CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 9ª XDA DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS : “CATRO EQUIPOS EN 2 PUNTOS NA LOITA POLO TÍTULO”.

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS

9ª Xornada

Domingo 23/11/2025

ACD San Ramón – CF Cances, (Suspendido)

Soneira Veteranos 1-0 ADCV Ponteceso

SD Oza 1-4 Atlético Carballo SD

SCD Buño 1-3 ACD San Román

Veteranos Dumbría 2-1 SD San Lorenzo

SD Castriz 2-0 SD Coristanco

Club Deportivo Razo 2-4 Sporting Zas

 

CRÓNICA XERAL

A 9ª xornada da División de Honra de Veteranos chegou cargada de emoción e con movementos importantes na táboa, co 0-3 que se lle concede ao Cances pola incomparecencia do San Ramón, resultado que aperta aínda máis a loita polo liderado. O Sporting Zas, coa súa espectacular remontada no Areal asalta o primeiro posto, mentres que San Ramón e San Román quedan a un só punto. Pola súa banda, o Atlético Carballo sobe con forza tras golear o Oza e o Dumbría sumou tres puntos de ouro cun tanto no último suspiro. Na parte baixa, Coristanco continúa último e o Oza complícase tras caer con claridade.

Foron 17 goles en 6 encontros xogados, cun nome propio: Braulio, que con tres goles no desconto ante o Razo pasa a ser o novo pichichi da competición.

RESULTADOS E CRÓNICA DA XORNADA

ACD San Ramón – CF Cances
(Suspendido)

O encontro non chegou a disputarse. O comité concedeulle os tres puntos ao Cances, (tal e como apunta a RFGF na sua web), que suma unha vitoria clave para manterse metido na pelexa pola cabeza.

Soneira Veteranos 1-0 ADCV Ponteceso

Gol: Iván Pardiñas, (25´).

O Soneira logrou unha vitoria traballada ante un Ponteceso que chegou a Vimianzo con só 13 xogadores. Os locais dominaron, pero non conseguiron sentenciar e tiveron que sufrir ata o final para facerse cos tres puntos.

SD Oza 1-4 Atlético Carballo SD

Goles:
1-0, Javi Iglesias, (18´);
1-1, Iván Rojo, (40´);
1-2, Figueiras, (78´);
1-3, Iván Rojo, (81´);
1-4, Iván Rojo, (88´).

O Oza adiantouse pero pagou caro quedar cun home menos no 68´ pola expulsión de Balsa. O Atlético Carballo foi superior no tramo final, con Iván Rojo, que volta polos seus foros, asinando un hat-trick que decidiu un partido que se lles puxera costa arriba aos visitantes.

SCD Buño 1-3 ACD San Román

Goles:
1-0, Martín, (14´);
1-1, Santi Cambón, (15´);
1-2, Mario Casal, (17´ de penalti);
1-3, De la Fuente, (87´).

Tres goles en catro minutos marcaron un inicio frenético. O Buño golpeou primeiro, pero o San Román reaccionou de inmediato e rematou levando os tres puntos cun tanto final de De la Fuente para manterse na parte nobre da clasificación.

Veteranos Dumbría 2-1 SD San Lorenzo

Goles:
1-0, Cristian Caamaño, (8´);
1-1, Amarelle, (17´);
2-1, Cristian Caamaño, (94´).

Triunfo sufrido dos dumbrienses, que atoparon o premio no último minuto grazas ao dobrete de Cristian Caamaño, que xa suma 8 tantos e segue no grupo perseguidor do pichichi.

SD Castriz 2-0 SD Coristanco

Goles:
1-0, Maroñas, (57´);
2-0, Iván García, (90´).

O Castriz controlou o encontro e levou tres puntos importantes para afastarse dos postos perigosos. O Coristanco volve caer e continúa pechando a clasificación.

Club Deportivo Razo 2-4 Sporting Zas

Goles:
1-0, Brandon, (34´);
1-1, Braulio, (35´);
2-1, Brandon, (62´);
2-2, Jaime, (87´);
2-3, Braulio, (92´);
2-4, Braulio, (94´).

Partidazo o vivido no Razo. O cadro local mandou por dúas veces, pero o Sporting Zas tirou de épica no tramo final. Jaime fixo o empate e Braulio, imparable, completou un hat-trick decisivo que lle dá aos zasenses o liderado da categoría. Con estes tres tantos, Braulio convértese no pichichi con 9 goles en 8 encontros.

CLASIFICACIÓN 

1-Sporting Zas : 18 puntos
2-ACD San Ramón : 17
3-ACD San Román : 17
4-CF Cances : 16
5-Atl. Carballo : 14
6-CD Razo : 14
7-Soneira Vet. : 13
8-Vet. CF Dumbría : 12
9-SD San Lorenzo : 9
10-SD Castriz : 9
11-SCD Buño : 9
12-SD Oza : 7
13-ADCV Ponteceso : 6
14-SD Coristanco : 5

DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS

10ª Xornada

Domingo 30/11/2025

Atlético Carballo SD– Soneira Veteranos

ADCV Ponteceso Club Deportivo Razo

SD San Lorenzo – SCD Buño

SD Coristanco ACD San Ramón

CF Cances – Veteranos Dumbría, (Suspendido)

Sporting Zas  SD Castriz

ACD San Román  SD Oza

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

 

 

-Foto : 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”