

Exhibición de Saydou para manter ao Malpica no máis alto. O dianteiro fixo un hat-trick en pouco máis de 25 minutos e deixou o partido encarrilado xa ao descanso. O Muros recurtou, pero sen opción real de pelexar polos puntos.

CF Porteño 3-2 Soneira SD

Goles: 0-1, Gusa (12’); 1-1, Baba (24’); 1-2, Sergio (43’); 2-2, Carrabete (68’); 3-2, Bruno (93’).

O Porteño segue facendo da épica un hábito. O Soneira foi gañando en dúas ocasións, pero os porteños non baixaron os brazos e Bruno, no 93’, completou a remontada para delirio da afección e deixan unha semana máis aos vimianceses coma pechacancelas.

CD Baio 1-1 SD San Lorenzo

Goles: 0-1, Hugo (65’); 1-1, Alejandro Muiño (80’).

Empate xusto nun duelo táctico entre dous dos equipos máis sólidos da liga. O San Lorenzo golpeou primeiro, pero o Baio respondeu con carácter e Muiño equilibraría o choque no tramo final.

Cabana SD 3-3 SD Sofán “B”

Goles: 1-0, Diego Castro (7’); 2-0, Miguel (23’); 2-1, Dani Calvete (45+3’); 3-1, Diego Castro (54’); 3-2, Dani Calvete de penalti (88’); 3-3, Dani Calvete (96’).

Partido tolo en Cabana, que chegou a ter o encontro moi de cara, pero atopouse cun Dani Calvete descomunal. O dianteiro do filial sofanista asinou un hat-trick, dous deles sobre a bucina, para sacar un punto de moito mérito.

Ponteceso SD 1-1 Xallas FC

Goles: 1-0, Abel (36’); 1-1, Adrián (55’).

Igualada no Pinguel entre dous equipos competitivos e que loitan por todo. O Ponteceso adiantouse cun bo tanto de Abel, pero o Xallas reaccionou axiña . O encontro volveuse tenso por todo canto estaba en xogo e se na primeira metade o Ponteceso veu un cartón amarelo e o Xallas 3, na segunda os pontecesáns verían 4 cartóns, un deles vermello a Rama, (86´), e os xalleiros verían 8, dous deles vermellos diretos a Jorge “Churián”, (86´) e Yago Facal, (96´), e tamén serían expulsados por dobre amarelo, Elvis, (51´e 60´), e Rubén Blanco, (22´e 80´).

CLASIFICACIÓN 

SCD Malpica : 21 pts
CD Baio : 18 pts
Xallas FC : 17 pts
SD San Lorenzo : 17 pts
Outes CF : 16 pts
UD Corcubión : 16 pts
CF Porteño : 15 pts
Ponteceso SD : 14 pts
CF Corme : 11 pts
10º UD Monte Louro : 10 pts
11º SD Sofán “B” : 9 pts
12º CF Mazaricos : 9 pts
13º CD Muros : 9 pts
14º Cabana SD : 8 pts
15º Sporting Zas : 7 pts
16º Soneira SD : 6 pts

LIGA DA COSTA
10ª xornada 
Domingo 23/11/2025

CD Muros  Outes FC

SD San Lorenzo  Ponteceso SD, ás 16:00

CF Mazaricos   CD Baio, ás 16:15

Sporting Zas  UD Monte Louro, ás 18:30

SD Sofán “B” SCD Malpica, ás 16:30

Soneira SD – Cabana SD, ás 17:00

Xallas FC CF Porteño, ás 17:00

CF Corme  UD Corcubión, ás 18:30

(Os horarios son ofivciosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana)

Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.

-Fotos Sp Zas : Departamento de prensa Sp Zas

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”