CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 8ª XORNADA DA LIGA DA COSTA NOS SEUS DOUS GRUPOS : “XORNADA MOI TOCADA POLO COVID-19”.

LIGA DA COSTA

Manu Nogueira, (14), adiantaba aos muxiáns na Arliña.

 

-GRUPO 1 A-

8ª Xornada

Domingo 09 de Xaneiro 2022 

Camariñas FC-SCDR Esteirana 

-Aprazado por casos de COVID-19-

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

Muxía CF 3-3 CD Baiñas 

Hora : 16:00

Campo : “Municipal da Arliña”, (Muxía)

Colexiado : Luis M. Insua Lago. Complicado encontro para o colexiado fisterrán, en especial na segunda metade, que lle amosou un cartón amarelo aos locais, e 9 amarelos, e un vermello direto, aos visitantes, coa expulsión do xogador, Jorge Quintáns, por dobre amonestación, (44´e 67´), e de Javi Oreiro cun vermello direto, (88´).

Manu Nogueira adiantaba aos da Vila da Barca aos 17 minutos de xogo, gol que neutralizaba Lucas para os baiñeses a media hora de xogo. O vimiancés Fran-chute voltaba a adiantar aos da Arliña antes do descanso, (38´). Xa na segunda metade parecía que o gol de Víctor Alcaina, decantaba o choque para os locais, (64´), pero a pesares do cúmulo de interrupcións por faltas e os paróns no xogo, sabía nadar mellor neste ambente o equipo de Baiñas e recurtaba distanzas no 82 por medio de Chrístian Canosa, que dous minutos despois facía tamén o gol do empate final.

 

UD Monte Louro-CF Lira

-Aprazado por casos de COVID-19-

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

CD Muros 3-2 UC Cee 

Hora : 16:30

Campo : “Eleuterio Balayo”, (Muros)

Colexiado : Farnciso M. Brión Sanisidro. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais, e 1 aos visitantes.

Moi mermado chegou o equipo ceense ao enfrontamento cos muradáns, cos únicos 11 xogadores de campo e foiselle o encontro a vez cas forzas, nunha tarde máis de sofá que de fútbol. Foron superiores os da Vila da Xunqueira na primeira metade e poñíanse moi protno 0-2 con goles de José Lago, (14´) e Luis Lojo, (20´). Clave o gol de Alonso, (40´), para os muradáns, que afrontaban a segunda metade doutra maneira e conseguían empatar no 55 por medio de Xabier. Thiago facía o definitivo 3-2 19 minutos despois. Non decaeu o choque ata o pitido final.

 

Descansa : Outes CF

 

CLASIFICACIÓN

 

Máximos Goleadores

Rober Solís, (Outes CF) : 6 goles en 6 encontros

Xabier Abeijón, (CD Muros) : 6 en 6

Fran-chute, (Muxía CF) : 6 en 6

Carlos Lestón, (SCDR Esteirana) : 4 en 5.

 

-GRUPO 1 B-

 

8ª Xornada

Domingo 09 Xaneiro 2022

SCD Malpica-SD Coristanco 

-Aprazado por casos de COVID-19-

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

CD Nantón 3-0 SCD Buño 

Hora : 16:15

Campo : “As Fontiñas”, (Nantón-Cabana)

Colexiado : Pablo Rama Cotelo. Amosoulle 2 cartóns amarelos, e un vermello direto o meta suplente Ismael no banquillo, (43´), aos locais, e ningún cartón aos visitantes.

Pouco tardou en adiantarse o equipo nantonés no marcador, cun tanto de Iván Moreira no minuto 3. Sería o único gol que se vía na primeira metade. Xa na segunda Pablo poñía terra de por medio, (51´), e sen reacción dos oleiros, chegaba o terceiro e que pechaba o encontro, un gol de Souto no 70´.

 

UD Cerqueda 0-0 Cabana SD

Hora : 16:00

Campo : “Xaviña”, (Buño-Malpica)

Colexiado : Chrístian Sendón Villar. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais, e 1 aos visitantes.

Así nos comenta o que deu de sí este empate a ceros o adestrador do lider Cabana SD, Duda : “Empezábamos os primeiros 15 minutos deixándolle o balón o rival e defendendo os balóns en longo, nos que tiña o factor do aire a favor, e no que apenas crearon demasiado perigo. A partires de aí teríamos algunhas ocasións pero tampouco con moito perigo sobre a meta rival, e así chegaríamos o descanso Na segunda metade xa co vento a favor, buscaríamos a espalda da defensa con balóns longos por banda nas subidas de Rubén Reigía e Castro, pero faltounos o último pase.

Nun saque de corner, Moreno, pasaríalle a Cacha, que mandaba o balón o longueiro e saliría fora. Nos últimos minutos o partido rompiuse, e habería chegadas polos dous lados, e o Cerqueda tería tamén unha que se iría o longueiro, atrapando despois Víctor. Nos teríamos unha última na que Castro encaraba o porteiro, pero o árbitro pitaría fora de xogo, bastante discutido”.

 

Sporting Zas SD San Lorenzo

-Aprazado por casos de COVID-19-

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

Descansa : SD Castríz

 

CLASIFICACIÓN

 

Máximos Goleadores

Manuel Romero, (Cabana SD) : 5 goles en 5 encontros

Pazos, (SD Coristanco) : 4 en 6

Souto, (CD Nantón) : 4 en 6

Daniel Castiñeiras, (SD Coristanco) : 3 en 6

Iago Torres, (Sporting Zas) : 3 en 6.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia