O Corcubión colider co Porteño.
AVISO
A cronoloxía dos goles e os autores dos mesmos, son sacados das actas arbitrais que publica a RFGF.
3ª DA COSTA
8ª Xornada
Domingo 12 de Nadal
Atlético Pereriña 0-2 CF Porteño
Hora : 16:00
Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : Lucas Vicente Vidal. Amosoulle 3 cartóns amarelos os locais e 1 aos visitantes.
Duelo no cúmio para tratar de saber a fortaleza dos equipos de arriba. Os da Pereiriña tiñan a oportunidade de engancharse aos da parte de arriba, e os da Ponte do Porto de abrir fenda e coller de novo o liderato, trala vitoria do Corcubión o sábado, ante o Camelle, outro dos que podía engancharse arriba. Os porteños tiñan no xove, Alan Suárez a estrela do equipo. O xogador xuvenil facía os dous goles, o primeiro no minuto 6 e o segundo pasada a hora de xogo, (62´). O choque foi tremendamente disputado de principio a fin.
SD Laxe 2-3 Xallas FC “B”
Hora : 16:15
Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)
Colexiado : Manuel Espasandín Romar. Amosoulle 4 cartóns aos locais e 3 aos visitantes.
O Xallas FC “B” presentou credenciais de cara a loitar por todo, ante un dos equipos que viña en “crecendo”, nun duelo que se dilucidou no desconto, cun tanto de Sergio Barbeira cando o marcador era de 2-2. Comezou marcando o equipo laxense por medio de Mohedano aos 15 minutos de xogo e Fernando Pensado, un asíduo dos goles xalleiros facía o do empate antes do desconto, (41´). No treito final da segunda metade, Paredes, facía o 2-1, (77´), e Pensado volvía a poñer o empate no marcador, (86´),para que Sergio rompese as táboas no desconto e poñer aos xalleiros a 2 puntos dos dous líderes, Corcubión e Porteño.
Sporting Seaia CF 5-0 CF Castrelo
Hora : 16:30
Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)
Colexiado : David Vázquez Lema. Non amosou ningún cartón.
Encontro sen historia no que os seaieses deixaron finiquitado o encontro na primeira metade cun claro 3-0, con goles de Parga, (17´), Ferreiro, (18´) e Fabián, (24´). Pouco tiñan que facer os vimianceses que chegaban o encontro cun so troco. Na segunda metade completaban a “manciña”, Iván, (74´) e José Suárez, (desconto).
Sábado 11 de Nadal
UD Corcubión 3-2 SD Camelle
Hora : 16:15
Campo : “Novo Cubaleiro”, (A Redonda-Corcubión)
Colexiado : Daniel Martínez Ferreiro. Amosoulle 4 cartóns aos locais e ningún aos visitantes.
Encontro cunha parte para cada equipo. Ainda que comezou adiantándose o equipo camelláns cun golazo do muxián, Rodri, ex do Corcubión, aos 3 minutos de xogo, foi mellor o equipo corcubionés, que asediou a porta defendida por Roi e consigueu empatar por medio do “killer” corcubionés, Iago Lema. O descanso deixaba o equipo camellán a dous xogadores fora por lesión, Huchiño e o Ruso. Na segunda metade estivo mellor o equipo camellán, pero desperdiciou ocasións para empatar e en troques no desaproveitaba as suas o equipo local, que conseguía o gol da remontada pasada a hora de xogo por medio de Luis Lago, (63´), Cando parecía que podía chegar o empate, Mario Suárez finiquitaba o encontro, (88´). O gol dos camelláns chegaba pouco despois no desconto, pero xa sen tempo para máis. Con esta vitoria os corcubioneses póñense líderes en solitario a espera do que faga o Porteño este Domingo ante o Atlético Pereiriña, noutro choque da parte alta da táboa.
SD Ameixenda 1-5 SD Oza
Hora : 16:00
Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : Manuel Rodríguez Rojo. Expulsou con dobre cartón ao local Saulo, (25´e 67´), e amosoulle un amarelo o visitante, Kevin.
A pesares de que se adiantaron os da Ameixenda por medio do muxián de Morpeguite, Samuel Castreje, os da parroquia carballesa foton mellores en ambos tempos. O descanso íanse os equipos os vestiarios co resultado de 1-2, remontando os de Oza con goles de Kevin, (18´e 40´). Nada máis reanudarse o choque, David facía o terceiro dos visitantes, (50´), e non era ata o 81, cando Alejandro mataba oi encontro. O quinto vhrgaba no desconto por medio de Jesús Amado.
CLASIFICACIÓN
MÁXIMOS GOLEADORES
–Alan, (CF Porteño) : 10 en 8
–Sergio Cancela, (Sporting Seaia CF) : 8 en 8
–Sergio Barbeira, (Xallas FC B) : 8 en 8
–Paredes, (SD Laxe) : 8 en 9
-Foto e Texto : piratasdemuxia