O Camariñas sigue nun estado de forma extraordinario.
O invicto lider Camariñas non falla na sua visita ao sempre difícil Corme, (2-4), e abre unha fenda de 6 puntos co segundo, que pasa a ser o Soneira trala derrota na casa do Xallas a mans do Porteño, (1-2). Os xalleiros caen a quinta praza desprazados por Monte Louro e Baio que non erraron nos seus encontros. Por abaixo O Corcubión xa deixa atrás as sensacións de equipo que ía a sufrir toda a tempada, xa que non era quen de despegarse da posición de colista, pero ca sua vitoria sobre o Muros a domicilio, (3-4), sube ata metade da táboa tras 3 vitorias seguidas. Non consiguen despegarse da zona de perigo de descenso, o colista Cee, Outes, Mazaricos, Lira e Muros.
As crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
LIGA DA COSTA
-9ª Xornada-
-10/11/2024-
Corme CF 2-4 Camariñas FC
Cabana SD 5-0 SD Coristanco
CD Muros 3-4 UD Corcubión
Outes FC 0-2 CD Baio
CF Lira 1-3 Soneira SD
CF Mazaricos 1-2 UD Monte Louro
Ponteceso SD 2-0 UC Cee
Xallas FC 1-2 CF Porteño
-CRÓNICAS-
Corme CF 2-4 Camariñas FC
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Vitoria nun campo sempre difícil como é o do Corme nun partido onde nos tivemos que empregar a fondo para lograr os tres puntos. Tras uns primeiros minutos donde o Corme nos presionou moi ben, acadaríamos o primer gol marcado por Djibril e a partir de ahí creamos moito perigo pero o porteiro local estivo excelente.
Nada más comenzar o segundo tempo, un erro claro noso, conseguiron empatarnos e costounos uns minutiños reponerños dese mazazo, pero o equipo empezou a estirarse, creando perigo por bandas e chegando a marcar dous goles por medio de Mario q nos poñían con unha boa ventaxa. Pronto outro balón mal defendido e o Corme acortaría distancias pero o equipo non se veu abaixo e novamente Mario marcaría o cuarto, o gol da tranquilidade có q se chegaría ao final do partido. Debutaron os xuvenís Ángel e Pablo Carril“.
Goles : 0-1, Djibril, (15´); 1-1, Yago, (46´); 1-2, Mario, (68´); 1-3, Mario, (69´); 2-3, Teo, (73´); 2-4, Mario, (desconto).
Cabana SD 5-0 SD Coristanco
Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte donde dominamos e tivemos moito acerto de cara a gol marcando 4 tantos o primeiro de Moreno nun tiro lonxano o segundo obra de Simón nun bo testarazo, o terceiro obra de Aarón nun bo disparo cruzado e o cuarto obra de David rematando un centro lateral, a parte dos 4 goles tamén nos anularon outro obra de Castro. O Coristanco tmn tivo 2 chegadas moi peligrosas pero Manu e o longueiro evitaron o tanto.
Na segunda parte o partido estivo moito máis parexo con igualdade de oportunidades de gol sendo nós a través de Migueliño os únicos que acertariamos facendo o 5-0 final. O Coristanco volviu a ter neste segundo tempo 2 ocasions moi claras e Manu e o longueiro volvéronnos a salvar”.
Goles : 1-0, Diego, (10´); 2-0, Simón, (32´); 3-0, Aarón, (35´); 4-0, David, (45´); 5-0, Miguel, (81´).
CD Muros 3-4 UD Corcubión
Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Moi bo partido do Corcubión cunha primeira parte descomunal con moitas ocasións de gol, desbordando a un Muros que non sabía como atallar o fútbol que estaba facendo. Xa no minuto 4 gol de César Lojo despois don bo cabezazo de Isaac que dou no pao, e Cesar empuxaría dentro das mallas. Seguíamos facendo un fútbol de moitos kilates e teríamos outras tres ocasións moi calras de man a man co porteiro do muradán, atallando ben, e despois dunha contra do Muros marcarían o empate. Seguimos tocando e tocando ata que nun corner Mario faría ó 1-2, e cinco minutos máis tarde marcaria César Lojo faría o gol da tarde, despois dunha xogada de todo o equipo, empalmando a toda escadra, e así acabaría a primeira parte.
