1ª GALICIA VETERANOS
9ª Xornada
Domingo 23/11/2025
SD Fisterra de Veteranos 1-2 CF Mazaricos
CF Corme 2-4 A Piña
Cabana SD 1-0 CD Nantón
Sporting Bértoa 2-2 SD Sofán
Club Deportivo Leiloio 1-4 Veteranos SCD Malpica
Deportivo Carballo 1-1 Soandres CF
CRÓNICA XERAL
A 9ª xornada da 1ª Galicia de Veteranos deixou cambios importantes na loita polo liderado, moitos goles (17 en total) e varios encontros decididos nos minutos finais. O Malpica continúa firme tras vencer no derbi de Leiloio, e o Cabana mantense empatado na cabeza. O Corme, que era un lider intratable, pola contra, sofre a segunda derrota consecutiva e cae á terceira praza.
A Piña fíxose forte en Corme e sobe ao cuarto posto. Mazaricos suma unha vitoria clave en Fisterra. Bértoa e Deportivo Carballo seguen na parte baixa, e o Sofán e Soandres lograron puntuar a domicilio.
Individualmente, Diego Pérez, (CF Corme) segue sendo o gran referente ofensivo da categoría con 19 tantos, seguido dun Ricardo que asinou un novo hat-trick.
CRÓNICAS
SD Fisterra Veteranos 1-2 CF Mazaricos
Goles:
0-1, Pedro Castro, (52´);
1-1, Gabriel, (68´);
1-2, Alvite, (90´).
Partido igualado no Arasolis entre dous equipos moi xustos de efectivos. O Mazaricos levou o triunfo cun tanto no último minuto.
CF Corme 2-4 A Piña
Goles:
0-1, Jhony, (12´);
0-2, Jhony, (26´);
0-3, Alejandro Bello, (30´);
1-3, Diego Pérez, (55´);
2-3, Diego Pérez, (59´);
2-4, Jhony, (78´).
O Corme, tras sete xornadas gañando, cae por segunda vez seguida. Ambos equipos con só 13 xogadores. Moisés do A Piña foi expulsado o ver o seu segundo cartón no 90’.
Cabana SD 1-0 CD Nantón
Gol:
1-0, Fernando, (76´).
Derbi disputado decidido por un gol no treito final. O Cabana colócase líder empatado co Malpica.
Sporting Bértoa 2-2 SD Sofán
Goles:
1-0, Carracedo, (1´);
2-0, Romero, (43´);
2-1, Fieira, (48´);
2-2, Roberto, (86´).
O Bértoa deixou escapar unha vantaxe de dous goles e o Sofán levou un punto importante.
Club Deportivo Leiloio 1-4 Veteranos SCD Malpica
Goles:
0-1, Ricardo, (24´);
0-2, Ricardo, (29´);
0-3, Ricardo, (71´);
0-4, Arcay, (90´);
1-4, Marco Aurelio, (90´).
Derbi dominado polo Malpica, cun hat-trick de Ricardo. O Leiloio presentou só 13 xogadores.
Deportivo Carballo 1-1 Soandres CF
Goles:
0-1, Deivid, (77´);
1-1, Víctor Souto, (83´).
Punto para cada equipo nun duelo directo na zona baixa.
GOLEADORES DA LIGA
-
Diego Pérez (Corme) – 19 goles (2 pen.)
-
Ricardo (Malpica) – 11 goles (1 pen.)
-
Óscar Cancela (Fisterra) – 9
-
Jhony (A Piña) – 9
-
Romero (Bértoa) – 9
CLASIFICACIÓN
1º Vet. SCD Malpica : 22
2º Cabana SD : 22
3º CF Corme : 21
4º A Piña : 19
5º CD Nantón : 17
6º CF Mazaricos : 13
7º SD Fisterra Vet. : 10
8º CD Leiloio : 10
9º SD Sofán : 7
10º Soandres CF : 6
11º Sporting Bértoa : 4
12º Deportivo Carballo : 4
1ª GALICIA VETERANOS
10ª Xornada
Domingo 30/11/2025
CF Corme – CD Nantón, ás 09:30
SD Sofán – SD Fisterra de Veteranos, ás 09:30
Soandres CF – Cabana SD, ás 10:00
Veteranos SCD Malpica – Deportivo Carballo, ás 10:15
CF Mazaricos – Club Deportivo Leiloio, ás 11:00
A Piña – Sporting Bértoa, ás 11:00
(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana).
-Foto de arquivo e texto : Xosé Búa “Pirata”