Na segunda entramos coma na na primeira e César Lojo facía ó 1-4. A partir de aí o Muros iría con todo e un Corcubión un pouco máis coservador, pero tendo moitas ocasións de gol a contra, que non materelizou, e sin embargo o Muros facía ó 3-4 e seguiría empuxando en especial con balóns longos, ata que no tempo de desconto, xa sin tempo, marcaría o definitivo 3-4. A meu entender vitoria merecidísima dun Corcubión que vai en bora”.
Goles : 0-1, César Lojo, (4´); 1-1, Jesús, (40´); 1-2, Mario, (41´); 1-3, César Lojo, (45´+ 1); 1-4, César Lojo, (52´); 2-4, Daniel, (67´); 3-4, Ramón, (93´).
Incidencias : O colexiado Óscar Martínez expulsou con vermello direto o corcubionés Mario, (91´).
Outes FC 0-2 CD Baio
Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Partido difícil e que costou conseguir os 3 puntos a pesar do 0-2 final que reflexa a vitoria, e conleva 3 puntos importantes para seguir coa dinámica positiva de 6 encontros consecutivos de 3 puntos, e cuarta xornada coa portería a cero.
Primeira parte onde costou adaptarse a un mal terreo de xogo que xa non só pode limitar os dous equipos no futbolístico, senón que pode ser factor relevante a aparición de lesions graves, e creo deberíamos dar maior importancia.
Na segunda parte froito dos cambios adaptámonos mellor e conseguimos competir e ser mellores co Outes en momentos puntuais, que foron os que permitiron traer a vitoria…”.
Goles : 0-1, Martín MC, (56´de penalti); 0-2, Martín MC, (92´).
Incidencias : O colexiado Abel Fernández expulsou con vermello direto o Outes Aarón no 75 cando levaba tan só 7 minutos no terreo de xogo tras sair dende o banco no 68´.
CF Lira 1-3 Soneiro SD
Gabriel Sil, (Adestrador do CF Lira) : “A espera do comentario…”.
Josiño Abelenda, (Adestrador do Soneira SD) : “A espera do comentario…”.
Goles : 0-1, Bieito, (4´); 1-1, Juan, (39´de penalti); 1-2, Iván, (78´); 1-3, Alberto “Vía”, (88´).
CF Mazaricos 1-2 UD Monte Louro
Goles : 0-1, Raúl, (21´); 1-1, Kevin, (23´); 1-2, Raúl, (37´).
SD Ponteceso 2-0 UC Cee
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O Cee empezou mellor ca nós levando a iniciativa. Pouco a pouco fomos igualando ata poñernos por diante no marcador, con dous goles, un de Camilo e outro de Eloy antes do descanso.Na segunda parte metémonos un pouco atras e salimos a contra.Poidemos sentenciar varias veces pero Bouzón estivo moi ben.Eles tamén poideron recortar distancias pero non foron capaces…chegando co 2-0 o final que para nós é bárbaro“.
Goles : 1-0, Camilo, (25´); 2-0, Eloy, (34´).
Xallas FC 1-2 CF Porteño
Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “A espera do comentario…”.
Goles : 0-1, Darío, (6´); 1-1, Barbeira, (59´); 1-2, Brais, (72´).
-CLASIFICACIÓN-
-9ª Xornada-
1º Camariñas CF : 25 puntos
2º SD Soneira : 19 puntos
3º UD Monte Louro : 19 puntos
4º CD Baio : 19 puntos
5º Xallas FC : 17 puntos
6º Ponteceso SD : 14 puntos
7º CF Porteño : 12 puntos
8º Corme CF : 12 puntos
9º UD Corcubión : 11 puntos
10º Cabana SD : 10 puntos
11º SD Coristanco : 10 puntos
12º CD Muros : 8 puntos
13º CF Lira : 8 puntos
14º CF Mazaricos : 8 puntos
15º Outes FC : 6 puntos
16º UC Cee : 4 puntos
-PREVIA-
-10ª Xornada-
-17/11/2024-
Camariñas FC-Xallas FC
SD Coristanco-Corme CF
UD Corcubión-Cabana SD
CD Baio-CD Muros
Soneira SD-Outes FC
UD Monte Louro-CF Lira
UC Cee-CF Mazaricos
CF Porteño-Ponteceso SD
******
AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Foto Camariñas FC : Dulce Corcu
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores